Inicio Axenda Manifestación en Vigo por un hospital '100 x 100 público'
 
 

Manifestación en Vigo por un hospital '100 x 100 público'

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
A Xunta de Persoal anima a cidadanía a participar na marcha que sae do Xeral ás 20.00 horas
 
A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo anima a toda a cidadanía da comarca a participar este xoves na manifestación convocada para reclamar que o novo hospital da cidade sexa “100 x 100” público. A marcha, que pon o punto final a varias semanas de mobilizacións que inclúen paros parciais, sairá do Xeral ás 20.00 horas e rematará na Porta do Sol.
2014 12 11 CartazManifestacionSanidadePublicaVigoA mobilización foi presentada esta mañá en rolda de prensa pola representación sindical dos traballadores/as, que explicaron que a manifestación celébrase baixo o lema 'Hospital Vigo 100 x 100 público. Privatización = corrupción' e arrincará do hospital Xeral ás 20.00 horas.

O presidente da Xunta de Persoal, Manuel G. Moreira, da CIG, indicou que o persoal da sanidade pública viguesa fai un chamamento á cidadanía da comarca a saír á rúa en defensa da calidade da asistencia sanitaria.

“A xente ten que ser consciente de que a Xunta lle cedeu a construción e a xestión do centro a unha empresa privada e que o orzamento pasou de 400 a 1300 millóns de euros, o que non impide que o novo hospital nacerá privatizada e con menos servizos”, criticou.

Neste senso, Moreira lembrou que aínda que a Administración pública anunciou que a instalación terá 800 camas, o certo é que a Área Sanitaria vaise ver moi prexudicada porque ao mesmo tempo van pechar cinco centros médicos, o Xeral-Cíes, o Rebullón e os centros de especialidades de Coia e da Doblada. “Ademais, van manter o convenio con Povisa”, lamentou.

Segundo denunciou, con este tipo de política sanitaria o PP pretende manter o negocio das empresas amigas “coa corrupción como pano de fondo”. Tamén censurou a situación na que queda o persoal dos servizos non sanitarios despois de que a Consellería lles dese a opción de integrase nas concesionarias privadas “sen ningunha garantía laboral”.

A manifestación pon o punto final a varias semanas de mobilizacións que incluíron concentracións do persoal e paros parciais como os convocados hoxe, mañá e o mesmo día da marcha tanto en horario de mañá como de tarde.

A noticia en Avantar

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto