Inicio
 
 

Outras novas de Persoal

Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Sobre a desconvocatoria de folga

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

CIG-SAÚDE quere comunicar a todas/os as/os traballadoras/es a nosa sensación agridoce coa que se rematou o conflito de PACs, por non ter acadado un acordo sobre o cómputo de xornada.

O cómputo de xornada e a penalización sobre a xornada complementaria foi o principal motivo polo que se iniciou este conflito, é a maior perda retributiva do persoal de PACs. Polo que a CIG-SAÚDE non renuncia a seguir negociando co SERGAS até acadar un cómputo de xornada sen penalizacións. Nun acordo hai que valorar o que se consegue e o que se perde.

Sobre o acordo acadado manifestamos o seguinte:

Os puntos de acordo que onte se validaron polo comité de folga, son os mesmos que validou o comité anterior, o día 5 de febreiro de 2019, agás o da xornada. Polo que a CIG-SAÚDE quere recoñecer o traballo realizado por este comité; Elisa, Carlos, Pilar, Gerardo... parabéns polo traballo realizado. Fostes capaces de que o SERGAS recoñecese os vosos dereitos.

A única diferencia co traballo do comité anterior é a porcentaxe do valor da atención continuada. Naquelas datas o SERGAS ofrecía o 50% en dúas anualidades, tema que non estaba pechado.

A CIG-SAÚDE non se apropia do traballo de ninguén, durante todo este tempo reivindicamos que o valor da atención continuada non se podía calcular sobre o 20% dos complementos de noites e festivos do ano 2008, se non que había que solicitar a equiparación cos actuais valores do que perciben as/os médicas/os de urxencias hospitalarias e enfermeiras/os do hospital e así o conseguimos.

A CIG-SAÚDE, reiteradamente, estivo publicando os valores da atención continuada que debía percibir o persoal de PACs, con anterioridade ao acordo acadado o día 17 de xullo de 2019.

A folga foi desconvocada sen facer consulta previa por entender o comité de folga que estaba lexitimado para facelo polas consultas anteriores.

Rematado o traballo do comité de folga, reiteramos os nosos parabéns para todas as traballadoras e traballadores que participaron no conflito.

A loita polos dereitos das traballadoras e traballadores de PACs continúa, e a CIG-SAÚDE continuará nela, sempre tratando de representar o sentir da maioría do persoal de PACs.

Acta de acordo do comité de folga do 17 de xullo de 2019.

OS ORZAMENTOS 2020 TEÑEN QUE SER OS ORZAMENTOS DA RECUPERACIÓN SALARIAL DO PERSOAL DO SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

O persoal do SERGAS non pode seguir tendo unha retribución inferior que o resto do persoal da Xunta de Galiza no seu complemento específico, que está destinado a retribuír, entre outras,  as condicións específicas do posto de traballo en atención á dificultade técnica, dedicación, responsabilidade ou penosidade.

Que pretende este goberno?  Que o persoal do SERGAS sexa o único ao que non se recoñeza retribución pola penosidade do traballo en quenda de noite, domingos, festivos e gardas?

Diferencia Salarial que temos todo o ano con respecto ao Persoal da Xunta

Complemento Específico Xunta

Complemento Específico                   + Prod.  fixa SERGAS

Diferencia mensual e nas pagas extras.

Nivel 22= 658.84 €

Nivel 22 = 412.64 €

-246.20 €

Nivel 18= 488.78 €

Nivel 18 = 287.71 €

-201.07 €

Nivel 16= 474.27 €

Nivel 16 = 293.01 €

-181.26 €

Nivel 14 = 452.99 €

Nivel 14 = 346.03

-106.96 €

No ano 2008 acordouse no SERGAS un incremento retributivo para todas as categorías e que pretendía corrixir esta diferencia.

No ano 2010 o Sr. Feijóo encargouse de suspender este acordo retributivo, mantendo a suspensión na actualidade.

ACORDOS SUSPENDIDOS  E QUE TEMOS QUE RECUPERAR NO ANO 2020. LEI DE ORZAMENTOS 2020

INCREMENTO RETRIBUTIVO 2010

INCREMENTO RETRIBUTIVO 2011

INCREMENTO RETRIBUTIVO 2012

Grupo

Anual

Mensual

Grupo

Anual

Mensual

Grupo

Anual

Mensual

A1

425 €

30.36 €

A1

611 €

50.91€

A1

611€

50.91 €

A2

407 €

29.07 €

A2

585 €

48.75 €

A2

585 €

48.75 €

C1

389 €

27.79 €

C1

560 €

46.66 €

C1

560 €

46.66 €

C2

372 €

26.57 €

C2

535 €

44.58 €

C2

535 €

44.58 €

E/AP

354 €

25.29 €

E/AP

509 €

42.41 €

E/AP

509 €

42.41 €

CIG-Saúde esixe que se elimine a discriminación salarial á que nos condenou e segue a condenar o Sr. Feijóo.

POR UNS ORZAMENTOS 2020 DIGNOS PARA TODAS AS CATEGORÍAS

CIG-SAÚDE ACADA A EQUIPARACIÓN NO COBRO DA ATENCIÓN CONTINUADA DO PERSOAL DOS PACS COA DO PERSOAL DE HOSPITAL

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

CIG-Saúde foi quen de lograr un acordo de equiparación salarial na atención continuada do persoal médico e de enfermaría dos PACS.

  • A partir do 1 de xaneiro de 2020:
    • 80% da diferencia co valor do hospital
  • A partir do 1 de xaneiro de 2021:
    • 100% do valor do hospital

Médicas/os URXENCIAS HOSPITALARIAS

Enfermeiras/os hospital

Nocturnidade

5,07 €/hora

4,07 €/hora

Festividade

12,07 €/hora.

9,69 €/hora

 

Retribución Médicas/os de PACS

 

Valor   actual

2020*

2021

Nocturnidade

4,07 €/hora

4,87 €/hora

5,07 €/hora

Festividade

9,65 €/hora

11,58 €/hora

12,07 €/hora

*Valores aproximados

Retribución Enfermeiras/os de PACS

 

Valor   actual

2020*

2021

Nocturnidade

2,60 €/hora

3,77 €/hora

4,07 €/hora

Festividade

7,75 €/hora

9,30 €/hora

9,69 €/hora

*Valores aproximados

Acta de acordo 

Posicionamento de CIG-SAÚDE ante a folga do 19 de xuño

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig INFORMA 2019

Diante da convocatoria de folga do día 19 de xuño do persoal facultativo de Atención Primaria e das informacións tendenciosas vertidas nos medios de comunicación usando á CIG para branquear as políticas da Consellería, CIG-SAÚDE quere manifestar o seguinte:
O noso máximo respecto e apoio á convocatoria de folga, animando polo tanto a participar porque a consideramos complementaria das nosas reivindicacións dentro do Consello técnico da atención primaria e que inclúen ao conxunto das categorías.
A situación da atención primaria precisa dunha resposta seria e responsable por parte da administración e que satisfaga as necesidades tanto dos/as profesionais como da poboación.
Nesa liña entendemos que as medidas de presión son necesarias para promover o cambio nas políticas sanitarias da Consellería de Sanidade dirixido á defensa da dignidade da Atención Primaria.
Con este obxectivo e neste contexto de mobilización, CIG-SAÚDE apoia todas as mobilizacións na Atención Primaria, enmarcados na busca dunha solución global para toda a Atención Primaria e para todas as categorías.
CIG-SAÚDE comprométese a seguir defendendo unha Atención Primaria digna, para pacientes e profesionais, promovendo as mobilizacións que sexa preciso convocar e participando nos ámbitos de representación e negociación que nos corresponden como sindicato, coa forza que nos dan as traballadoras e traballadores.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto