Noticias Sanidade Pública Outras novas CIG-Saúde esixe á Consellería de Sanidade que poña a disposición das/os traballadoras/es e da poboación todos os establecementos dispoñibles
 
 

CIG-Saúde esixe á Consellería de Sanidade que poña a disposición das/os traballadoras/es e da poboación todos os establecementos dispoñibles

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Jesús  Vázquez  Almuíña
Conselleiro de Sanidade.
Margarita Prado Vaamonde
Directora de RRHH SERGAS.
 
Ante unha situación tan grave como a que estamos a vivir por mor da infección do virus COVID-19,  o goberno da Xunta de Galiza e a Consellaría de Sanidade teñen a obriga de tomar todas as medidas necesarias para  garantir a seguridade das/os profesionais  da sanidade, e do conxunto da poboación.
 
Nos distintos Servizos de Saúde, dado que as competencias dos gobernos autonómicos están plenamente vixentes, están a tomar medidas que garantan a seguridade e a protección de todas/os traballadoras/es e o resto da poboación.
Por todo isto, desde CIG-SAÚDE dirixímonos a esa Consellaría e ao SERGAS para esixir que se poñan a disposición da poboación todos os recursos existentes.
 
CIG-SAÚDE esixe, que desde a Consellaría de Sanidade se busque a fórmula que permita pór a disposición das/os traballadoras/es e da poboación todos os establecementos dispoñíbeis diferentes ao centros hospitalarios.
 
Estamos a esixir o seguinte:
Que se poñan a disposición de todas/os as/os traballadoras/es da sanidade, prazas de residencia en hoteis, residencias universitarias… preto do seu centro de traballo, para que poidan morar a alí se así o desexan, evitando o contacto coas persoas que residen no seu domicilio, para garantir a seguridade e a protección destas/es.
 
Pór a disposición estes centros, con distinta ubicación, de todas as persoas que teñan que facer illamento no seu domicilio, e que para garantir a seguridade e a protección da súa familia  queiran realizar o tempo do seu illamento fora do seu domicilio.
 
Queremos lembrar, que para atender as necesidades destas instalacións é imprescindíbel dotalo de persoal, tamén de persoal de servizos privatizados como o persoal de limpeza, ao que haberá que dotalo de todo o material necesario e EPIS que garanta a súa protección.
 
Agardamos que estas medidas sexan postas en funcionamento na maior brevidade posíbel.
 
Compostela, 23 de marzo de 2020.
 
Asdo:  Mª Xosé Abuín Álvarez
Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE
 
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto