Noticias Persoal Diplomad@s Sanitari@s
 
 

Diplomad@s Sanitari@s

Especialidades de Enfermaría: cómpre non despistarse!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

¡Atención! Finalización prazo presentación solicitude acceso excepcional ao título de Enfermeira/o especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria, Enfermaría Pediátrica e Enfermaría Xeriátrica: 22 marzo de 2011 (6 meses despois da publicación da oferta EIR)


Real Decreto 450/2005, do 22 de abril, sobre especialidades de Enfermaría
(B.O.E. do 6 de maio): Acceso excepcional ao título de especialista en enfermaría. (descarga modelo de solicitude)
A Disposición transitoria segunda do Real Decreto 450/2005, do 22 de abril, sobre especialidades de Enfermaría, en relación ao acceso excepcional ao titulo de especialista, contempla a posibilidade de acceso ao título de Enfermeira/o especialista a todas/os as/os tituladas/os que acrediten o exercicio profesional e superen unha proba de avaliación da competencia, nos termos e polo procedemento previstos.
Poderase solicitar máis dun título de enfermeira/o especialista para o cal é indispensable presentar para cada unha das especialidades pedidas unha solicitude cumplimentada e firmada, acompañada de toda a documentación necesaria. Pero de ter aprobadas a probas de máis dunha habería que escoller, xa que só se pode obter unha delas por esta vía excepcional.


Requisitos para solicitar o acceso ao título de especialista (vía excepcional)
As/os aspirantes deberán atoparse nalgunha das seguintes situacións:
a) Ter exercido coma enfermeira/o as actividades propias da especialidade polo menos 4 anos
b) 2 anos de exercicio profesional + formación: 40 créditos de Formación Continua acreditada de polo menos 40 créditos (obtidos polo sistema de acreditación establecido na Comisión Nacional de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde) no campo da respectiva especialidade ou título de postgrado universitario de 20 créditos ou 200 horas no campo da especialidade.
c) 1 ano de exercicio profesional + 3 anos como profesor/a de EUE en áreas relacionadas coa especialidade
→Estes requisitos deberase dispor deles a data 22 de setembro do 2010; data da publicación da convocatoria da proba anual na que, por primera vez, se ofertaron prazas de formación destas especialidades.
→A formación complementaria pódese facer durante o prazo da presentación das solicitudes establecido, 22 de marzo do 2011.


Documentación a presentar para a admisión á proba obxetiva
- Solicitude asinada (existe un modelo na páxina Web do Ministerio de Educación para a xestión on-line deste proceso ou pasa por algunha das nosas sede sindicais para obter o modelo de solicitude).
- Fotocopia compulsada do Documento de Identidade ou Pasaporte en vixencia.
- Fotocopia compulsada do Título de ATS/DUE recoñecido ou homologado no Estado Español.
- Fotocopia compulsada da Formación complementaria (só se fora preciso).
- Fotocopia compulsada do certificado/s do exercicio profesional, firmado polo xerente ou responsable legal da Institución, ou polo Director de Enfermaría ou máximo responsable de Enfermaría, ou polo Director de Recursos Humáns/Xestión.


Proba de avaliación
Haberá tres datas de convocatoria para a realización da proba obxetiva correspondente a cada unha das especialidades. Cada enfermeiro/a que fora admitido/a á proba poderá presentarse a un máximo de dúas convocatorias. O exame consta dunha 1ª parte de 100 preguntas test (negativos 0,35) cun valor total de 100 puntos e una segunda parte de 5 casos con 5 preguntas test cada un, que tamén valerá 100 puntos.
A avaliación da proba obxetiva da/o aspirante, sobre unha escala de 0 a 200 puntos, estará integrada pola suma das puntuacións que obteña a/o aspirante en cada unha das dúas partes que a compoñen. A calificación final de cada aspirante será de "apto" ou "non apto". Para ser considerado "apto", a puntuación mínima que a/o aspirante deberá ter é a de 40 puntos en cada una das partes, sendo preciso que queden completados con cando menos 100 puntos na suma de ambas; en caso contrario, será considerado "non apto".
O obxetivo da proba é “Constatar que os aspirantes dispoñen de coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para o adecuado exercicio da especialidade”. O exame versará sobre as materias determinadas no programa da especialidade. Cada profesional poderá presentarse ao exame de cantas especialidades teña dereito pero finalmente só poderá obter un título por esta vía.


Presentación de solicitudes
A presentación da documentación debe realizarse nalgún dos lugares indicados a continuación:
- No rexistro da Secretaría Xeral de Universidades do Ministerio de Educación , C/Albacete, nº5, 28071, Madrid.
- Nos rexistros centrais ou periféricos do Ministerio de Educación.
- Nos rexistros da Administración Xeral do Estado.
- Nos rexistros das Subdelegacións do Goberno.
- Nos Consulados de España no extranxeiro.
- Naqueles Concellos que suscribiron o convenio de Ventanilla Única coa Administración Xeral do Estado.
- Nos rexistros das Administracións das CC.AA.
- Por correo certificado (selando en correos a solicitude e tamén a fotocopia da solicitude que unha vez selada sirve de resgardo)
- Nos restantes lugares previstos no artigo 38.4 da Ley 30/1992 do 26 de novembro do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.


Diante das diversas dúbidas que suscita esta cuestión, desde CIG-Saúde preguntamos na Mesa Sectorial do Consello Interterritorial de Saúde as seguintes cuestións:
     * qué tipo de formación é requisito para cada especialidade, para completar os 40 créditos necesarios para acceder á proba de selección xunto con 2 anos de exercicio profesional (situación b das expostas)?
     * qué formato de certificado de servizos prestados van esixir para que cumpra os requisitos que se piden?
A resposta que se nos ofreceu é que non van requirir nada a priori, e que será despois da recepción da documentación cando valoren qué vale e qué non.

Prescrición de Enfermaría: despexando dúbidas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

* A prescrición de enfermaría, é legal?
A prescrición de enfermaría foi incluída na Lei de Garantías e Uso racional do Medicamento, na modificación do seu artigo 77, o 22 de decembro de 2009 (Lei 28/2009), despois de non ser nun principio recollida nesta lei. Pero ollo, isto non significa que desde entón se poida prescribir, senón que se abre o camiño para regular a prescrición de enfermaría, cousa que a día de hoxe, no ámbito galego, inda non sucedeu.


* Qué é necesario para poder prescribir?
Nos novos plans de estudos as competencias académicas necesarias para poder prescribir xa foron incluídas. Para as persoas en posesión de títulos con plans de estudos anteriores é precisa unha formación engadida, que, posto que a prescrición enfermeira non está regulada en Galiza, a día de hoxe non está estipulada. É dicir, na actualidade non se sabe qué vai ser necesario en Galiza para poder prescribir.


* O curso que se fai no colexio de enfermaría, é obrigatorio? É necesario para poder prescribir?
O curso de prescrición que se oferta nos colexios de enfermaría nin é obrigatorio nin, polo momento, está dentro da regulación da prescrición enfermeira en Galiza. Trátase dun curso cun contido en créditos ECTS que os colexios de enfermaría están a ofertar (en convenio coa Universidade Complutense de Madrid) nun paquete de créditos suficientes para acadar o grao de enfermaría. Pero para poder prescribir, posto que inda non está regulado, polo momento nin é necesario, nin obrigatorio, nin se sabe se vai ser válido cando se regule a prescrición no noso ámbito. O curso do colexio de enfermaría baséase nunha plataforma informática para a prescrición que non tén porqué coincidir coa plataforma que o SERGAS implante no seu momento, inda que cabe a posibilidade de que o SERGAS a incorpore como propia. O SERGAS xa anunciou que está a estudar a inclusión da formación necesaria para a prescrición, para o momento en que se regule, mediante cursos de FEGAS.

O que si hai que ter en conta é que a regulación pendente da prescrición de enfermaría en Galiza estará baseada na Lei 28/2009, que lle concede aos colexios profesionais todo o protagonismo no tocante á prescrición.


* Qué pasa se non fago o curso do colexio? Non poderei prescribir cando se implante a regulación?
Non pasa absolutamente nada. A prescrición de enfermaría en Galiza non está regulada inda, polo que non se sabe en qué xeito se vai requirir a formación para acceder a ela. O curso de prescrición dos colexios de enfermaría, polo momento, é válido para acadar uns créditos ECTS que, dentro do convenio que os colexios teñen coa Complutense e xunto con máis créditos, permitirían acadar o grao de enfermaría. Cando a prescrición de enfermaría sexa regulada en Galiza, poderemos saber qué será necesario como formación para poder prescribir, e se o curso de prescripción do colexio de enfermaría é homologado pola Consellaría.

Probas de Especialidades Enfermaría

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicada hoxe no BOE as seguinte resolución, relativa á Comisión Calificadora da proba selectiva para especialidades de Enfermaría:

 

* Resolución de 21 de diciembre de 2010, de la Dirección General de Ordenación Profesional, Cohesión del Sistema Nacional de Salud y Alta Inspección, por la que se nombra la Comisión Calificadora del ejercicio para las especialidades de Enfermería, correspondiente a la prueba selectiva 2010.

 

Esta resolución tamén sinala o exercicio para o 29 de xaneiro: Cada aspirante deberá comparecer para rendir o exercicio ante a Mesa que lle foi sinalada na correspondente relación definitiva de admitidos ás quince trinta horas (catorce trinta en Canarias), do sábado 29 de xaneiro de 2011, provisto do documento de identificación co que participara na Proba Selectiva. Non está permitido o uso de teléfonos móbiles dentro do recinto de exame, nin de calquer outro dispositivo con capacidade de almacenamento de información ou posibilidade de comunicación mediante voz ou datos, unha vez iniciado o exercicio e ata a fin do mesmo. Non está permitida a utilización de calculadoras.

Xornadas: Enfermaría na Encrucillada

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cartaz_grn_def_

 

 

O vindeiro martes día 30 de novembro terá lugar en Ourense, no Auditorio, a xornada "Enfermaría na Encrucillada", onde se tratará de clarificar diversos aspectos ao redor do futuro (e non tan futuro, senón máis ben presente) da enfermaría, como son as especialidades, o grao, a prescripción enfermeira, e todas as implicacións laborais que traerán consigo.

 

A xornada desenvolverase entre as 16:30 hs e as 20:30 hs no Auditorio de Ourense, de xeito gratuito, e estades tod@s convidad@s a participar.

Acceso excepcional ó título de Enfermeiro/a especialista

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

¡Atención! Finalización prazo presentación solicitude acceso excepcional ao título de Enfermeira/o especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria, Enfermaría Pediátrica e Enfermaría Xeriátrica: 22 marzo de 2011 (6 meses despois da publicación da oferta EIR)


Real Decreto 450/2005, do 22 de abril, sobre especialidades de Enfermaría (B.O.E. do 6 de maio): Acceso excepcional ao título de especialista en enfermaría. (descarga a convocatoria)

 

A Disposición transitoria segunda do Real Decreto 450/2005, do 22 de abril, sobre especialidades de Enfermaría, en relación ao acceso excepcional ao titulo de especialista, contempla a posibilidade de acceso ao título de Enfermeira/o especialista a todas/os as/os tituladas/os que acrediten o exercicio profesional e superen unha proba de avaliación da competencia, nos termos e polo procedemento previstos.


Poderase solicitar máis dun título de enfermeira/o especialista para o cal é indispensable presentar para cada unha das especialidades pedidas unha solicitude cumplimentada e firmada, acompañada de toda a documentación necesaria. Pero de ter aprobadas a probas de máis dunha habería que escoller, xa que só se pode obter unha delas por esta vía excepcional.


Requisitos para solicitar o acceso ao título de especialista
As/os aspirantes deberán atoparse nalgunha das seguintes situacións:
a)    Ter exercido coma enfermeira/o as actividades propias da especialidade polo menos 4 anos
b)    2 anos de exercicio profesional + formación: 40 créditos de Formación Continua  acreditada de polo menos 40 créditos (obtidos polo sistema de acreditación establecido na Comisión Nacional de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde) no  campo da respectiva especialidade ou título de postgrado universitario de 20 créditos ou 200 horas no campo da especialidade
c)    1 ano de exercicio profesional + 3 anos como profesor/a de EUE en áreas relacionadas coa especialidade

► Estes requisitos deberase dispor deles a data 22 de setembro do 2010; data da publicación da convocatoria da proba anual na que, por primera vez, se ofertaron prazas de formación destas especialidades.
► A formación complementaria pódese facer durante o prazo da presentación das solicitudes establecido, 22 de marzo do 2011.

Ler máis

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto