CIG-Saúde esixe á Consellería de Sanidade que poña a disposición das/os traballadoras/es e da poboación todos os establecementos dispoñibles

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Jesús  Vázquez  Almuíña
Conselleiro de Sanidade.
Margarita Prado Vaamonde
Directora de RRHH SERGAS.
 
Ante unha situación tan grave como a que estamos a vivir por mor da infección do virus COVID-19,  o goberno da Xunta de Galiza e a Consellaría de Sanidade teñen a obriga de tomar todas as medidas necesarias para  garantir a seguridade das/os profesionais  da sanidade, e do conxunto da poboación.
 
Nos distintos Servizos de Saúde, dado que as competencias dos gobernos autonómicos están plenamente vixentes, están a tomar medidas que garantan a seguridade e a protección de todas/os traballadoras/es e o resto da poboación.
Por todo isto, desde CIG-SAÚDE dirixímonos a esa Consellaría e ao SERGAS para esixir que se poñan a disposición da poboación todos os recursos existentes.
 
CIG-SAÚDE esixe, que desde a Consellaría de Sanidade se busque a fórmula que permita pór a disposición das/os traballadoras/es e da poboación todos os establecementos dispoñíbeis diferentes ao centros hospitalarios.
 
Estamos a esixir o seguinte:
Que se poñan a disposición de todas/os as/os traballadoras/es da sanidade, prazas de residencia en hoteis, residencias universitarias… preto do seu centro de traballo, para que poidan morar a alí se así o desexan, evitando o contacto coas persoas que residen no seu domicilio, para garantir a seguridade e a protección destas/es.
 
Pór a disposición estes centros, con distinta ubicación, de todas as persoas que teñan que facer illamento no seu domicilio, e que para garantir a seguridade e a protección da súa familia  queiran realizar o tempo do seu illamento fora do seu domicilio.
 
Queremos lembrar, que para atender as necesidades destas instalacións é imprescindíbel dotalo de persoal, tamén de persoal de servizos privatizados como o persoal de limpeza, ao que haberá que dotalo de todo o material necesario e EPIS que garanta a súa protección.
 
Agardamos que estas medidas sexan postas en funcionamento na maior brevidade posíbel.
 
Compostela, 23 de marzo de 2020.
 
Asdo:  Mª Xosé Abuín Álvarez
Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE
 

CIG-Saúde esixe da Sanidade protocolos claros e unificados sobre o uso dos EPIs

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIGSAUDElogo

Compostela, a 21 de marzo de 2020.

Diante da crise sanitaria ocasionada pola pandemia do COVID-19 CIG-Saúde quere manifestar o seguinte:

En primeiro lugar, agradecer o esforzo e o compromiso do conxunto de profesionais da Sanidade Pública e tamén da Sanidade Privada. Nesta crise atopamos unha Sanidade Pública que ten a súa capacidade de reacción limitada polos 11 anos de recortes e privatizacións do Goberno de Núñez Feijóo. Situación xerada por non ter escoitado as/os profesionais e por amosar unha falla de respecto por elas/es.

En segundo lugar, dirixímonos á Consellería de Sanidade, que se quere gañar á confianza da cidadanía na xestión desta crise, para lembrarlle que antes ten que lograr á confianza das traballadoras e traballadores da Sanidade Pública.

A Consellería de Sanidade ten que garantir a dispoñibilidade de Equipos de Protección Individual (EPIs) alí onde haxa un ou unha profesional que os necesite, non se pode manter esta sensación de indispoñibilidade, e moito menos pode haber falta de material.

CIG-Saúde defende o uso racional do material de protección atendendo ás recomendacións científicas, por iso demandamos da Consellería de Sanidade a garantía de que calquera profesional que precise un EPI para atender a un paciente poida acceder a el.

CIG-Saúde lémbralle, reiteradamente, á Consellería de Sanidade, que ten a obriga de protexer as/os profesionais para que estas/es poidan protexer á poboación, isto so se a garante se as e os profesionais dispoñan de EPIs completos para asegurar a súa saúde e manter a garantía asistencial. Non pode haber indispoñibilidade de material.

CIG-Saúde esixe da Consellería de Sanidade que elabore protocolos claros e unificados sobre o uso destes EPIs, baseados no coñecemento científico actual, e que demande, sen descanso, das autoridades competentes a garantía do subministro de material que permita aplicar estes protocolos.

Sr Feijóo, non se poden confundir protocolos de actuación baseados na evidencia científica con normas de restrición por falta de material, de isto sabe moito o persoal da sanidade;  escoite.

CIG-Saúde esixe do SERGAS e do Sr Feijoo que recoñeza que as medidas de conciliación tamén son para o persoal do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

O xoves 12 de marzo publicouse no DOG a Resolución da Consellaría de Presidencia e Administracións Públicas, na que se recolle o protocolo de actuación para o persoal empregado/a público/a da Administración da Xunta de Galiza en relación co coronavirus COVID-19.
Cando Función Pública decreta unha resolución coma esta, aínda que non o recolla expresamente, somos conscientes que estas medidas están dirixidas as/os empregadas/os da Administración Autonómica, das cales o persoal do SERGAS ficamos excluídas/os.

Entre outras medidas recolle as seguintes:
4. Persoal especialmente sensible.
Se nalgún momento as recomendacións sanitarias así o aconsellan, poderanse adoptar medidas para que o persoal especialmente sensible se poida ausentar do posto de traballo, entendendo por este o seguinte:
– Empregados/as públicos/as con patoloxías concorrentes ou enfermidades crónicas.
– Empregadas públicas embarazadas.
– Empregados/as públicos/as con fillo/s ou filla/s menores de idade ou con persoas dependentes.

Fronte a isto o persoal do SERGAS recibimos unha instrución do Xerente do SERGAS nas que só nos comunica, que como xa sabíamos, como persoal dun servizo esencial, de ser necesario aplicaríanse recortes nos nosos dereitos laborais tales como:
• Suspensión de días libres, vacacións, suspensións dos cómputos de xornada e incremento da mesma.

Como sempre, como durante estes 10 anos de recortes, as/os traballadoras/es da Sanidade Pública imos facer todo o posible para que as persoas reciban a mellor asistencia posible, aínda que este goberno siga recortando dereitos e cadro de persoal e nunca se lembre de devolvelos.

Só queríamos subliñar que para esta Consellaría e para o Sr Feijóo non contamos como persoas, xa que na instrución que envían non transmiten ningunha sensibilidade coas necesidades familiares que o persoal do SERGAS poida ter, xa que tamén temos fillas/os e persoas maiores ao noso cargo.

CIG informa

Cursos online mes abril

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CONFIDENCIALIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS NO SECTOR SANITARIO (5ª EDICIÓN)

Todas as categorías

15/04-13/05/2020

https://costalugoformacion.es/gl/curso-ciga/55,c-10

MANEXO DE SITUACIÓNS DE VIOLENCIA EXTERNA EN INSTITUCIÓNS SANITARIAS (7ª EDICIÓN)

Todas as categorías

03/04-29/04/2020

https://costalugoformacion.es/gl/curso-ciga/17,c-10

ATENCIÓN A PACIENTES INMIGRANTES. INTERCULTURALIDADE E SERVIZOS SANITARIOS (2ª EDICIÓN)

Todas as categorías con atención directa a pacientes

02/04-30/04/2020

https://costalugoformacion.es/gl/curso-ciga/76,c-49

HABILIDADES SOCIAIS E DE COMUNICACIÓN COS/AS USUARIOS/AS EN INSTITUCIÓNS SANITARIAS (9ª EDICIÓN)

Todas as categorías

13/04-11/05/2020

https://costalugoformacion.es/gl/curso-ciga/47,c-10

ACTUACIÓNS CON USUARIOS/AS VIOLENTOS/AS E/OU AGRESIVOS/AS

Todas as categorías

09/04-08/05/2020

https://costalugoformacion.es/gl/curso-ciga/75,c-10

 

25€ AFILIADOS/AS

Inscríbete en www.costalugoformacion.es

info@costalugoformacion.es

982 986 656

CIG-SAÚDE esixe do SERGAS a maior transparencia na xestión do proceso do Coronavirus.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

  • Demanda información e formación para todo o persoal do SERGAS, e a dotación necesaria dos EPIs (equipos de protección individual).
  • Tamén esixe do SERGAS o correcto comportamento coas/os profesionais da Sanidade Pública.
O persoal do SERGAS está actuando, tal e como se caracterizou sempre, coa maior profesionalidade, cumprindo as indicacións das/os expertos para manterse en situación de activo e poder dar a asistencia que se requira.
Como o resto de persoas, xa hai traballadoras/es en illamento preventivo, polo tanto en situación de incapacidade laboral.
CIG-SAÚDE esiximos que esta incapacidade laboral teña a consideración de continxencia profesional a todos os efectos, dende o inicio do período de observación.
Esiximos que naquelas/es traballadoras/es que resulten infectadas/os, a situación de incapacidade teña a consideración de enfermidade profesional.
Así o comunicou a Directora de RRHH na reunión do Comité Central de Seguridade e Saúde do día de hoxe.
CIG-SAÚDE esiximos do SERGAS que todo o persoal afectado, perciba íntegras as súas retribucións. Estamos a falar das retribucións correspondentes á atención continuada: noites, domingos, festivos e gardas, que só se perciben se hai unha prestación efectiva das mesmas.
O persoal contratado que estea en illamento, e que cese no contrato, deberá ter a consideración de situación en activo, a todos os seus efectos: cómputo de servizos prestados.
Estes dúas cuestións serán abordadas na próxima Mesa Sectorial de Sanidade.
Agardamos que o SERGAS e a Consellaría de Sanidade, recoñezan o esforzo das/os profesionais, faciliten o seu traballo e non penalicen as situacións de incapacidade laboral.

O SERGAS ten secuestrado o traballo dos 250 expertos dos grupos de traballo de atención primaria

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

CIG-Saúde exixe a súa inmediata remisión ás organizacións integrantes do Consello Técnico

A CIG-SAÚDE vén de demandar que, de inmediato, o SERGAS envíe a todas as organizacións que integran o Consello Técnico de Atención Primaria, as conclusións dos grupos de traballo, compostos por 250 profesionais da atención primaria, que levan debatendo en distintas  comisións desde o ano  2019 a situación.

A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, lembra que tras da convocatoria de  folga do 8 de abril de 2019, creouse o Consello Técnico de Atención Primaria. “Deste Consello naceron 15 comisións de traballo, nas que de forma altruísta, e  motivadas/os  pola defensa da Atención Primaria Galega, 250 profesionais da sanidade pública traballan en distintas comisións para analizar e presentar propostas de mellora de cara a deseñar un Plan de Atención Primaria que dea respostas ás necesidades asistenciais e laborais. É dicir para que, desde a atención primaria, se dea unha resposta asistencial axeitada as necesidade da poboación e baseada na evidencia científica”.

 A derradeira reunión do Consello Técnico de Atención primaria, celebrouse o día 12 de decembro de 2019, e desde aquela data non se volveu recibir ningunha documentación das comisións de traballo.

Para Abuín “é lamentable, que o SERGAS se apresurase a publicar as conclusións do grupo de traballo dos 11 expertos que eles contrataron, mentres ten secuestrado o traballo das comisións de expertos da Atención Primaria Galega”.

Por iso a CIG-Saúde exixe do SERGAS que publique de inmediato as conclusións de traballo dos grupos de: matronas;  fisioterapeutas; enfermaría; medicas e médicos de familia; coordinación entre niveis de atención primaria e hospital; farmacéuticas e farmacéuticos; promoción, prevención e intervención comunitaria e análises demográfico, entre outros.

Silenciar a voz das e dos profesionais

“Se o SERGAS intenta  silenciar a voz das/os profesionais, non publicando as conclusións destas/es expertos, o que está a pór de manifesto é que nunca tivo interese en facer un Plan  de Atención Primaria en consenso cos profesionais”, denuncia a secretaria nacional.

CIG- SAÚDE reitera a súa petición de que se publiquen de inmediato as conclusións dos grupos de expertos,  e que se convoque unha reunión do Consello Técnico de Atención Primaria para analizar as proposta e por prazos de execución das mesmas.

Lémbralle ao SERGAS que o que se disolveu foi o Parlamento, mais que a Administración ten que seguir funcionando e “non pode estar ao servizo dos interese políticos do partido do goberno”.

Nese sentido María Xosé Abuín conclúe que “a sanidade galega, a atención primaria e a poboación non poden seguir soportando a neglixencia do SERGAS”.

CIG informa pdf

 
 
 
 
 
 
  • Ferramentas

  • Contratacións

  • Expedient-e

  • Lexislación

  • Ligazóns

  • Boletíns Oficiais

  • TOP ARTIGOS

  • App Móbil

  • Afíliate

           

Se tés un móbil ou tableta con Android, agora tés outro xeito de estares ao día nas noticias da CIG-SAÚDE.

Só tés que entrar no Google Play, poñer no buscador “cig-saude” e instalar a aplicación gratuíta que recolle as novas publicadas.

Recibirás un aviso na barra de alertas do teu aparello cada vez que se publique unha nova información nas webs da CIG-SAÚDE.


Podes ver a descrición da app e descargala premendo aquí.


Desde a CIG-Saúde queremos agradecer a Miguel Carrillo o desenvolvemento e distribución desta aplicación gratuíta.

     

ImaxeCampanhaAfiliacionCIG.preview

A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. 

afiliate

 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto