Noticias Persoal Traslados
 
 

Publicación resolución definitiva concurso de traslados aberto e permanente 2019

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig INFORMA 2019

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

Prazo de cese no centro de orixe: primeiro día hábil, é dicir, o 30 de setembro de 2019.

Prazos da toma de posesión:

- No mesmo centro: non hai prazo posesorio, a incorporación é inmediata a continuación do cese.

- Mesma área sanitaria (EOXI) e distinto centro: dentro dos 3 días hábiles seguintes á publicación.

- Distinta área sanitaria:  dentro dos 15 días hábiles

- Distinto servizo de saúde: no prazo de 1 mes.

Na categoría de médico/a de familia de atención primaria, o cesamento e a toma de posesión dos novos destinos efectuarase de modo simultáneo á incorporación dos/das aspirantes seleccionados/as na convocatoria de OPE desta categoría (previsiblemente no mes de novembro de 2019).

Publicación relación definitiva de admitidos e excluídos e resolución provisional do ciclo de adxudicación do ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig INFORMA 2019

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e a resolución provisional do ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

Prazas básicas de persoal estatutario:

  • persoal de xestión e servizos
  • licenciado sanitario de atención primaria,
  • sanitario diplomado
  • formación profesional
  • facultativo/a especialista de área,
  • médico/a de urxencias hospitalarias,
  • médico/a de admisión e documentación clínica,
  • médico/a asistencial do 061
  • técnico/a en farmacia.

Prazo de reclamacións: quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG (do 1 ao 19 de xullo de 2019).

Publicación da oferta de destinos e relación provisional de admitidos/a do concurso de traslados aberto e permanente do ano 2019

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

Hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e se aproba a oferta de destinos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as en cada unha das categorías están publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

A relación de prazas ofertadas por categoría e os centros, e mais aquelas en que poden existir resultas, está publicada na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), na sección de emprego público/concurso de traslados/concurso de traslados aberto e permanente 2019.

Prazo para poder modificar a relación de prazas: 15 días naturais ( do 29 de marzo ao 12 de abril de 2019).

Concurso de traslados aberto e permanente 2019

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

20190103 CIG informa procedemento

Convocatoria do concurso de traslados aberto e permanente de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario de diversas categorías:

  • facultativo/a especialista de área,
  • médico/a de urxencias hospitalarias,
  • médico/a de admisión e documentación clínica,
  • médico/a asistencial do 061
  • técnico/a en farmacia.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto a partires de mañá día 11 de decembro de 2018.

Recordar que o prazo para participar no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 remata o 15 de xaneiro de 2019.

Publicación resolución definitiva concurso de traslados aberto e permanente do ano 2018

Correo-e Imprimir PDF

Publicación da resolución definitiva do ciclo de adxudicación do ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente de licenciadas/os sanitarias/os de atención primaria

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

TRASLADOS INFO

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario licenciado sanitario de atención primaria.

Pódense consultar as listas coa puntuación na páxina do SERGAS: https://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Concurso-de-traslados-aberto-e-permanente

Ou ben, pódese consultar o estado de cada solicitude polo/a concursante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

 

Segundo as instrucións emitidas pola Dirección de RRHH do SERGAS os prazos, con carácter xeral,  serán os seguintes:

  • CESAMENTO: o luns 8 de outubro de 2018

No suposto de atoparse disfrutando de permiso, licencza, vacacións, incapacidade temporal ou maternidade, o cesamento queda diferido ata a incorporación á praza de orixe.

  • PRAZOS DE TOMA DE POSESIÓN:
    • Sen prazo posesorio, é dicir, o día 9 de outubro: aquelas persoas que non cambien de centro de destino (comisión de servizos, reingresos provisionais...)
    • 3 días hábiles, é dicir, ata o 11 de outubro: para cambios de centro de destino dentro da mesma EOXI.
    • 15 días hábiles, é dicir, ata o 30 de outubro: para cambios a prazas de distinta EOXI.
    • Un mes: para persoas procedentes doutro servizo de saúde, reingreso ao servizo activo.

 

Para máis información diríxete ás nosas seccións sindicais nos centros.

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto