CURSOS CELGA DE GALEGO

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

 

No DOG do 11 de xaneiro publicase a oferta de cursos CELGA de galego que organiza Política Lingüistica.

 

banner-decreto

 

Publicación DOG

OPE SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

No día de hoxe na páxina web do Sergas publicanse:

  • Notas provisionais dos exercicios da fase de oposición das categorías que se examinaron en outubro/novembro.
  • Plantillas definitivas dos exames.

Tamén se publica en DOG e na web do Sergas a Resolución que publica os acordos dos tribuanis de facultativos especialistas relativos á fase de concurso, coa excepción das seguintes categorías: análisis clínicas, aparello dixestivo, cirurxía xeral e aparello dixestivo, farmacia hospitalaria, medicina física e rehabilitadora, médico familia, microbioloxía e parasitoloxía, nefroloxía, odontoloxía, psiquiatría e xeriatría.( prazo para reclamacións ata o 23 de xaneiro de 2010 inclusive )

NOVAS SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

TRASLADOS FACULTATIVOS ESPECIALISTAS

 

Logo da xuntanza celebrada co Sergas o día 23 ao respecto das prazas ofertadas á traslados, e manifestado o noso rexeite as mesmas, por mor de que se NON se ofertan á traslados prazas que si que se ofertarón á oposición, o Sergas notifica que van a efectuar unha REVISIÓN das mesmas e que antes da sua publicación haberá unha nova xuntanza, previsiblemente logo das festas, na segunda semana de xaneiro. O que supón que a publicación da Resolución dos traslados de facultativos especialistas demórase polo menos hasta a segunda quincena de xaneiro.

 

LISTADOS RESTO CATEGORÍAS

 

Según nos informa o Sergas a publicación das PLANTILLA DEFINITIVAS e das LISTAXES PROVISORIAS, realizarase no DOG, previsiblemente os días 30 ou 31 de decembro. 

TRASLADOS FACULTATIVOS HOSPITAIS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O vindeiro martes día 23 de decembro vaise celebrar unha Mesa Sectorial, para tratar o Concurso de Traslados do persoal facultativos de hospitais. O Sergas achegounos un borrador da Resolución xunto con un cadro coa oferta de prazas.

 

Borrador Resolución 

 

Cadro Prazas

 

LISTAS CONTRATACIONS SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Según nos informa hoxe o Sergas:

A publicación das listaxes de contratación para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde das categorías de:

  • Medico de familia
  • Pediatra
  • Médico urxencias hospitalarias
  • Odontólogo
  • Persoal de enfermaría - DUE
  • Matrona
  • Auxiliar de enfermaría
  • Cociñeiro

está prevista para mañan venres día 18 de decembro de 2009. O prazo de reclamación ás citadas listaxes incrementase a 20 días hábiles por mor das datas coincidentes co Nadal.

Valoración da folga

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIG-SAÚDE valora positivamente a participación das/os traballadoras/es na folga convocada no día 16 de decembro de 2009.  A  participación nesta folga pódese cifrar en que foi secundada por máis do 80% do persoal do SERGAS; asemade, os motivos que levaron á convocatoria de FOLGA son compartidos polo 100% das/os traballadoras/es.

           

Non imos entrar nunha guerra de cifras cos datos que facilita a Admón, pero si queremos subliñar que o SERGAS tentou minimizar a participación na folga declarando uns servizos mínimos abusivos; nalgún caso  os servizos mínimos decretados foron superiores ao número de traballadoras/es que compoñen o cadro de persoal; é curioso que se reforcen os cadros de persoal  un día de folga, ou que se contabilicen as peonadas como actividade ordinaria. Os servizos mínimos foron do 100% ou superiores.

 

Para a CIG-Saúde están atinxidos os obxectivos de denuncia que motivaron a convocatoria de folga;  as/os traballadoras/es rexeitaron a política de desprestixio que esta Admón pretende facer da sanidade pública e dos seus profesionais. Reiteramos da Admón o cumprimento íntegro dos acordos asinados.

           

Desde a CIG-Saúde non nos conformamos con que o SERGAS diga que vai  publicar un novo calendario de aplicación dos acordos retributivos; que vai suceder co resto de temas pendentes?:

  1.       Quen nos vai devolver as retribucións, que por dereito nos pertencen e que deixamos de percibir ?
  2.       Que pasa co Plano Mellora e co Plano de Saúde Mental: Solicitamos a cobertura total das prazas  de nova creación que contiñan os devanditos planos ?
  3.       Que pasa coas melloras  asistencias que conteñen os ditos planos e que agora esta Admón pretende facer desaparecer como se nunca existiran ?
  4.       Que pasa co recorte orzamentario e coa privatización da sanidade publica?

 

Desde CIG-SAÚDE, co apoio das/os traballadoras/e e o apoio da poboación, seguiremos loitando para recuperar o que esta Admón pretende facer desaparecer, non pararemos  até conseguir manter a sanidade pública que por dereito nos corresponde.

 

Desde CIG-SAÚDE darlle as grazas a todos e a todas as traballadoras que secundaron esta xornada de folga. Lamentamos enormemento o incidente acaecido en Ferrol onde unha traballadora que se estaba a manifestar foi atropelada intencionadamente por un conductor. Estánse a tomar todas as medidas legais pertinentes.

 

RESPECTO AOS ACORDOS ASINADOS

TEMOS DIGNIDADE

 

Mércores 16, folga na sanidade

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
 
 
MÉRCORES 16, FOLGA NA SANIDADE
 

 

PARTICIPA
XÓGASTE MOITO, XOGÁMONOS MOITO
 

 

OS ACORDOS HAI QUE RESPECTALOS
TEMOS DIGNIDADE
 



 



 
 
 
 
 
 
  • Ferramentas

  • Contratacións

  • Expedient-e

  • Lexislación

  • Ligazóns

  • Boletíns Oficiais

  • TOP ARTIGOS

  • App Móbil

  • Afíliate

           

Se tés un móbil ou tableta con Android, agora tés outro xeito de estares ao día nas noticias da CIG-SAÚDE.

Só tés que entrar no Google Play, poñer no buscador “cig-saude” e instalar a aplicación gratuíta que recolle as novas publicadas.

Recibirás un aviso na barra de alertas do teu aparello cada vez que se publique unha nova información nas webs da CIG-SAÚDE.


Podes ver a descrición da app e descargala premendo aquí.


Desde a CIG-Saúde queremos agradecer a Miguel Carrillo o desenvolvemento e distribución desta aplicación gratuíta.

     

ImaxeCampanhaAfiliacionCIG.preview

A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. 

afiliate

 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto