Noticias Persoal OPE COORDINACIÓN IMPOSTA POR MADRID DAS DATAS DE OPE
 
 

COORDINACIÓN IMPOSTA POR MADRID DAS DATAS DE OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Outra inxerencia máis da Mesa Sectorial de Madrid, pretenden DECRETAR as datas de celebración dos exames do SERGAS sen ter en conta as ofertas de emprego negociadas na nosa Mesa Sectorial.

Que vai a ser o seguinte? Os temarios? Os baremos?

Non imos a consentir que se ningunee a Mesa Sectorial do Sergas centralizando a negociación das OPEs en Madrid. 

A nosa OPE é competencia nosa.

O SERGAS confirma que as datas publicitadas por algún sindicato estatal NON SON DEFINITIVAS, xa que aínda vai haber outra reunión, previsiblemente antes do Nadal, onde o Ministerio e as CCAA tentarán pechar as datas de realización dos exames. Esiximos que o SERGAS exercite as súas competencias, e que non deixe que Madrid nos marque os nosos tempos.

Que garantía temos de que non se produzan atrasos nesas datas, cando hai CCAA que non teñen concurso de traslados convocado.

As categorías que se ofertan en Galicia para o ano 2017 non van a cambiar. Son as que se publicitaron o pasado 21 de novembro. Podes descargar aquí a información

As categorías do Sergas que poderían coordinarse co resto de Servizos de Saúde son: Enfermeira/o, Aux. Administrativo/a e Celador/a.

En TCAE, no Sergas, van a esperar a que se publique a oferta de emprego do 2018 para sumar as prazas nunha mesma convocatoria. A coincidencia ou non coa data do Ministerio vai a depender de cando se convoque o proceso e se os prazos o permiten.

As categorías de Fisioterapeuta e Matrona non están ofertadas no SERGAS polo que non entrarán nesas datas. Terán que esperar á oferta de emprego de 2018 e posteriormente terán a súa convocatoria sen suxeición a ningunha data.

O resto de categorías ofertadas no SERGAS quedan fóra desta "coordinación", polo que non estarán suxeitas a ningunha data.

QUE NON TE CONFUNDAN

CIGSAUDElogo

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto