Noticias Persoal OPE
 
 

Adxudicación dos destinos definitivos da OPE de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo


cig informa

12/11/2019 Publícanse no DOG as Resolucións polas que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de:

Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.

Convocatoria do acto de elección de destino de OPE de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig INFORMA 2019

Hoxe publícanse no DOG as Resolucións polas que se convocan os actos de elección de destino do proceso selectivo de diversas categorías, así como a publicación das prazas ofertadas.

O acto de elección de destino destas categorías, terá lugar o venres 25 de outubro de 2019, ás 12.30 horas no salón de actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

O acto de elección de destino desta categoría terá lugar o sábado 26 de outubro de 2019, no salón de actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, ás 10,00 horas e ás 12,00 horas segundo se recolle no Anexo da resolución.

22/10/2019 CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 14 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofertan e se convocan para o acto de elección de destino os/as aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria.

Publicación da convocatoria de OPE da categoría de PSX pola quenda de discapacidade intelectual

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 30 de setembro 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Nº de prazas convocadas: nove (9)

Titulación: Graduado/a en educación secundaria obrigatoria, técnico (formación profesional de grao medio) ou equivalente

Discapacidade: ter recoñecida unha discapacidade intelectual e que o grao de discapacidade global recoñecido sexa igual ou superior ao trinta e tres por cento.

Taxas: están exentos do seu pagamento.

Inscrición a través do FIDES de forma telemática con certificado dixital ou de forma presencial por rexistro.

Prazo de inscrición: un mes (do 9 de outubro ao 8 de novembro de 2019)

Cronograma OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

En NOVEMBRO 2019 teñen prevista a toma de posesión das OPEs de:

  • Médico/a de familia
  • Enxeñeiro/a técnico/a
  • Grupo técnico da función administrativa
  • Grupo de xestión da función administrativa
  • Técnico superior en documentación sanitaria

No 2020, toma de posesión de:

  • Enfermeira/o
  • Celador/a
  • Auxiliar administrativa/o

Exames de OPEs en curso en febreiro - marzo de 2020.

Novas convocatorias de OPE antes de rematar 2019:

  • FEAS
  • Médica/o de admisión
  • Médico/a de urxencias hospitalarias
  • Médica/o asistencial do 061
  • Logopeda
  • Terapeuta ocupacional
  • Técnica/o en farmacia
  • TEL
  • TER
  • TEAP
  • Técnica superior en hixiene bucodental
  • Técnico superior en radioterapia
  • Pinche
  • Cociñeira/o

A convocatoria do resto de categorías de persoal non sanitario con prazas ofertadas nos anos 2018 e 2019, quedará para o 2020.

Aprobouse a convocatoria de OPE da categoría de PSX pola quenda de discapacidade intelectual que se publicará en DOG proximamente.

Publicación listas provisionais admitidos/excluídos, e exentos da realización do exame de lingua galega, de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig INFORMA 2019Hoxe publicanse no DOG as Resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso nas seguintes categorías:

 

Prazo de reclamacións: 10 días habiles a partir do seguinte á publicación no DOG da Resolución (do 27 de setembro ao 10 de outubro de 2019)

As reclamacións faranse mediante escrito dirixido á mesma unidade de validación a que se dirixiu a instancia de participación.

OPE Celador discapacidade intelectual

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicadas novas sobre o Concurso-Oposición de Celador quenda de discapacidade intelectual:

(Pincha nas ligazóns)

 

- Listaxe puntuacións provisionais

- Plantilla de respostas

Resolución DOG 

 

Publicación baremación definitiva da fase de concurso da OPE de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig INFORMA 2019

Hoxe publícase no DOG a baremación definitiva da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as da OPE das seguintes categorías:

Os/as aspirantes seleccionados/as disporán do prazo dun mes (do 12 de setembro ao 11 de outubro), contado desde o día seguinte ao desta publicación para a presentación da seguinte documentación:
a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.

c) Certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais dependente do Ministerio de Xustiza de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, no seu defecto, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

d) Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.

Só para os efectos de elección de destino, os/as aspirantes que superen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade, poderán solicitar neste prazo dun mes, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.

Publicación puntuacións definitivas da fase de oposición de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig INFORMA 2019

Hoxe publícanse no DOG as puntuacións definitivas da fase de oposición do proceso selectivo das seguintes categorías:

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto