CIG Saúde solicita o mantemento da Central de Chamadas de Atención Primaria

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A Consellería de Sanidade da un paso máis na sua intención de eliminar moitos dos aspectos recollidos no plan mellora de atención primaria. Desta volta tócalle á central de chamadas. Lembrar que a central de chamadas foi unha iniciativa sindical de CIG-Saúde, dirixida a mellorar a calidade da cita previa na atención primaria.

 

A posición de CIG-Saúde sobre as centrais de chamadas foi clara dende o principio nas discusións nos grupos de traballo do plan de mellora: "Defendemos a creación de centrais de chamadas para que permitiran descargar unha parte das citas telefónicas das áreas administrativas dos servizos e unidades de atención primaria, para que o persoal desta área poidese desenvolver as novas tarefas administrativas que foran xurdindo; sempre con persoal estatutario integrado no SERGAS, e coa gratuidade da chamada telefónica".

 

Coa volta atrás da Central de Chamadas, este persoal volve a ter as tarefas anteriores á creación da central máis as novas tarefas engadidas a posteriori. CIG-Saúde solicita da consellería de sanidade o mantemento da central de chamadas, xa que a medida adoptada só vai bloquear a cita previa na atención primaria.

 

 CIG-Saúde defende unha Central de Chamadas pública e con persoal estatutario

 

Descarga, imprime e reparte no teu centro de traballo

 


Comunicado de Prensa ao respecto da non presenza d@s delegad@s da CIG Saúde na "Escola de participación cidadán"

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

COMUNICADO DE PRENSA

 

            As/os delegadas/os de CIG-SAÚDE  non acudirán ao acto convocado no día de hoxe pola Conselleira de Sanidade:” Escola de participación cidadán”; por entender que a Consellaría de  Sanidade adícase en exclusiva a facer actos con carácter propagandístico e de baixa efectividade.

 

            Desde   a toma de posesión desta conselleira vimos  denunciando o ninguneo absoluto que exerce a Consellaría sobre a representación sindical e os órganos de negociación. A práctica habitual deste consellaría é non negociar os temas na Mesa Sectorial e con total obscurantismo publica no DOG as medidas que por Lei deberían pasar previamente pola Mesa Sectorial.

 

            A parálises que sufriu a  Mesa Sectorial neste ano de goberno, non é parangonable con ningunha outra época; nin cós 16 anos do anterior goberno do PP. Son múltiples os temas que temos pendentes de negociar, creando un clima de crispación laboral onde amosan, cada dia máis, a súa incapacidade para o diálogo social  e para o diálogo cas/os traballadoras/es.

 

            Entre os numerosos temas que temos pendentes de negociar e os que publicaron, sen previa comunicación, cabe subliñar entre outros:

           

            .- Suspensión dos acordos asinados na Mesa Sectorial.

            .- Suspensión do Plano de Mellora da Atención Primaria e do Plano de Saúde Mental.

            .- Colexiación Obrigatoria.

            .- Privatización da Sanidade.

            .- Negativa a Negociar a Carreira Ordinaria.

            .- Diminución dos cadros de Persoal e do nº de contratos.

            .- Selección definitiva.

 

            Desde CIG-SAÚDE seguiremos reivindicando que esta Admón cumpra a lexislación vixente en materia de representación sindical.

 

            Compostela, 2 de marzo de 2010.

 

            Asdo:  Mª Xosé Abuín Álvarez.

                        Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

 


Suspensión da folga de 3 horas en Vigo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

SUSPENSIÓN DO PARO DO MÉRCORES 3 DE MARZO NA ÁREA DE VIGO

 

Ante  a desautorización por parte do SERGAS do paro de tres horas previsto para o martes 3 de marzo na Área de Vigo, a Comisión de Centro decidiu suspender dito paro e convocar a toda a sanidade pública da Área de Vigo á folga do día 25 de marzo.

 

Así mesmo acordouse realizar unha cadea humana ao redor do hospital Xeral o mércores 3 de marzo ás 20h provistos de velas ou outros obxectos luminosos.

 

O novo calendario de mobilizacións en contra da privatización da Sanidade Pública é o seguinte: 

 

Data Acto Lugar Hora
1 de marzo Asembleas Rebullón, Nicolás Peña, Cíes, Coia, A Doblada. 11:00
2 de marzo Asemblea H. Xeral 11:00
2 de marzo Asemblea H. Meixoeiro 14:00
3 de marzo Cadea humana H. Xeral 20:00
9 de marzo Concentración H. Xeral 11:00
11 de marzo Concentración H. Meixoeiro 11:00
16 de marzo Peche 24h H. Xeral

11:00

25 de marzo FOLGA  24h Hospitalaria e Primaria 00:00 a 24
25 de marzo MANIFESTACIÓN Cruce Vía Norte-Urzaiz 20:00

 

NON Á PRIVATIZACIÓN DO NOVO HOSPITAL

 

PARTICIPA NAS MOBILIZACIÓNS, XÓGASTE MOITO, XOGÁMONOS MOITO

 

 DEFENDAMOS A SANIDADE PÚBLICA

 


Perto de 6.000 persoas, a maioría traballadores/as da sanidade, maniféstanse en Vigo contra a privatización da sanidade pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
vigo24022010Pouco despois das oito da tarde foi cando a chuvia deu unha tregua e a manifestación convocada pola Xunta de Persoal do Chuvi podia comezar a súa mobilización. Despois dunha xornada de folga na que conseguiron paralizar a actividade ordinaria dos hospitais do Chuvi, saían ás rúas da cidade olívica para demandar unha sanidade pública e que non se privatice o novo hospital de Vigo.

A CIG-Saúde de Vigo cualifica de "éxito" a manifestación celebrada o día 24 de febreiro ás 20h que saíu diante do Hospital Xeral e coa participación de perto de 6000 persoas, principalmente traballadoras e traballadores do sector da sanidade. A pesar do mal tempo, que puido restar algo de afluencia á manifestación, durante o percorrido a chuvia fixo unha pausa e permitiu completar todo o traxecto.

 

Gran manifestación o 25 de marzo

A gran participación desta manifestación demostra que a loita vai seguir cos ánimos reforzados con vistas ás próximas citas. "Este acto foi a punta de lanza con vistas á gran manifestación que se celebrará o 25 de marzo e onde os esforzos volcaranse en mobilizar a toda a cidadanía viguesa para mostrarlle ao goberno do PP que a sanidade pública en Vigo non está en venta e que as viguesas e vigueses merecemos uns servizos sanitarios públicos de primeira calidade, sen hipotecar nin mercantilizar os recursos tanto materiais como humanos da sanidade pública viguesa", engaden desde a central sindical nacionalista.

 

Necesidade de concienciar á xente

María Xosé Abuin, secretaria nacional da CIG-Saúde, tamén participou desta mobilización, asi como outros compañeiros da federación doutras comarcas. Abuin manifestou que "a CIG está realizando un moi importante traballo en contra da privatización da sanidade, tamén de cara á cidadania, e non só de cara ao persoal sanitario, para dar a coñecer o que significa esta privatización, que é unha das privatizacións máis agresivas das que se pode facer na sanidade pública, e polo tanto, a xente ten que tomar conciencia de que canto máis se privatice a sanidade pior é para a xente que teña menos recursos, porque a intención deste goberno é limitar as prestacións para que a xente acuda á sanidade privada. Por iso é tan importante esta mobilización".

 

Percorrido polas principais rúas do centro

A manifestación, que partiu do Hospital Xeral, pasou polas principais rúas do centro de Vigo (Gran VIa, Urzáiz, Colón...) até rematar na Praza da Estrela, fronte o edificio da delegación da Xunta en Vigo, e foron constantes os berros contra a privatización, e contra as políticas privatizadoras que se pretenden executar desde a Consellaria de Sanidade.

 

Valoración positiva

Manuel González Moreira, da CIG-Saúde de Vigo, interviña ao remate desta mobilización e comparecía tamén diante dos medios de comunicación para amosar a súa satisfacción polo resultado tanto da folga de 24 horas no Chuvi como a mobilización. "Dado a climatoloxía que teñamos e o tipo de convocatoria, moi enfocada ao persoal da sanidade, consideramos que foi todo un éxito. Demostra que a maioría dos traballadores e traballadoras do Chuvi estaban aquí, e tamén unha parte da cidadanía", salientou González. 

"Agardamos que a gran manifestación da cidadania sexa o dia 25 de marzo", subliñou, e sobre o transcurso da folga de 24 horas destacou que "se paralizou a actividade ordinaria do hospital, e demostramos unha vez máis que os traballadores e traballadoras da Sanidade non queremos un hospital novo privatizado".

 

Presentación de alegacións o venres 

O venres 26 de febreiro presentarán alegacións ao estudo de viabilidade económica a partir das 11 da mañá na Dirección Provincial do Sergas, xa que "consideramos que é incompleto e non demostra que se teña que facer a privatización dese xeito , porque a viabilidade económica non xustifica facer a construción do mesmo con financiación privada, e por iso imos presentar alegacións para demostrarlle a esta administración que este método hai que cambialo, que se pode financiar públicamente, cumprindo a legalidade europea e sen privatizar o hospital", rematou. 

 

Noticia extraída de Avantar

 


Manifesto contra a Privatización da Sanidade Pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
CONTRA Á POLÍTICA PRIVATIZADORA QUE PROMOVE A XUNTA DO P.P. E EN APOIO DAS MOBILIZACIÓNS DAS/OS TRABALLADORAS/ES E DAS PLATAFORMAS CIDADÁNS QUE DEFENDEN A SANIDADE PÚBLICA.

Resolución do Consello Nacional de CIG-Saúde do 22 de febreiro de 2010.

A chegada do PP á Xunta de Galiza despois das últimas eleccións, está tendo como consecuencia unha forte ofensiva contra a sanidade pública e a prol da privatizacións da construción das infraestruturas sanitarias e da xestión privada da sanidade pública. Nunha estratexia dirixida directamente polo Presidente da Xunta e a Conselleira de Sanidade, a ultraconservadora Pilar Farjas, o PP pretende aplicar rancias receitas neoliberais privatizadoras na sanidade pública, que xa teñen demostrado amplamente (no Reino Unido, en Valencia, en Madrid,...) que son ineficaces para solucionar os problemas que teñen que afrontar os sistemas sanitarios públicos, e que teñen nefastas consecuencias de deterioro da calidade da atención prestada as/os usuarias/os e de precarización das condicións laborais das/os traballadoras/es da sanidade pública. Resulta realmente rechamante o feito de que un goberno que, nas eleccións de marzo de 2009, sacou 4.000 votos menos que a oposición, e só unha/un deputada/o máis, actúe de xeito tan sectario e unilateral, sen pretender nin buscar ningún tipo de consenso, nun tema tan delicado e transcendente para o futuro do sistema sanitario público como este.

Os elementos máis evidentes, malia que non os únicos, desta ofensiva conservadora son a decisión de PP de construír os novos hospitais de Vigo e Pontevedra e todos os centros de saúde co modelo denominado “Iniciativa de Financiamento Privado” (PFI), así como de facer responsábel da xestión de toda a tecnoloxía do novo hospital de Lugo a Galaria.
Nesta situación CIG-Saúde:
  • Oponse rotundamente aos intentos de privatizar a sanidade pública galega, e reafirma a súa aposta por unha sanidade pública de calidade, con financiamento e xestión plenamente públicos.
  • Promoverá todas as mobilizacións que sexan precisas para conseguir que esta brutal ofensiva privatizadora que promove o PP fracase. Que é posíbel conseguilo, demóstrao a experiencia de que as mobilizacións dos traballadores e da cidadanía foron o elemento clave para o retorno ao sistema sanitario público das Fundacións Hospitalarias (Cee, Barbanza, Verín,...) e das outras “novas formas de xestión” (INFO, Medtec,...) que no pasado xa tentou poñer en marcha o PP.
  • Apoiará e se integrará en todas as plataformas cidadáns existentes no noso pais que defendan a sanidade pública e se opoñan a súa privatización, como é o caso das plataformas existentes nestes momentos, así como naquelas outras que poidan xurdir con eses mesmos obxectivos.
  • En todos os órganos de representación (xuntas de persoal, comités de centro,...) e en todas as instancias de negociación (mesas sectoriais,...), os representantes de CIG-Saúde xogarán un papel activo defendendo as posicións da CIG e das plataformas cidadáns en defensa da sanidade pública e contra a privatización.
  • Esiximos que as novas infraestruturas sanitarias conteñan unha carteira de servizos que garanta as prestacións sanitarias que por dereito lle corresponden a poboación.
Compostela, 22 de febreiro de 2010.


 
 
 
 
 
 
  • Ferramentas

  • Contratacións

  • Expedient-e

  • Lexislación

  • Ligazóns

  • Boletíns Oficiais

  • TOP ARTIGOS

  • App Móbil

  • Afíliate

           

Se tés un móbil ou tableta con Android, agora tés outro xeito de estares ao día nas noticias da CIG-SAÚDE.

Só tés que entrar no Google Play, poñer no buscador “cig-saude” e instalar a aplicación gratuíta que recolle as novas publicadas.

Recibirás un aviso na barra de alertas do teu aparello cada vez que se publique unha nova información nas webs da CIG-SAÚDE.


Podes ver a descrición da app e descargala premendo aquí.


Desde a CIG-Saúde queremos agradecer a Miguel Carrillo o desenvolvemento e distribución desta aplicación gratuíta.

     

ImaxeCampanhaAfiliacionCIG.preview

A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. 

afiliate

 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto