Impiden á Asociación Galega de Matronas concentrarse en Silleda para denunciar a precariedade laboral

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Querían despregar unha pancarta diante do pavillón que acollía as probas da OPE do Sergas

Un grupo de matronas da Asociación Galega de Matronas (AGAM) tiña previsto concentrarse diante do Recinto da Feira Internacional de Galiza, en Silleda, coincidindo coa fase de exames de oposición convocados polo SERGAS que se celebraba esta fin de semana. A concentración non puido celebrarse porque a propia garda civil –dúas patrullas- comunicoulles que fora denegada. Unha situación diante da que aseguran sentirse “indignadas”.

As matronas non entenden como é posible que a subdelegación do goberno lles denegara o dereito a concentrarse cando o único que pretendían era despregar unha pancarta contra a precariedade laboral que sofre este colectivo.

Desde a Agrupación querían denunciar as condicións laborais de extrema temporalidade á que se vén abocadas as matronas eventuais. Como exemplo poñen o dunha das traballadoras que leva, a esta altura, 11 anos e 31 días no SERGAS e acumula 53 contratos: 16 inferiores a 15 días; 22 de 1 ou 2 días e de 2011 a 2018, contratos por obra e servizo asinados cada 6 meses.

Ou doutra que leva a esta altura 3 anos e 9 meses no SERGAS con 2 anos e 2 meses de tempo efectivo traballado, sumando xa 64 contratos en 8 hospitais diferentes e en 3 provincias distintas: 22 deles de 1 día ou noite e 7 de máis de un mes.

260 contratos en 7 anos

E se a situación destas matronas parece insuperable, aínda é peor a de outra compañeira que tras 7 anos e 9 meses traballando en 2 Comunidades Autónomas, só suma de tempo traballado 4 anos e 5 meses, parte no SERGAS e acumula un total de 260 contratos en 4 hospitais e en 3 zonas de Atención Primaria. Deste enorme número de contratos, 221 foron de 1, 2 e 3 días e 12 contratos de arredor dun mes.

Podes tamén ver a nova en Avantar.

Cursos online mes de marzo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

MARZO 2

 

CONFIDENCIALIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS NO SECTOS SANITARIO. https://costalugoformacion.es/gl/curso-ciga/55,c-10

VIOLENCIA DE XÉNERO. DETECCIÓN E ABORDAXE EN INSTITUCIÓNS SANITARIAS. https://costalugoformacion.es/gl/curso-ciga/15,c-10

IGUALDADE DE XÉNERO E SAÚDE. https://costalugoformacion.es/gl/curso-ciga/77,c-10

FUNCIÓNS DO/A CELADOR/A NA UNIDADE DE COIDADOS INTENSIVOS. https://costalugoformacion.es/gl/curso-ciga/74,c-44

OPERACIÓNS BÁSICAS NA COCIÑA HOSPITALARIA. https://costalugoformacion.es/gl/curso-ciga/80,c-45

FUNCIÓNS DO/A CELADOR EN QUIRÓFANO. https://costalugoformacion.es/gl/curso-ciga/14,c-44

 

Publicación listas provisionais contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Hoxe publicouse en DOG a RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación provisional de admitidos/as e excluídos/ as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario e se inicia o prazo de inscrición na área especial de críticos da categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

  • Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
  • Técnico/a superior en dietética e nutrición
  • Técnico/a superior en documentación sanitaria
  • Técnico/a superior en hixiene bucodental
  • Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico 
  • Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
  • Técnico/a superior en radioterapia
  • Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría 
  • Técnico/a en farmacia
Prazo de reclamacións: 10 días hábiles (do 24 de febreiro ao 9 de marzo de 2020).
 
Na categoría de TCAE, ábrese un prazo de 10 días hábiles para que aquelas persoas que estean interesadas se poidan inscribir na área especial de críticos
 

Máis de 10 anos denunciando a taxa de reposición

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

Despois de 10 anos de denuncias continuadas, realizadas pola CIG-SAÚDE, o PP agora vai solicitar do goberno do estado que elimine a taxa de reposición.

Non o fixo durante os anos no que o PP gobernou en Madrid, non lle importou o dano que estaba a facer á sanidade pública e as/os profesionais que nela traballan.

Ao contrario, durante estes 10 anos aproveitou a situación para eliminar postos de traballo. A Consellaría de Sanidade nos ano 2012/13 publicou dous Planos de Ordenación de RRHH con un único obxectivo: xubilar a todo o persoal que cumpría 65 anos.

No caso do persoal facultativo esta medida ía acompañada dunha diminución das prazas MIR que se convocaron durante estes anos. De aí a falta de pediatras e outras/os profesionais.

Taxa 2020

Máis o PP e a Consellaría de Sanidade seguen instaurados na súa mentira e na súa falta de transparencia, negándose a:

  • Negociar na Mesa Sectorial un Plano de Ordenación de Recursos Humanos que permita identificar as necesidades de persoal nos próximos anos, atendendo ao nº de xubilacións que se van producir.
  • Negociar un sistema identificativo de Prazas que permita coñecer con exactitude o cadro de persoal do SERGAS: persoal fixo, interino ,eventual. Así como a situación das prazas: nº de prazas estruturais cubertas con persoal eventual, necesidade de novas dotacións de prazas.

 

O Conselleiro de Sanidade anuncia que, se o goberno suprime a taxa de reposición, vai convocar no ano 2020 a maior Oferta Pública de Emprego no SERGAS: 3.500 prazas.

https://extranet.sergas.es/OPEWB/OPE/ListadoCategorias.aspx?Edicion=08/09&seccion=0&IdPaxina=60100&idioma=ga

Fállalle a memoria, a maior oferta foi no ano 2008/09. Nesta convocáronse 3.939 prazas, entre outras 602 prazas de médica/o de familia. Unha recomendación, mire a web do SERGAS antes de falar:

Taxa 2020 2

Que non nos mintan!

 

Manifestación SOS Sanidade Pública o 9 de febreiro

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIG-SAÚDE fai un chamamento ao persoal do SERGAS e ao conxunto da cidadanía a participar na manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o domingo 9 de febreiro, ás 12 desde a Alameda de Santiago de Compostela.

Temos que lembrarlle ao Partido Popular, unha ano máis, que non poden facer negocio coa  nosa saúde. Que o acceso á sanidade pública é un dereito de todas as persoas, independentemente de onde residan, da súa condición social e da patoloxía que presenten.

 

Esiximos o compromiso político de rematar coa taxa de reposición!

Desde CIG-SAÚDE queremos lembrarlle aos partidos políticos, aos que van participar nesta manifestación e ao Partido Popular, que non hai recuperación da sanidade pública se non se remata coa taxa de reposición e coa precariedade laboral.

A taxa de reposición, ademais de impedir cubrir os postos que fican vacantes, impide incorporar novos profesionais para  a cobertura  das novas necesidades asistenciais. Non vai haber recuperación dunha sanidade pública de calidade se a taxa de reposición mantén a precariedade laboral e os recortes nos cadros de persoal.

 

Esiximos o compromiso político de rematar coa precariedade laboral!

 

Ademais de eliminar a taxa de reposición, tamén hai que rematar, de inmediato, coa precariedade laboral do persoal eventual. O persoal ten que ser contratado polo motivo que provoca a súa contratación, respectando todos os dereitos: computo de xornada, libranzas, permisos e resto de dereitos.

 

A directiva europea recolle que o persoal contratado non pode ter menos dereitos que o persoal fixo, que isto non se pode regular en función da duración do contrato, xa que as súas obrigas de prestación de servizo son as mesmas: fixos, interinos e con contratos temporais.

 

Contra o deterioro da Atención Primaria e o desmantelamento e peche de servizos nos Hospitais Públicos.

 

Contra as listas de espera inaceptables e a precariedade do persoal da sanidade pública.

 

Contra a privatización da Sanidade Pública Galega.

CONVOCA:

sos

 

 

Para non ser cómplices do Partido Popular no seu obxectivo de privatizar a sanidade e repartir beneficios a costa da nosa saúde:

Todas e todos debemos acudir á manifestación do 9 de febreiro!

 

 

 
 
 
 
 
 
  • Ferramentas

  • Contratacións

  • Expedient-e

  • Lexislación

  • Ligazóns

  • Boletíns Oficiais

  • TOP ARTIGOS

  • App Móbil

  • Afíliate

           

Se tés un móbil ou tableta con Android, agora tés outro xeito de estares ao día nas noticias da CIG-SAÚDE.

Só tés que entrar no Google Play, poñer no buscador “cig-saude” e instalar a aplicación gratuíta que recolle as novas publicadas.

Recibirás un aviso na barra de alertas do teu aparello cada vez que se publique unha nova información nas webs da CIG-SAÚDE.


Podes ver a descrición da app e descargala premendo aquí.


Desde a CIG-Saúde queremos agradecer a Miguel Carrillo o desenvolvemento e distribución desta aplicación gratuíta.

     

ImaxeCampanhaAfiliacionCIG.preview

A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder. 

afiliate

 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto