CIG Saúde Estatutos da CIG Saúde
 
 

CIG-SAÚDE vén de solicitar a retirada do nomeamento estatutario eventual de continuidade, coñecido como contrato de precarias.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig INFORMA 2019

CIG-SAÚDE vén de solicitar a retirada do nomeamento estatutario eventual de continuidade, coñecido como contrato de precarias.

Na reunión da mesa sectorial celebrada hoxe 19 de xullo de 2019, abordouse o tema da “Extensión do nomeamento estatutario eventual de continuidade á categoría de enfermeira/o”.

A CIG-Saúde esixiu a retirada deste tipo de nomeamento para médicas/os de primaria e enfermeiras/os por ser lesivo para as/os traballadoras/es, porque aumenta a precariedade laboral, a dispoñibilidade para o SERGAS e por crear unha fenda salarial neste persoal.

Este vínculo incorpora no cadro de persoal do SERGAS prazas fixas con condicións laborais precarias. As novas prazas fixas serán nas mesmas condicións que as dos contratos precarios.

A CIG-SAÚDE esixe o mesmo tratamento para o persoal eventual que para o persoal fixo. É inadmisible que asinemos un acordo de mellora de condicións de persoal de PACs e pola contra se lles dea os parabéns ao SERGAS con este contrato precario.

contrato-precario-1

 E que pasa coas retribucións?

O persoal que asine un destes contratos terá unha discriminación salarial cando realice gardas obrigatorias nos PACs, o valor da hora de xornada será inferior para o persoal facultativo e non recibirán ningunha retribución polo traballo en quenda nocturna nin pola prestación en domingos e festivos.

contrato-precario-2

Para a CIG-SAÚDE estas e outras son razóns de peso suficiente para esixir a retirada deste nomeamento de precariedade.

Eliminar a precariedade na contratación no SERGAS é posible, só é cuestión de mudar as políticas de persoal.

CIG-SAÚDE esixe:

  • A retirada da taxa de reposición, e a negociación dun plano de emprego no SERGAS para cubrir todas as prazas vacantes.
  • Contratación pola ausencia do titular e non contratar por carteleira, negando así as libranzas correspondentes ás que o persoal ten dereito.
  • Os contratos por días soltos serán ofertados só para cubrir a ausencia dun titular que solicite este permiso.
  • Mellorar a xestión dos chamamentos.
  • Negociación dun novo sistema retributivo.

Para ter dereito ás túas libranzas e permisos non tes por que ter un contrato precario!

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto