Noticias Persoal OPE Publicación acto de elección de destino da categoría de facultativo/a especialista de área
 
 

Publicación acto de elección de destino da categoría de facultativo/a especialista de área

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e se convoca para o acto de elección de destino, onde se recolle o seguinte:

  • Aspirantes que decaen do proceso de concurso-oposición.
  • Relación de novos aspirantes seleccionados. Deberán aportar a documentación requirida no prazo máximo de un mes.
  • Acto de elección: día 20 de decembro de 2018, no salón de actos da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, no horario que a seguir se indica, en función da especialidade: 

- Ás 16.00 horas as especialidades de: Análises Clínicas, Anatomía Patolóxica, Anestesioloxía e Reanimación, Anxioloxía e Cirurxía Vascular, Aparello Dixestivo, Cardioloxía, Cirurxía Cardiovascular, Cirurxía Oral e Maxilofacial, Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora, Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo, Dermatoloxía Médico Cirúrxica e Venereoloxía, Endocrinoloxía e Nutrición, Farmacia Hospitalaria, Hematoloxía e Hemoterapia e Inmunoloxía. 

- Ás 18.00 horas as especialidades de: Medicina Intensiva, Medicina Interna, Medicina Nuclear, Medicina Preventiva e Saúde Pública, Microbioloxía e Parasitoloxía, Nefroloxía, Neurocirurxía, Neurofisioloxía Clínica, Neuroloxía, Obstetricia e Xinecoloxía, Oftalmoloxía, Oncoloxía Médica, Oncoloxía Radioterápica, Otorrinolaringoloxía, Pediatría e as súas áreas específicas, Pneumoloxía, Psicoloxía Clínica, Psiquiatría, Radiodiagnóstico e Uroloxía.

  • Relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as.
  • Destinos que se ofertan.
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto