Noticias Persoal Diplomad@s Sanitari@s
 
 

Diplomad@s Sanitari@s

Listas definitivas de admitidas/os e excluídas/os para a proba obxectiva de Enfermaría Pediátrica

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

BOE-pngPublicada no BOE a resolución que aproba a relación definitiva de admitidas/os e excluídas/os para a realización da proba obxectiva correspondente ao acceso pola vía excepcional do título de Enfermeira/o Especialista en Enfermaría Pediátrica.

  • Enfermaría Pediátrica, Vía Excepcional. Resolución de 8 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Política Universitaria, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as á realización da proba obxectiva correspondente ao acceso ao título de Enfermeira/o Especialista en Enfermaría Pediátrica. PDF (BOE-A-2015-10956 - 43 páxs. - 2.716 KB)

As listas pódense consultar aquí:

Listas definitivas de Admitidas/os

Listas definitivas de Excluídas/os

Máis información aquí: http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/gestion-titulos/estudios-universitarios/titulos-espanoles/ciencias-salud/050860.html

------

Corrección de erros publicada no BOE o 20 de outubro de 2015:

  • Corrección de erros. Resolución de 19 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Política Universitaria, pola que se corrixen erros na de 8 de outubro de 2015, pola que se aproba a relación definitiva de admitidas/os e excluídas/os á realización da proba obxectiva correspondente ao acceso ao título de Enfermeira/o Especialista en Enfermaría Pediátrica. PDF (BOE-A-2015-11295 - 1 páx. - 148 KB)

Probas EIR: o que cómpre saber

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

Ven de publicarse (BOE do 18 de setembro de 2015) a convocatoria de probas para acceso á formación especializada para a obtención do título de Enfermeira Especialista (formación EIR). Deixamos aquí unhas pequenas anotacións sobre o procedemento de probas e formación EIR para o ano 2016. De estares interesada/o en participar nestas probas, pasa polos nosos locais sindicais e darémosche toda a información que precisas.

  • Convócanse un total de 968 prazas das 6 especialidades:

ENFERMARÍA SAÚDE MENTAL

183

ENFERMARÍA DO TRABALLO

14

ENFERMARÍA   FAMILIAR E COMUNITARIA

278

ENFERMARÍA   XERIÁTRICA

15

ENFERMARÍA   OBSTETRICO-XINECOLÓXICA

366

ENFERMARÍA   PEDIÁTRICA

112

  • Destas 968 prazas, 54 ofértanse en centros sanitarios de Galiza. E destas, 6 son da especialidade de Saúde Mental, 22 de Enfermaría Familiar e Comunitaria, 17 de Obstétrico-Xinecolóxica (Matrona) e 9 da especialidade de Enfermaría Pediátrica.
  • Calendario das probas selectivas:
    • Prazo de presentación de solicitudes: Do 21 ao 30 de setembro de 2015.
      • Relación provisional de admitidas/os: A partir do 16 de novembro de 2015.
      • Relación definitiva de admitidas/os: A partir do 5 de xaneiro de 2016.
      • Data do exercicio: Sábado, día 6 de febreiro de 2016.
      • Exhibición do cadro de respostas correctas: A partir do 15 de febreiro de 2016.
      • Prazo de reclamacións ás respostas correctas: Días 16, 17 e 18 de febreiro de 2016.
      • Reunión das Comisións Cualificadoras para resolver as reclamacións presentadas: Día 1 de marzo de 2016.
      • Relación provisional de resultados: A partir do 8 de marzo de 2016.
      • Relación definitiva de resultados: A partir do día 30 de marzo de 2016.
      • Actos de asignación de prazas: A partir do 14 de abril de 2016.
      • Prazo posesorio para incorporación: Días 26 e 27 de maio de 2016, ambos incluídos.
  • Adxudicación de prazas.Aprobadas as relacións definitivas de resultados, emitirase resolución convocando por titulacións, ás/aos aspirantes seleccionadas/os de calquera quenda que superaran a puntuación mínima para que presenten solicitude de adxudicación de praza. Nesa resolución establecerase tamén, o prazo e demais circunstancias relativas á toma de posesión das persoas adxudicatarias de praza.
  • Solicitude: Modelo 790, facilitado gratuitamente nas delegacións e subdelegacións do goberno. Tamén se pode cumprimentar e descargar desde o enderezo: https://ips.redsara.es/IPSC/modelo790. O prazo vai do 21 o 30 de setembro.
  • Taxas: O importe das taxas será de 29,89 euros a ordinaria e de 14,95 euros a bonificada (membros de familia numerosa de categoría xeral). Estarán exentas de taxas as persoas cunha discapacidade superior ao 33%, desempregadas ou integrantes de familia numerosa de categoría especial. As taxas ingresaranse en calquera das entidades financeiras colaboradoras na xestión tributaria mediante a presentación das tres follas que integran o modelo 790 de solicitude.
  • Probas selectivas:Consistirán na realización dun exercicio-cuestionario de preguntas de elección múltiple, e na valoración do expediente académico correspondente aos estudos universitarios de grao/licenciatura, e, no seu caso, a un título de doutor/a. A puntuación total individual que se recoñeza a cada participante nas probas, estará constituída pola suma da que obteña no exercicio de contestacións múltiples e da asignada, no seu caso, aos méritos académicos, que se acreditaran en tempo e forma, conforme ao baremo recollido na convocatoria.
  • Exame (6 de febreiro de 2016, 15:30h): Consistirá na realización dun exercicio de 225 preguntas de elección múltiple máis dez de reserva, cuxa duración será de cinco horas. Só se considerará que superaron o exercicio de contestacións múltiples, aqueles aspirantes que obteñan unha valoración particular igual ou superior ao trinta e cinco por cento da media aritmética das dez mellores valoracións particulares do citado exercicio; a estes efectos só se terán en conta os números enteiros do resultado desta operación desprezándose os decimais.

Para máis información, pregunta nos locais da CIG-Saúde.

Convocatoria da proba obxectiva de Enfermaría Pediátrica pola vía extraordinaria

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

Publicouse hoxe no BOE a resolución pola que se convoca a proba obxectiva para a obtención do título de Enfermaría Especialista en Pediatría pola vía extraordinaria:

  • Resolución de 16 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Política Universitaria, pola que se convoca a proba obxectiva correspondente ao acceso ao título de Enfermeira/o Especialista en Enfermería Pediátrica. PDF (BOE-A-2015-10016 - 75 páxs. - 4.063 KB)  
Tanto as/os aspirantes excluidas/os como as/os omitidas/os por non figurar nas listas de admitidas/os nin nas de excluidas/os, dispoñen dun prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación no BOE da presente resolución para subsanar os defectos que motivaran a súa exclusión ou a omisión simultánea nas listas de admitidas/os e excluidas/os. As reclamacións poden ser enviadas a enfermeria@mecd.es, con independencia da presentación das mesmas a través dos mecanismos previstos na Lei 30/1992, de 26 de novembro. A vía electrónica non exime da obriga de presentar as reclamacións vía rexistro oficial.
 
As datas de celebración da proba serán: sábado, 24 de outubro de 2015, domingo, 25 de outubro de 2015, domingo, 22 de novembro de 2015, en función dos apelidos da persoa aspirante (comprobar no texto da resolución a data que corresponde).
 
O lugar de celebración da proba será: a Universidade Complutense de Madrid en Facultade de Ciencias da Información, Facultade de Medicina, Facultade de Farmacia, Facultade de Odontoloxía.

O vindeiro 7 de agosto remata o prazo para solicitar o título de Enfermeira/o Especialista que substitúe o das especialidades de Enfermaría suprimidas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo corA Disposición Transitoria Segunda do Real Decreto de Troncalidade (Real decreto 639/2014, do 25 de xullo, polo que se regulan a troncalidade, a reespecialización troncal e as áreas de capacitación específica, se establecen as normas aplicables ás probas anuais de acceso a prazas de formación e outros aspectos do sistema de formación sanitaria especializada en Ciencias da Saúde e se crean e modifican determinados títulos de especialista), publicado no BOE o 6 de agosto de 2014, recolle o seguinte:

Disposición transitoria segunda. Prazo para solicitar a expedición do título de Enfermeiro Especialista que substitúe o das especialidades de Enfermaría suprimidas. O prazo para solicitar do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a expedición de novos títulos de especialista, en substitución dos correspondentes ás especialidades suprimidas segundo o previsto na disposición adicional segunda do Real decreto 450/2005, do 22 de abril, finalizará ao ano da entrada en vigor deste real decreto.

As especialidades ás que se refire esta disposición son as que foron suprimidas polo Real Decreto de Especialidades de Enfermaría (Real Decreto 450/2005, do 22 de abril, sobre especialidades de enfermaría. -BOE 108, do 6-5-2005), que na súa Disposición Adicional Segunda di:

Disposición adicional segunda. Supresión de especialidades anteriores.

1. Quedan suprimidas as especialidades de diplomados universitarios en enfermaría e de axudantes técnicosanitarios que a continuación se relacionan:

a) A especialidade de neuroloxía, creada polo Decreto 3192/1970, do 22 de outubro.

b) A especialidade de uroloxía e nefroloxía, creada polo Decreto 2233/1975, do 24 de xullo.

c) A especialidade de análises clínicas, creada polo Decreto 203/1971, do 28 de xaneiro.

d) A especialidade de radioloxía e electroloxía, creada polo Decreto 1153/1961, do 22 de xuño.

e) A especialidade de enfermaría de coidados especiais, creada polo Real decreto 992/1987, do 3 de xullo.

f) A especialidade de pediatría e puericultura, creada polo Decreto 3524/1964, do 22 de outubro.

g) A especialidade de psiquiatría, creada polo Decreto 3193/1970, do 22 de outubro.

h) A especialidade de asistencia obstétrica (matrona), creada polo Decreto do 18 de xaneiro de 1957, modificado polo Real decreto 2287/1980, do 26 de setembro.

i) A especialidade de enfermaría de saúde comunitaria, creada polo Real decreto 992/1987, do 3 de xullo.

j) A especialidade de xerencia e administración de enfermaría, creada polo Real decreto 992/1987, do 3 de xullo.

2. A partir da entrada en vigor deste real decreto, non se poderán expedir novos títulos de especialista das especialidades indicadas no punto anterior.

3. Os diplomados universitarios en enfermaría ou axudantes técnico-sanitarios que se encontren en posesión dalgún dos títulos de especialista suprimidos por esta disposición adicional poderán solicitar do Ministerio de Educación e Ciencia, a partir da entrada en vigor deste real decreto, a expedición dun novo título de especialista de acordo coas seguintes regras:

a) Os que se encontren en posesión dos títulos indicados no punto 1.a) a e) poderán solicitar a expedición do título de especialista en enfermaría de coidados médicocirúrxicos.

b) Os que se encontren en posesión do título previsto no punto 1.f) poderán solicitar a expedición do título de especialista en enfermaría pediátrica.

c) Os que se encontren en posesión do título indicado no punto 1.g) poderán solicitar a expedición do título de especialista en enfermaría de saúde mental.

d) Os que se encontren en posesión do título indicado no punto 1.h) poderán solicitar a expedición do título de especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrona).

Posto que o vindeiro día 7 de agosto se cumpre o ano desde a entrada en vigor do Decreto de Troncalidade, ese é o día que finaliza o prazo para a solicitude de expedición dos títulos de especialista que substitúen aos extintos referidos na Disposición Adicional  do Decreto de Especialidades. Se algunha persoa se atopa en posesión dalgún destes títulos suprimidos e non solicitou a expedición do título novo, é o momento de facelo. Despois do día 7 de agosto xa non se poderá.

Podes descargar aquí o modelo de solicitude.

Ábrese período de información pública para a correspondencia do título de Diplomatura en Enfermaría con Grao en Enfermaría

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

O pasado luns día 29 de xuño, publicouse no BOE a Resolución da Dirección Xeral de Política Universitaria pola que se acorda o período de información pública no procedemento para o establecemento da correspondencia a nivel MECES do título de Diplomada/o en Enfermería.

Podedes ver a resolución aquí: http://www.boe.es/boe/dias/2015/06/29/pdfs/BOE-B-2015-20806.pdf

E nestas ligazóns a documentación exposta na páxina do Ministerio de Educación e Cultura, cun prazo ata o 22 de xullo para enviar alegacións:

- Procedemento para a correspondencia a nivel MECES de 27 títulos oficiais pre-Bolonia, entre os que se atopa a Diplomatura en Enfermaría

- Acordo de iniciación do procedemento

- Informe do Consello de Universidades

- Avaliación da ANECA

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto