Noticias Persoal OPE Publicación de lugar e data de exame da fase de oposición de diversas categorías
 
 

Publicación de lugar e data de exame da fase de oposición de diversas categorías

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Hoxe publícanse no DOG as Resolucións polas que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición da OPE 2016-2017 das seguintes categorías:

Lugar: Recinto da Feira Internacional de Galicia, avenida Recinto Feiral, s/n, Silleda (Pontevedra).

Data e hora: 

Grupo xestión da función administrativa

Sábado 24 de novembro 9,30 horas
Médico/a de familia Domingo 25 de novembro 9,30 horas
Enxeñeiro/a técnico/a 
Grupo técnico/a da función administrativa Domingo 25 de novembro 16,00 horas
Técnico/a superior en documentación sanitaria

Na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), sección de emprego público, están publicadas as distintas portas de acceso ao recinto de realización das probas, así como os/as aspirantes asignados/as a cada unha delas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, e de bolígrafo azul ou negro, de tinta indeleble.

O Servizo Galego de Saúde permitirá ás mulleres embarazadas ou que teñan dado a luz, que estean ingresadas no mesmo día do exame, realizar os distintos exercicios da fase de oposición derivados deste proceso selectivo. Para isto terán que cumprir estes requisitos:

  • Por en coñecemento do SERGAS, cunha antelación mínima de 72 horas á data de realización do exame, a situación de embarazo e a súa vontade de realizaren a proba no centro sanitario para o suposto de estaren ingresadas na data da súa realización. 
  • Terán que comunicar e xustificar o seu ingreso en centro hospitalario ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos cunha antelación mínima de cinco horas á hora de inicio das probas. 
  • Só se admitirá como medio válido de comunicación o seguinte enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es.
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto