Noticias Persoal Diplomad@s Sanitari@s
 
 

Diplomad@s Sanitari@s

Guía da xornada "Enfermeiras: coñecendo as ferramentas"

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

enfermeiras_cartazO pasado 12 de xuño, CIG-Saúde organizou en Lugo unha xornada Técnica de Enfermería baixo o título "Enfermeiras: coñecendo as ferramentas". A dita xornada acudiron profesionais do Complexo Xeral-Calde, de Atención Primaria e delegadas e delegados de CIG-Saúde. Agora deixámosvos en descarga a presentación que serviu de guía durante a mesma.

 

Descargar aquí

Escrito á Conselleira sobre Especialidades de Enfermaría

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Vimos de remitir á Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, o seguinte escrito para denunciar a absoluta falta de prazas de formación de especialistas en enfermaría na Galiza. Agardaremos a súa resposta.

 

 

 

Pilar Farjas Abadía.

Conselleira de Sanidade.

 

O mércores 22 setembro de 2010 saíu publicada no BOE a Orde SAS/2447/2010, de 15 de setembro, pola que se aproba a convocatoria da proba selectiva 2010, para o acceso no ano 2011, ás prazas de formación sanitaria especializada para graduadas/os-diplomadas/os en enfermaría.

O devandito BOE recolle que unha vez formuladas polas Comunidades Autónomas as distintas propostas de ofertas de prazas en formación sanitaria especializada 2010-2011, a comisión de Recursos Humanos do Sistema Estatal de Saúde, de acordo co previsto no artigo 22.5 da Lei 44/2003 do 21 de novembro, de Ordenación das Profesións Sanitaria, fixará a oferta final de prazas en formación sanitaria especializada a incluír nas convocatorias das probas selectivas 2010 para iniciar a formación no ano 2011.

A través da presente Orde ofértanse por primeira vez as prazas en formación das especialidades de: enfermaría xeriátrica, enfermaría familiar e comunitaria e enfermaría pediátrica, ubicadas en unidades docentes multiprofesionais nas que se formarán enfermeiras/os e médicas/os especialistas.

A inclusión de prazas en formación destas especialidades supón un paso importante no proceso de desenvolvemento e consolidación das especialidades de enfermaría.

A Comunidade Autónoma de Galiza non oferta ningunha praza de formación destas especialidades , nin tampouco praza da especialidade de enfermaría do traballo, supoñendo isto unha clara desvantaxe para os profesionais desta C.A, e impedindo así o desenvolvemento profesional das mesmas.

 

Desde a CIG-SAÚDE solicitamos que a Consellaría de Sanidade cree no exercicio orzamentario 2011 as unidades docentes destas especialidades, como paso previo a solicitar na vindeira convocatoria un número de  prazas en formación de todas as especialidades de enfermaría en sintonía co resto das CCAA,  para non ser unha vez máis a única CA que non realiza a devandita convocatoria .

 

Agardando de Vde unha contestación deste tema.

 

Un saúdo.

 

Compostela, 27 de setembro de 2010.

 

 

 

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

Especialidades de Enfermaría: novidades.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O Ministerio de Sanidade e Consumo fixo pública unha nota sobre a oferta de prazas para a formación de especialistas.

A novidade está que pensan ofertar NOVAS ESPECIALIDADES de Enfermaría:

 

134 prazas enfermaría familiar e comunitaria

52 prazas enfermaría pediátrica

12 prazas enfermaría xeriátrica.

 

Lembrar que a partires da publicación no BOE da oferta iniciarase o prazo dos 6 meses para solicitar a especialidade pola vía extraordinaria que contemplaba o Real Decreto 450/2005 de especialidades de enfermaría na sua disposición transitoria segunda.

 

* Nota de Prensa do Ministerio.

 

* Real Decreto de Especialidades de Enfermaría.

Publicación Especialidades de Enfermaría

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícanse hoxe no BOE os programas formtativos das especialidades de Enfermaría Familiar e Comunitaria e de Enfermaría Pediátrica.

Con esa publicación queda aberto o prazo para solicitar o título desas especialidades pola via excepcional (por anos de servizos prestados nesas funcións), que non rematará ata seis meses despóis de que se anuncie a primeira proba de acceso EIR a cada especialidade.

Éxito das Xornadas de Enfermaría de Lugo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Preme na imaxe para ampliala

Esta mañá leváronse a cabo con grande éxito as Xornadas de Enfermaría en Lugo, sobre as novidades máis salientables no futuro da profesión: especialidades de enfermaría, formación académica de grao, prescripción de enfermaría... e todas as implicacións e consecuencias que conlevan.

 

O numeroso e participativo público formulou as súas dúbidas, e quedou claro, despois do debate, que inda hai moitas lagoas ao respecto destes temas e das súas implicacións laborais e retributivas. A administración sanitaria e a administración educativa camiñan a distintos ritmos, o que se percibe na falla de planificación das necesidades de persoal formado nas distintas profesións, e non se forma verdadeiramente para dar cabida ás necesidades asistenciais que existen e van existir. Ademais, dá a sensación de que moitas veces se lexisla sen prever as consecuencias do que se lexisla, ou cando menos o seu desenvolvemento, como se ve no caso das especialidades de enfermaría, que levan anos de atraso, ou no tema da prescripción enfermeira, onde inda non está claro cómo se vai facer o proceso acreditador individual para posibilitar o desenvolvemento real desta ferramenta que, por outra parte, xa hai moito tempo que é unha realidade entre os e as profesionais.

 

Asi as cousas, as persoas que acudiron hoxe ás xornadas manifestaron que esta actividade era moi necesaria, e que lles serviu para clarificar en qué punto están todos estes temas. CIG-Saúde elaborará un libreto de conclusións coa información que facilitaron os/as relatores/as que será distribuido. A nosa intención é ampliar estas xornadas e facelas extensivas a outras comarcas do país.

  

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto