Inicio
 
 

Información da CIG Saúde sobre os novos decretos do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cun_megafonoCIG-SAÚDE, quere informar a tódolas/os traballadoras/os, sobre a intención da Consellería de Sanidade de aprobar dous Decretos que definirán as grandes liñas da política sanitaria nos vindeiros 4 anos.

 

Os debanditos Decretos son:

  • Decreto polo que se crea a Estrutura Organizativa de Xestión Integrada, con este Decreto a Administración pretende crear o marco normativo que supere os límites xeográficos das actuais áreas sanitarias, modificando o actual Mapa Sanitario.
  • Decreto de Ordenación de Recursos Humanos, co cal a Administración pretende adaptar as condicións laborais das/os traballadoras/os públicos a esta nova estrutura organizativa de área.

DECRETO XESTIÓN INTEGRADA

No referente á Xestión Integrada CIG-SAÚDE apoia unha xerencia de área sanitaria con funcións de identificación de necesidades de saúde, planificación e xestión asistencial, de saúde pública, saúde laboral e socio-sanitaria, o que posibilitaría un modelo integral de saúde que favorecería o coñecemento dos problemas de saúde da súa zona e, ao mesmo tempo, a eficacia e a continuidade da atención co lóxico beneficio ao usuario.

Esta proposta de área integrada non pode condicionar de xeito negativo o futuro desenvolvemento da Atención Primaria.

Pero non podemos confundir a xestión integrada coa intención de modificar os límites xeográficos para facelas máis grandes na súa extensión territorial, co obxectivo de afastar a resolución dos problemas da cidadanía e das/os traballadoras/es.

 

DECRETO PLAN RRHH

Sobre o Decreto de RRHH desde CIG-SAÚDE vemos con preocupación este tema. A pesares que durante moitos anos vimos demandando un Plano de Ordenación de Recursos Humanos que nos permitise falar dunha política integral en materia de persoal que acabase coa permanente sensación de conflitividade no sector, o que acontece con estes documentos é que, en vez de dar unha solución global que permita alinear os intereses do sistema sanitario público cós intereses do seus profesionais, imos contribuír a crear un clima de incerteza permanente.

Os sistemas de mobilidade permanente só achegan novos elementos de conflitividade. Iso si, con isto as/os doentes dificilmente percibirán unha mellora no sistema sanitario.

A Admón sanitaria ten a obriga de adquirir o compromiso coas/os profesionais e as/os cidadáns galegos de dotar con vínculo de fixeza aos cadros de persoal do sistema sanitario público, de acordo coas necesidades asistenciais, e adoptando medidas a prol da plena estabilidade, para por fin á precaridade laboral, facilitando os traslados voluntarios entre as institucións sanitarias.

 

CIG-SAÚDE, presentará diante da Consellería as alegacións pertinentes a estos dous Decretos, solicitándolle que retire os dous documentos e que presenten un novo texto que resolva as necesidades asistenciais e as das/os traballadoras/es.

 

Descarga, imprime e reparte o folleto informativo no teu centro de traballo

 

Por un decreto Xerencia Área distinto

 

Outro Plan de RR.HH é posible

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto