Publicacións plantilla de respostas definitivas e lista provisional de puntuación da fase de oposición da categoría de celador/a

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e das puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador/a, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Publícase o modelo definitivo de respostas das quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral así como as puntuacións provisionais obtidas polos/as aspirantes nesta fase de oposición.

As persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles (do 10 ao 16 de maio de 2019) seguintes á súa publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

Publicación listas provisionais contratacións lei 17/1989

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais en postos de traballo de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).

  1. Clase de inspector/a médico/a.
  2. Clase de inspector/a farmacéutico/a.
  3. Clase de farmacéutico/a inspector/a de saúde pública.
  4. Lista xeral de licenciado/a sanitario/a: licenciado/a en Medicina e Cirurxía, licenciado/a en Farmacia, licenciado/a en Ciencias Químicas, licenciado/a en Ciencias Biolóxicas, licenciado/a en Psicoloxía.
  5. Clase de subinspector/a sanitario/a.
  6. Clase de ATS/DUE

Prazo de reclamacións: DEZ días hábiles ( do 7 de maio ao 21 de maio de 2019).

Publicación data e lugar da realización do exame da fase de oposición da categoría de enfermeira/o.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2019 pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado mediante a Resolución do 1 de marzo de 2018. 

Data: 12 de maio de 2019.
Hora: 15.30 horas.
Lugar: Recinto da Feira Internacional de Galicia, avenida Recinto Feiral, s/n, Silleda (Pontevedra).

O Servizo Galego de Saúde permitirá ás mulleres embarazadas ou que desen a luz, e por estes motivos estean ingresadas no mesmo día do exame, realizar os distintos exercicios da fase de oposición derivados deste proceso selectivo.

As opositoras xestantes deberán por en coñecemento da Dirección Xeral de Recursos Humanos, cunha antelación mínima de 72 horas á data de realización do exame, a situación de embarazo e a súa vontade de realizar a proba no centro sanitario para o suposto de estar ingresadas na data da súa realización.

Unicamente serán atendidas as solicitudes de desprazamento a centro sanitario pola causa exposta que consten debidamente xustificadas na Dirección Xeral de Recursos Humanos cunha antelación mínima de cinco horas á publicada no Diario Oficial de Galicia como hora de inicio das probas.
Para os efectos desta base, só se admitirá como medio válido de comunicación o seguinte enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es

Curso online baremable.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Inscríbete en https://costalugoformacion.com/cursos-saude

Prezos especiais para afiliados/as

20190424 VIOLENCIA DE XÉNERO SANITARIO

Previsións OPE SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

logo cigsaude informa pequeno

Publicación no mes de maio das convocatorias de OPE de:

  • médico/a de familia,
  • pediatra de AP,
  • odontólogo/a de AP,
  • matrón/a,
  • fisioterapeuta,
  • TCAE
  • enfermerío/a especialista de familiar e comunitaria,
  • enfermeiro/a especialista de pediatría,
  • enfermeiro/a especialista do traballo,
  • enfermeiro/a especialista de saúde mental.

Previsión da realización de exames de OPE:

  • Finais de novembro- primeiros de decembro:
    • matrón/a,
    • fisioterapeuta
    • enfermeiro/a especialista de saúde mental,
    • enfermeiro/a especialista de pediatría,
    • enfermeiro/a especialista do traballo 
    • enfermeiro/a especialista de familiar e comunitaria.
  • 1° trimestre 2020:
    • médico/a de familia,
    • pediatra de AP,
    • PSX,
    • TCAE
    • odontólogo/a de AP.

Publicacións OPEs en curso:
- 1° quincena maio: plantilla definitiva e puntuación provisional da fase de oposición na categoría de celador/a.
- Maio: puntuación provisional da fase de concurso das categorías de:

  • médico/a de familia,
  • enxeñeiro/a técnico,
  • técnico/a superior en documentación sanitaria,
  • grupo técnico da función administrativa,
  • grupo xestión da función administrativa.

As tomas de posesión non serán antes do verán.

 
 
 
 
 
 
  • Ferramentas

  • Contratacións

  • Expedient-e

  • Lexislación

  • Ligazóns

  • Boletíns Oficiais

  • TOP ARTIGOS

  • App Móbil

  • Afíliate

           

Se tés un móbil ou tableta con Android, agora tés outro xeito de estares ao día nas noticias da CIG-SAÚDE.

Só tés que entrar no Google Play, poñer no buscador “cig-saude” e instalar a aplicación gratuíta que recolle as novas publicadas.

Recibirás un aviso na barra de alertas do teu aparello cada vez que se publique unha nova información nas webs da CIG-SAÚDE.


Podes ver a descrición da app e descargala premendo aquí.


Desde a CIG-Saúde queremos agradecer a Miguel Carrillo o desenvolvemento e distribución desta aplicación gratuíta.

     

ImaxeCampanhaAfiliacionCIG.preview

A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. 

afiliate

 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto