Inicio
 
 

A nosa posición na Mesa Sectorial sobre o PORH

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Non sabemos que terá o PP que é capaz de impor a algunhas organizacións sindicais o seu modelo sanitario sen ningún custe.

 

O día 27 de xullo,  previa á xuntanza da  Mesa Sectorial, tivemos unha reunión das organización sindicais para valorar os documentos de xestión integrada e  plan de ordenación de RRHH, nesa reunión, aparentemente,  todas/os coincidiamos no diagnóstico da situación, e na necesidade de rexeitar os documentos.

 

Na reunión de M.S do 27 de xullo as O.O.S.S. demos lectura ao escrito conxunto; solicitábamos a retirada dos dous documentos.

 

Pero un día despois, o día 28 de xullo,  preténdese que asinemos un documento onde se lle pide á Administración que desenvolva as disposicións transitorias do documento de Plan de Ordenación de RRHH, é dicir, xa nos vale o texto do documento e só se pide que se negocie na Mesa Sectorial. A resposta da CIG-SAÚDE  foi que nós non podiamos asinar, xa que para a CIG-SAÚDE o que está en cuestión é o modelo de política sanitaria e non iamos a entrar no xogo da Admón.

 

Como se pode comprobar e, por outra parte, como xa teñen por costume, entran no xogo, xa non se discute o modelo, se non que a Admón non tome ningunha medida que non pase pola M.S.

 

En todo caso, na reunión conxunta quedouse en ter unha nova reunión de todas as O.O.S.S. en setembro, onde se valorarían as medidas a tomar. Veremos, pois, o que se decide nese momento.

 

Posicionamento da CIG-SAÚDE na M.S do 27 de xullo de 2010


O documento que pretende aprobar a Admón non é un PORH, senon unha norma que lle permita a Admón xogar cas/os traballadoras/es no seu beneficio e no beneficio das  súas políticas privatizadoras.

 

Para a CIG-SAÚDE o PORH debe ser un instrumento vinculado directamente a un proxecto de adecuación de persoal, esixe por tanto a realización previa dun diagnóstico de necesidades actuais e futuras , globais ou para ámbitos determinados, que non aparece por ningures no borrador do SERGAS.

 

Se non hai diagnóstico de necesidades mal pode haber proposta de solucións ou medidas a adoptar, agás que do que se trate por parte do SERGAS non sexa outra cousa que lexitimar a través dun PORH unha serie de medidas de flexibilidade para logo dispor delas cando e como lle conveña.

 

Este documento en vez de concretar as medidas, limítase a reiterar que no futuro se deseñaran tales medidas, previo paso ou non pola Mesa Sectorial.

 

Desde CIG-SAÚDE solicitamos, unha vez máis, a retirada deste documento e a presentación por parte do SERGAS dun verdadeiro Plano de Ordenación de RRHH.

 

Este é o noso posicionamento e seguiremos a defendelo.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto