CIG-SAÚDE REXEITA O “PIN INFORMATIVO” QUE QUERE IMPOR O PP NA SANIDADE PÚBLICA.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

A Consellaría de Sanidade inicia a campaña electoral do Partido Popular remitindo aos centros sanitarios unha instrución que limita o dereito á información sobre o que acontece na sanidade pública.

É lamentable que a maior preocupación da Consellaría de Sanidade sexa, como recolle a instrución emitida, que os carteis que se publiquen informando da situación da sanidade poidan favorecer a determinadas formacións políticas que non sexan o Partido Popular.

Da censura que pretenden impor nos centros públicos quedan excluídas todas as organizacións que fagan campaña a favor do Partido Popular e da súa ideoloxía. Así como toda a publicidade que defenda os beneficios da sanidade privada.

Desde CIG-SAÚDE lembrámoslle á Consellaría de Sanidade, que como Administración Pública o seu traballo é ofrecer unha sanidade pública de calidade, que iguale e protexa a todas as persoas fronte a enfermidade. Que permita que as/os profesionais poidan exercer o seu traballo en condicións dignas e que remate dunha vez coa precariedade laboral.

Desde CIG-SAÚDE seguiremos informando e denunciando a política sanitaria do PP que só provoca un incremento do sufrimento das persoas. Isto non é denigrar nin ao noso sistema sanitario nin as/os profesionais que o poñen en valor todos os días co seu traballo.

O Partido Popular, intencionadamente, utiliza as denuncias contra a súa política sanitaria, como se as devanditas denuncias foran contra as/os profesionais, cando o único que desprestixia o traballo destas/es, son as medidas que implementan.

Reiteramos, Srs do PARTIDO POPULAR e da CONSELLARÍA DE SANIDADE, non nos van a amordazar, non imos deixar de informar, denunciar e reclamar os dereitos das persoas a ter unha sanidade pública, de calidade e universal, sen precariedade laboral.

SOALLES ISTO?

cara de sustoJoseph Goebbels, tomou o control de todas as formas de comunicación. Os puntos de vista que dalgún modo ameazaban as crenzas nazis ou ao seu réxime eran censurados ou eliminados de todos os medios.

Acordos de mellora do pacto de FEAs

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Hoxe publícanse no DOG os acordos da Comisión central de seguimento do pacto de contratacións.

  • Melloras na aplicación do Pacto  sobre a selección de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria.

Melloras de vinculación.

Réxime de penalizacións.

  • Inclusión na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría da área especial de críticos.

Cando se publiquen as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as do proceso de actualización de listas, abrirase un prazo para que os/as aspirantes interesados se inscriban en dita área especial.

CIG-SAÚDE manifesta a súa desconformidade coa aplicación que o SERGAS está a facer dos acordos recollidos na ACTA DE FIN DE FOLGA DOS PACs, de data 17/07/2019.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Entendemos que a Administración, coas prazas que vai dotar no orzamento do ano 2020, non está a cumprir o recollido nos puntos 4 e 5 da ACTA do devandito acordo.

ACTA DE ACORDOS:

Punto 4.- Dotación de Persoal
A administración, previa revisión dos plan funcionais, atendendo a diferentes parámetros crearaá as prazas necesarias para poder realizar unha adecuada asistencia de calidade nos PACs.

Punto 5.- Equipos Completos
Estudo no ano en curso para solventar o déficit de persoal de enfermaría, priorizando inicialmente aqueles PACs onde exista un único efectivo de enfermeira.

Este é o incremento de persoal que vai facer o SERGAS en aplicación dos dous puntos anteriores. Que nalgunha área sanitaria non cubre as necesidades de persoal recoñecidas polas propias xerencias.
Estas prazas están incluídas nos orzamentos 2020, polo que a autorización de cobertura producirase a partires do 1 de xaneiro de 2020.

Creación de novas prazas nos PACs:   7 médicos/as, 16 enfermeiros/as

Xerencia

Médicos/as

Enfermeiros/as

Coruña

2

2

Santiago

1

1

Lugo

1

2

Ourense

1

3

Vigo

1

2

Pontevedra

1

3

Ferrol

 

3

Indemnización por manutención.

Desde CIG-SAÚDE tamén esiximos o cumprimento deste punto, na acta de acordos recóllese abonar dúas dietas de manutención na contía do acordo 2008/12. Acordo incumprido polo SERGAS, nomeadamente na xerencia de Ourense. O SERGAS quedou en volver pensalo e darnos unha resposta.

Uniformidade.

O SERGAS vai facer entrega no mes de xaneiro de dous equipos de protección individual a cada traballador/a de PACs, cunha ficha técnica que recolle as características do equipo.

Unha vez clarificado no debate a diferencia entre un uniforme e un equipo de protección individual, e tendo manifestado o persoal de PACs que o uniforme non se adapta ás condicións da prestación de traballo que realizan, desde CIG-SAÚDE solicitamos que desde a dirección xeral de asistencia sanitaria se faga un estudo para a correcta dotación dos uniformes nos PACs.

CIG-SAÚDE demanda que as acordos son para cumprilos co compromiso co que foron acadados, e non para facer interpretacións restritivas na súa aplicación.

Información da Comisión central de contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

  1. Información xeral do pacto.

Listas provisionais de admitidos/excluídos e provisionais de baremación de FEAs: principios de febreiro. Habilitarase o FIDES durante os 10 días do prazo de reclamacións para que poidan modificar os distritos preferentes.

Listas provisionais de TCAE: en febreiro está prevista a publicación das listas provisionais. Habilitarase no FIDES durante os 10 días do prazo de reclamacións a posibilidade de que se poidan inscribir na área especial de UCI.

 

  1. Procedemento de selección de FEAS: Melloras de aplicación.

Nos entregan outra proposta na que engaden a nosa alegación sobre o contrato de gardas, de tal maneira que calquera contrato se considera mellora con respecto a un contrato de gardas, e onde a aceptación dun contrato de curta duración é voluntaria.

Insistimos na alegación de CIG-SAÚDE en que no caso de estar vinculado nun distrito non preferente, que se poida renunciar a un vínculo de longa duración nun distrito preferente quedando como indispoñible nese distrito, pero, seguindo como dispoñible nos demais distritos preferentes. Para CIG é moito mais garantista para o profesional.

A Administración non quixo incluír mais excepcións. Publicarase o acordo no DOG e no mes de febreiro coas listas provisionais, o persoal aspirante poderá modificar os distritos preferentes.

Acta de acordo.

 

  1. Listas de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria.

Dende a Administración están a traballar nunha proposta sobre este tema en dous aspectos:

-          Flexibilizar a xestión dos chamamentos ben a través da posibilidade de poder renunciar a vínculos de atención hospitalaria, ou a través dunha suspensión de chamamentos parcial en atención hospitalaria.

-          Valorar que tipo de nomeamentos se cubrirían coa especialidade.

Farán unha rolda coas OOSS por separado a partir do 15 de xaneiro para coñecer as valoracións e propostas de cada organización, coa finalidade de posteriormente levar unha proposta á mesa para a súa aprobación.

CIG esiximos unha solución a este tema no mes de xaneiro do 2020.

 

Compostela, a 20 de decembro de 2019.

UNHA VEZ MAIS O SERGAS VENDENDO FUME

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

O pasado venres 13 de decembro, o SERGAS anunciou en todos os medios que se aprobara na Mesa Sectorial de Sanidade unha oferta de emprego para a incorporación de 1057 novas prazas.

Que non te enganen, esas prazas son as prazas vacantes que xa se ofertaron nas ofertas de emprego dos anos 2018 e 2019.

O que se aprobou na Mesa Sectorial do día 13 de decembro foi a convocatoria do proceso selectivo das prazas do seguinte cadro.

CATEGORÍAS

PRAZAS QUE SE VAN CONVOCAR

OFERTAS DE EMPREGO

2018

2019

FEAS (39 especialidades)

416 prazas

331

85

MUH

69 prazas

65

4

MÉDICO/A ASISTENCIAL 061

3 prazas

3

 

MÉDICO/A ADMISIÓN

2 prazas

2

 

LOGOPEDA

4 prazas

4

 

TERAPEUTA OCUPACIONAL

5 prazas

5

 

TER

63 prazas

38

25

TEL

104 prazas

79

25

TEAP

41 prazas

25

16

TÉCNICO/A RADIOTERAPIA

11 prazas

8

3

HIXIENISTA DENTAL

10 prazas

10

 

TÉCNICO/A FARMACIA

76 prazas

51

25

COCIÑEIRO/A

24 prazas

 

16

PINCHE

229 prazas

159

70

Non é unha nova oferta de emprego

Que non te vendan esas prazas tres veces

Hai que eliminar a taxa de reposición

Hai que consolidar as prazas cubertas durante anos con contratos precarios

Pola creación de emprego estable e de calidade

Non á precariedade laboral

A CIG-Saúde traslada o seu apoio á loita en defensa dos servizos públicos no hospital de Verín

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIGSAUDElogo

Amosa o seu rexeitamento ás políticas sanitarias do PP “que vulneran os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres”

A federación de Saúde da CIG trasladou hoxe publicamente o seu apoio ás mulleres que están a defender os servizos públicos do hospital de Verín “para ter dereito a unha asistencia sanitaria pública de calidade e de proximidade”. Dende a central rexeitan o peche do servizo de maternidade hospitalaria e denuncian as políticas sanitarias do PP “que vulneran os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres”.

Na CIG-Saúde entenden que ningunha persoa pode ser penalizada no acceso á sanidade pública polo seu lugar de residencia, ao tempo que esixen que os orzamentos sanitarios vaian dirixidos a dar cobertura integral ao programa da muller. Neste senso, inciden en que a falta de profesionais non pode ser unha escusa para desmantelar a sanidade pública. “Se non hai profesionais é responsabilidade dos xestores sanitarios, nomeadamente do actual xerente da área sanitaria de Ourense, que durante a súa etapa de director xeral de Asistencia Sanitaria dedicouse a amortizar prazas de profesionais”.

Por todo isto, dende a CIG-Saúde fan un chamamento a todas as mulleres a participar nas mobilizacións convocadas para este mércores día 4 de decembro. “Os recortes sanitarios nas prestacións que afectan ás mulleres son unha agresión a todas, e todas debemos respostar contundentemente contra elas”.

Compostela, 4 de decembro de 2019.

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria nacional de CIG-SAÚDE.

 
 
 
 
 
 
  • Ferramentas

  • Contratacións

  • Expedient-e

  • Lexislación

  • Ligazóns

  • Boletíns Oficiais

  • TOP ARTIGOS

  • App Móbil

  • Afíliate

           

Se tés un móbil ou tableta con Android, agora tés outro xeito de estares ao día nas noticias da CIG-SAÚDE.

Só tés que entrar no Google Play, poñer no buscador “cig-saude” e instalar a aplicación gratuíta que recolle as novas publicadas.

Recibirás un aviso na barra de alertas do teu aparello cada vez que se publique unha nova información nas webs da CIG-SAÚDE.


Podes ver a descrición da app e descargala premendo aquí.


Desde a CIG-Saúde queremos agradecer a Miguel Carrillo o desenvolvemento e distribución desta aplicación gratuíta.

     

ImaxeCampanhaAfiliacionCIG.preview

A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. 

afiliate

 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto