Noticias Sanidade Pública Outras novas MATRONA, A CATEGORÍA OLVIDADA NA ATENCIÓN PRIMARIA
 
 

MATRONA, A CATEGORÍA OLVIDADA NA ATENCIÓN PRIMARIA

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Esiximos a inmediata negociación do réxime xurídico e do sistema retributivo de Matronas de Atención Primaria.

No ano 1993 publicouse o Decreto, do 29 de xullo, de Ordenación da Atención primaria en Galiza, que regula as retribucións de todo o persoal de Atención Primaria, EXCEPTO as Matronas. Recolle na disposición transitoria cuarta que “O consello da Xunta de Galiza regulará o réxime xurídico e retributivo das prazas de enfermeira obstétrico-xinecolóxicas”.

 

26 ANOS DESPOIS a Consellaría de Sanidade non tivo tempo de presentar ningunha proposta de réxime xurídico e retributivo para este colectivo.

Por que será?

Será por que todo o relacionado coa saúde da muller ocupa un papel secundario?

 

 

QUE CONLEVA ESTA SITUACIÓN?

Un sistema retributivo baseado nun mapa sanitario do ano 1989 que non recolle a poboación actual dos concellos.

Un sistema retributivo que condena ás matronas a perdas retributivas de mais de 100€ mensuais cando cambian de concello, aínda que teñan mais tarxetas sanitarias.

Un sistema retributivo que non recoñece os conceptos que se pagan a outros colectivos: número de tarxetas sanitarias, dispersión, illamento... A prestación de servizo en diferentes concellos con importante distancia entre si.

Un sistema retributivo inxusto, que non recoñece a carteira de servizo actual que realizan, é dicir as prestacións sanitarias que prestan.

Unha disfuncionalidade entre a prestación de servizo e as retribucións, xa que a poboación dos concellos mudou moito dende o ano 1989, e que se agrava ao non ter desenvolvido o pago de TIS.

Que non teñen un ratio de mulleres a atender por Matrona.

Pero ADEMAIS

As necesidades de material das consultas de Matronas quedaron fóra do plano de dotación que se está a facer na Atención Primaria.

Algunhas das padiolas de exploracións son tan arcaicas que parecen de museo, e dificultan enormemente o traballo a realizar nas exploracións ás mulleres.

Lamentamos que dos 8 millóns de euros que a Consellaría de Sanidade di que está a destinar á dotación de material, ninguén se lembrase de recoller as peticións das matronas.

A CONSELLARÍA DE SANIDADE ten obriga de rematar con estes 26 anos de penalización.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto