Noticias Persoal OPE Convocatoria de OPE de PSX
 
 

Convocatoria de OPE de PSX

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

 

Hoxe, 7 de marzo de 2019, publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais.

 

SISTEMAS DE ACESO: acceso libre, acceso de persoas con discapacidade ou promoción interna.

As 9 prazas da quenda de discapacidade intelectual non están incluídas nesta convocatoria, incluiranse nunha convocatoria específica e diferenciada.

CATEGORÍA

Subgrupo

Acceso libre

Promoción interna

Reserva discapacidade xeral

Total

Titulación

Persoal de servizos xerais

C2

24

38

4

75

Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria, Técnico (Formación Profesional de Grao Medio) ou equivalente.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES: do 15 de marzo ata o 30 de abril de 2019, ambos inclusive.

O formulario de inscrición atópase no FIDES no apartado de Procesos.

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición.

Poderán presentarse:

  • por rexistro electrónico (requirirase un certificado dixital válido: FNMT,DNI electrónico ou Camerfirma),
  • de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,
  • ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Valoraranse os méritos ata o día inmediatamente anterior ao da publicación da convocatoria no DOG.

Como novidade no formulario de inscrición, inclúese a verificación automática de determinados requisitos, sen necesidade de ter que aportalos en papel. Tal é o caso de:

- DNI ou NIE.

- Certificado de discapacidade emitido na Comunidade Autónoma.

- Desempregados/as de máis de 6 meses a nivel estatal.

- Condición de familia numerosa recoñecida na Comunidade Autónoma.

No caso de que non se queira autorizar dita verificación terase que marcar esa opción na inscrición, e daquela presentará en papel toda a documentación.

O resto de requisitos teranse que aportar fisicamente (título, pasaporte...).

 

PAGO DE TAXAS: 25,81 euros, salvo, exencións totais por discapacidade igual ou superior ao 33%, e membros de familias numerosas da categoría especial; e exencións parciais do 50% dos membros de familias numerosas de categoría xeral, e dos demandantes de emprego desde, polo menos, os 6 meses anteriores e que non estean a percibir ningunha prestación ou subsidio por desemprego.

Reparto PSX

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto