Noticias Persoal Outras novas
 
 

CIG-Saúde denuncia que Sanidade vulnera a liberdade de decisión dos profesionais ao impor a colexiación obrigatoria

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Considera que a consellaría amosa, unha vez máis o seu desprezo absoluto aos representantes sindicais e á Mesa Sectorial de Negociación.

 

CIG-Saúde denuncia que Sanidade vulnera a liberdade de decisión dos profesionais ao impor a colexiación obrigatoria.

 

Compostela, 24 de febreiro de 2010

 

O pasado 23 de febreiro de 2010 saíu publicada no DOG a Lei 1/2010, do 11 de febreiro , pola que se modifican diversas leis de Galiza para a súa adaptación á directiva 2006/123/CE , Lei que aproveita o Sergas de forma escurantista e sen previa comunicación ás organizacións sindicais para modificar a Lei vixente nesta comunidade autónoma de Colexios profesionais de Galiza. Con esta modificación será obrigatorio para todos os profesionais de Ciencias da Saúde da administración pública que realicen actos profesionais e que teñan como destinatarios os usuarios do servizo público de saúde, a súa colexiación.

 

Desde a CIG-Saúde queremos lembrar que a colexiación obrigatoria é unha norma creada na Lei 2/1974 do 13 de febreiro e modificada posteriormente pola Lei 74/1978 do 26 de decembro, normas claramente preconstitucionais. A CE recolle como requisito para acceder ao emprego público os criterios de igualdade, mérito e capacidade e ningún artigo recolle a obrigatoriedade das/os cidadáns de pertencer obrigatoriamente a un órgano en contra da súa vontade, co que ademais non comparten nin os seus obxectivos nin posíbelmente se poidan sentir representados nel. Así mesmo a Lei 16/1986, Lei Xeral de Sanidade, non outorga no entramado do sistema nacional de Saúde ningún papel aos colexios profesionais nin vincula a asistencia sanitaria pública á obrigatoriedade de integración dos profesionais nos respectivos colexios.

 

Con esta medida que anula a lexislación vixente na comunidade autónoma onde o goberno bipartito recollía a colexiación voluntaria de todos os profesionais, o que fai a consellaría de Sanidade e moi especialmente a súa conselleira, é darlle un papel relevante a quen lle fixo a campaña electoral ou a quen pretende gobernar a consellaría desde a sombra.

 

A CIG-Saúde seguirá defendendo a colexiación voluntaria dos profesionais aos colexios e reclamando que a conselleira de Sanidade respecte a normativa vixente, os preceptos legais e a Constitución Española, que recollen o recoñecemento da participación dos representantes sindicais e dos órganos de representación lexitimamente elixidos na Mesa Sectorial.

 

María Xosé Abuín

Secretaria Nacional de CIG-Saúde



Creada a categoría estatutaria de Técnico en Farmacia

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicada no DOG de hoxe o Decreto 9/2010, do 21 de xaneiro, polo que se crea a categoría estatutaria de persoal técnico en farmacia no ámbito do Servizo Galego de Saúde. Descargar Resolución

Creada a Categoría Estatutaria de Persoal Técnico en Farmacia

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Aprobado, no último Consello da Xunta, o Decreto polo que se crea a categoría estatutaria de persoal técnico en farmacia.

Orde de confección de nóminas para o ano 2010

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicada a Orde para a confección de nóminas para o Persoal Estatutario. Descargar

 

Deixamósvos aquí un cadro que incorpora a "suba" por lei de orzamentos do 2010(0,3% ) e acordo sindical do 2007 do 100% do Complemento Específico nas dúas pagas extras. Descargar

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto