Noticias Sanidade Pública Outras novas Reivindicacións de CIG-Saúde para os orzamentos 2020
 
 

Reivindicacións de CIG-Saúde para os orzamentos 2020

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIG-Saúde vén de remitir a todos os grupos políticos do Parlamento galego as súas reivindicacións para os orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2020.

 

Á/A dos grupos políticos do parlamento.

Desde a CIG-SAÚDE dirixímonos a Vdes. para trasladarlles as nosas inquedanzas sobre os orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2020. E solicitar que as nosas propostas sexan recollidas nas  emendas que a súa organización presente ao texto dos orzamentos. Quedamos á súa disposición para poder ampliar a información sobre os temas que presentamos.

Atención primaria:

.- Solicitamos a recuperación da estrutura directiva de atención primaria, unha xerencia de atención primaria que dea resposta ás demandas asistenciais deste nivel de asistencia.

.- A dotación dun orzamento específico para atención primaria.

.- Incorporación da categoría de Psicólogas/os Clínicos, Terapeutas ocupacionais, Logopedias e Podólogos neste nivel de asistencia.

Cadro de persoal.

.- A incorporación dun sistema identificativo de prazas, que permita coñecer, con exactitude e por EOXIs, o cadro de persoal do SERGAS: persoal fixo, interino, persoal eventual, prazas vacantes, prazas amortizadas...

Retribucións do Persoal Estatutario.

.- Os orzamentos do ano 2020 teñen que permitir a recuperación dos acordos do persoal estatutario do SERGAS suspendidas desde o ano 2009.

A suspensión destes acordos colocan ao persoal do SERGAS á cola das retribucións do persoal da Xunta de Galiza, equiparando as nosas retribucións co persoal da Administración autonómica que traballa en quenda de maña e en horario de luns a venres, e sen ter en conta a nosa prestación os 365 días do ano, as 24 hs do día.

Creación da Categoría de:

.- Persoal facultativo de HADO.

.- Persoal investigador estatutario. Este persoal leva pendente da creación da súa categoría desde o ano 2007.

Creación da Subdirección xeral de Enfermaría na estrutura da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.

A xestión excelente ha de promover estratexias para o exercicio profesional desde a calidade técnica, científica e humana. Todo isto e outros aspectos relacionados coa profesión enfermeira é o que se denomina “Xestión Enfermeira” que é a aplicación da xestión aos coidados e á organización dos mesmos, xestionados desde diversos ámbitos e niveis, en áreas de maior amplitude, como a que se debería levar a cabo nos postos de direccións do Servizo Galego de Saúde.

Por todo isto, desde a CIG-SAÚDE propoñemos un cambio na estrutura directiva da Dirección Xeral de Asistencia sanitaria. Solicitamos que se cree a Subdirección Xeral de Enfermaría.

Eliminación da taxa de reposición e plano de emprego. 

A taxa de reposición creada no ano 2010 e vixente na actualidade, está a consolidar a precariedade laboral no SERGAS, mais de 5.000 prazas estruturais cubertas con persoal eventual.

Solicitamos a desaparición da taxa de reposición e a negociación dun plano de emprego que posibilite a recuperación dos postos de traballo e remate coa precariedade laboral.

Carreira profesional.

Nos orzamentos do ano 2020 incluirase o acceso, ao grao I retribuído, do persoal interino e do persoal  fixo con posterioridade ao 1 de xullo de 2018.

Compostela, 28 de outubro de 2019.

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto