Noticias Sanidade Pública Outras novas CIG-Saúde esixe do SERGAS e do Sr Feijoo que recoñeza que as medidas de conciliación tamén son para o persoal do SERGAS
 
 

CIG-Saúde esixe do SERGAS e do Sr Feijoo que recoñeza que as medidas de conciliación tamén son para o persoal do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

O xoves 12 de marzo publicouse no DOG a Resolución da Consellaría de Presidencia e Administracións Públicas, na que se recolle o protocolo de actuación para o persoal empregado/a público/a da Administración da Xunta de Galiza en relación co coronavirus COVID-19.
Cando Función Pública decreta unha resolución coma esta, aínda que non o recolla expresamente, somos conscientes que estas medidas están dirixidas as/os empregadas/os da Administración Autonómica, das cales o persoal do SERGAS ficamos excluídas/os.

Entre outras medidas recolle as seguintes:
4. Persoal especialmente sensible.
Se nalgún momento as recomendacións sanitarias así o aconsellan, poderanse adoptar medidas para que o persoal especialmente sensible se poida ausentar do posto de traballo, entendendo por este o seguinte:
– Empregados/as públicos/as con patoloxías concorrentes ou enfermidades crónicas.
– Empregadas públicas embarazadas.
– Empregados/as públicos/as con fillo/s ou filla/s menores de idade ou con persoas dependentes.

Fronte a isto o persoal do SERGAS recibimos unha instrución do Xerente do SERGAS nas que só nos comunica, que como xa sabíamos, como persoal dun servizo esencial, de ser necesario aplicaríanse recortes nos nosos dereitos laborais tales como:
• Suspensión de días libres, vacacións, suspensións dos cómputos de xornada e incremento da mesma.

Como sempre, como durante estes 10 anos de recortes, as/os traballadoras/es da Sanidade Pública imos facer todo o posible para que as persoas reciban a mellor asistencia posible, aínda que este goberno siga recortando dereitos e cadro de persoal e nunca se lembre de devolvelos.

Só queríamos subliñar que para esta Consellaría e para o Sr Feijóo non contamos como persoas, xa que na instrución que envían non transmiten ningunha sensibilidade coas necesidades familiares que o persoal do SERGAS poida ter, xa que tamén temos fillas/os e persoas maiores ao noso cargo.

CIG informa

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto