Noticias Persoal OPE
 
 

Previsións de OPE e concurso de traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

Hoxe na Mesa Sectorial déronnos as seguintes PREVISIÓNS:

  • OPEs 2016 que xa están convocadas o 11 de xaneiro de 2017:

Os examen serán na 2° quincena de outubro - 1° quincena de novembro.

  • OPE Celador/a da quenda de discapacidade intelectual:

- Comisión técnica en setembro.

- Publicación da convocatoria en outubro.

  • OPEs sen convocar da oferta de emprego 2016: van a esperar á publicación da oferta de emprego 2017.
  • Publicación da oferta de emprego 2017, no último trimestre do 2017.
  • Concurso de traslados FEAS:

Publicación das listas provisionais de admitidos/excluidos a finais de setembro.

  • Concurso de traslados aberto e permanente:

Primeira convocatoria en outubro, tanto para persoal sanitario como non sanitario.

Información OPE 2016

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

Hoxe publicáronse no DOG as Resolucións do 8 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva das persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como das exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomea o tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso nas seguintes categorías:

  • técnico/a superior en prevención de riscos laborais
  • técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información
  • técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información
  • traballador/a social
  • médico/a de admisión e documentación clínica
  • odontólogo/a e pediatra de atención primaria
  • diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área
  • médico/a asistencial do 061
  • médico/a coordinador/a do 061
  • médico/a de urxencias hospitalarias

 

 

 

Datas OPE AGASOT (Antigo CTG)

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade ás datas de celebración dos exercicios da OPE do CTG:

Datas de exames:

cadro ope ctg

Os exames realizaranse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, sita na avenida do Burgo, s/n, Santiago de Compostela.  Cada aspirante deberá consultar, con carácter previo, a aula que lle corresponda.

Máis información na páxina do SERGAS

OPE 2014: Ábrese o prazo de toma de posesión

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPEPublícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade á lista definitiva de persoas adxudicatarias de destino na OPE 2014 (categorías de Enfermeira/o Especialista en Obstetricia e Xinecoloxía, Fisioterapeuta, Logopeda, TCAE, Técnica/o Superior en Anatomía Patolóxica (TEAP), Técnica/o Superior en Imaxe para o Diagnóstico (TER), Técnica/o Superior en Hixiente Bucodental, Técnica/o Superior en Laboratorio (TEL), Técnica/o Superior en Radioterapia, Terapeuta Ocupacional e Técnica/o de Farmacia), e ábrese prazo para a toma de posesión a partir de mañá día 3 de maio.

  • OPE 2014. Toma de posesión. RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015. Descargar PDF

A toma de posesión realizarase conforme a estas instrucións.

Información na páxina do SERGAS.  Para a OPE de Técnica/o de Farmacia, nesta ligazón.

OPE AGASOT (antigo CTG)

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPE pequeno 150pxHoxe publícase no DOG a revisión da composición dos tribunais da OPE do CTG. Parece que por fin se puxeron as pilas con esta OPE, a información que nos chega é que o exame está previsto para finais de xuño-primeiros de xullo, e que será en Santiago (están buscando o lugar onde se fará).

 

  • Agasot (OPE CTG). RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2017 pola que se actualizan os membros dos tribunais do proceso selectivo para cubrir postos de traballo mediante contratación laboral fixa, convocado pola Resolución do 20 de xaneiro de 2015. Descargar PDF

 

Publicadas listas de admitidas/os da OPE 2015-16

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPE pequeno 150pxPublícanse hoxe no DOG as resolucións que dan publicidade ás listas de admitidas/os e excluídas/os da OPE 2015-16 e ás persoas exentas de realizar o exercicio de lingua galega:

  • Admitidas/os OPE 2015-16. RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016. Descargar PDF
  • Admitidas/os OPE 2015-16. RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016. Descargar PDF
  • Admitidas/os OPE 2015-16. RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061 e médico/a de urxencias hospitalarias, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016. Descargar PDF
  • Admitidas/os OPE 2015-16. RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016. Descargar PDF
  • Admitidas/os OPE 2015-16. RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluidos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016. Descargar PDF
  • Admitidas/os OPE 2015-16. RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016. Descargar PDF

Ábrese un prazo de dez días hábiles contados a partir de mañá para realizar reclamacións ao respecto destas publicacións.

Publicada resolución sobre o acto de elección de destino da OPE 2014

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPEPublícase hoxe no DOG Resolución que dá publicidade ás persoas definitivamente adxudicadas cunha praza en propiedade e ao acto de elección de destino para as categorías convocadas na OPE- 2014-2015 (enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermería e técnico/a en farmacia)

  • Adxudicatarias/os definitivas/os e acto de elección de destino. RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario e se convocan para o acto de elección de destino.Descargar PDF

O acto de elección de destino terá lugar o sábado, 8 de abril de 2017, no Salón de Actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela no seguinte horario:

  • 9.30 horas Enfermeiro/a especialista en Obstetricia-Xinecoloxía, Fisioterapeuta, Logopeda, Terapeuta ocupacional, Técnico/a superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía, Técnico/a superior en Hixiene Bucodental, Técnico/a superior en Imaxe para o Diagnóstico, Técnico/a superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico, Técnico/a superior en Radioterapia e Técnico/a en Farmacia
  • 11.30 horas Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermaría

a) As persoas aspirantes deberán comparecer provistas de documento nacional de identidade ou outro documento que acredite de modo fidedigno a súa personalidade.
b) A solicitude que formulen as persoas aspirantes será vinculante e irrenunciable.
c) Os/as aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas provistas de poder suficiente.
d) O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino, na data e de acordo ao procedemento establecido, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.
e) Por razóns organizativas e de limitación da capacidade do recinto, poderase limitar a presenza de persoas que acompañen ao/á aspirante no acto de elección.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte á súa publicación, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto