Están publicadas na páxina web do SERGAS as plantillas provisionais dos exames celebrados o pasado fin de semana (24 e 25 de novembro de 2018).
- Médico/a de familia
- Enxeñeiro/a técnico
- Técnico superior en Documentación Sanitaria
- Grupo técnico da función administrativa
- Grupo xestión da función administrativa
Está aberto un prazo de 5 días hábiles ( do 27 de novembro ao 3 de decembro de 2018) para presentar as impugnacións ás preguntas do exame. Os/as aspirantes terán que presentar un escrito cos seus datos persoais e o motivo da reclamación, dirixido ao Tribunal do concurso oposición da categoría correspondente. Deberase xustificar a reclamación con bibliografía ou base normativa que o sustente, na medida do posible.
Enderezo ao que dirixir os escritos:
Tribunal do concurso oposición da categoría de...
Dirección Xeral de RRHH do Servizo Galego de Saúde
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela