Principal

REAL DECRETO 487/1997, do 14 de abril, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á manipulación manual de cargas que entrañe riscos, en particular dorsolumbares, para os traballadores

     

Sumario

Artigo 1. Obxecto.

Artigo 2. Definición.

Artigo 3. Obrigas xerais do empresario.

Artigo 4. Obrigas en materia de formación e información.

Artigo 5. Consulta de participación dos traballadores.

Artigo 6. Vixilancia da saúde.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa.

Disposición final primeira. Elaboración da Guía Técnica para a avaliación e prevención de riscos.

Disposición final segunda. Habilitación normativa.

ANEXO

Factores de risco a que se fai referencia nos artigos 3.2 e 4

 

 

            A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, determina o corpo básico de garantías e responsabilidades preciso para establecer un adecuado nivel de protección da saúde dos traballadores fronte aos riscos derivados das condicións de traballo, no marco dunha política coherente, coordinada e eficaz. Segundo o artigo 6 desta, serán as normas regulamentarias as que irán fixando e concretando os aspectos máis técnicos das medidas preventivas.

            Así, son as normas de desenvolvemento regulamentario as que deben fixar as medidas mínimas que se deben adoptar para axeitada protección dos traballadores. Entre elas, están as destinadas a garantir que da manipulación manual de cargas non se deriven riscos, en particular dorsolumbares, para os traballadores.

            No mesmo senso, cómpre ter en conta  que no ámbito da Unión Europea se fixaron mediante as correspondentes directivas criterios de carácter xeral sobre as accións en materia de seguridade e saúde nos centros de traballo, así como criterios específicos referidos a medidas de protección contra accidentes e situacións de risco. Concretamente, a Directiva 90/269/CEE, do 29 de maio, establece as disposicións mínimas de seguridade e de saúde relativas á manipulación manual de cargas que entrañe riscos, en particular dorsolumbares, para os traballadores. Mediante este Real Decreto, procédese á transposición ao dereito español do contido da Directiva 90/269/CEE antes mencionada.

            Na súa virtude, de conformidade co artigo 6 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, a proposta de Ministro de Traballo e Asuntos Sociais, consultadas as organizacións empresariais e sindicais máis representativas, oída a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, de acordo co Consello de Estado e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa xuntanza do día 4 de abril de 1997,

 

 

     DISPOÑO:

 

Artigo 1. Obxecto.

 índice^

            1. Este Real Decreto establece as disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á manipulación manual de cargas que entrañe riscos, en particular dorsolumbares, para os traballadores.

            2. As disposicións da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, aplicaranse plenamente ao conxunto do ámbito establecido no apartado anterior.

           

Artigo 2. Definición.

índice^

            Para efectos deste Real Decreto, entenderase por manipulación manual de cargas calquera operación de transporte ou suxeición dunha carga por parte dun ou varios traballadores, como o levantamento, a colocación, o empuxe, a tracción ou o desprazamento, que polas súas características ou condicións ergonómicas inadecuadas entrañe riscos, en particular dorsolumbares, para os traballadores.

 

Artigo 3. Obrigas xerais do empresario.

índice^

            1. O empresario deberá adoptar as medidas técnicas ou organizativas necesarias para evitar a manipulación manual das cargas, en especial mediante a utilización de equipos para o manexo mecánico das mesmas, sexa de forma automática, sexa de forma controlada polo traballador.

            2. Cando non se poida evitar a necesidade de manipulación manual das cargas, o empresario tomará as medidas de organización axeitadas, utilizará os medios apropiados e proporcionaralles aos traballadores tales medios para reducir o risco que entrañe a dita manipulación. Para tal fin, deberá avaliar os riscos tomando en consideración os factores indicados no anexo deste Real Decreto e os seus posibles efectos combinados.

 

Artigo 4. Obrigas en materia de formación e información.

índice^

            De conformidade cos artigos 18 e 19 da Lei de Prevención de Riscos Laborais, o empresario deberá garantir que os traballadores e mais os representantes dos traballadores reciban unha formación e información axeitadas sobre os riscos derivados da manipulación manual de cargas, así como sobre as medidas de prevención e protección que se teñan que adoptar en aplicación deste Real Decreto.

            En particular, proporcionaralles aos traballadores unha formación e información adecuada sobre a forma correcta de manipular as cargas e sobre os riscos que corren de non o faceren da dita forma, tendo en conta os factores de risco que figuran no anexo deste Real Decreto. A información subministrada deberá incluír indicacións xerais e as precisións que sexan posibles sobre o peso das cargas e, cando o contido da embalaxe estea descentrada, sobre o seu centro de gravidade ou lado máis pesado.

 

Artigo 5. Consulta de participación dos traballadores.

índice^

            A consulta e a participación dos traballadores ou os seus representantes sobre as cuestións a que se refire este Real Decreto realizaranse de conformidade co disposto no apartado 2 do artigo 18 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

 

Artigo 6. Vixilancia da saúde.

índice^

            O empresario garantirá o dereito dos traballadores a unha vixilancia axeitada da súa saúde cando a súa actividade habitual supoña unha manipulación manual de cargas e concorran algúns dos elementos ou factores establecidos no anexo. Tal vixilancia será realizada por persoal sanitario competente, segundo determinen as autoridades sanitarias nas pautas e protocolos que se elaboren, de conformidade co disposto no apartado 3 do artigo 37 do Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servicios de Prevención.

 

 

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa.

índice^

            Queda derrogados o Decreto do Ministerio de Traballo, do 15 de novembro de 1935, que prohibe a utilización de sacos ou fardos de máis do 80 quilogramos o transporte, carga e descarga dos cales teña que se facer a brazo, e Orde do Ministerio de Traballo, do 2 de xuño de 1961, sobre prohibición de cargas a brazo que excedan de 80 quilogramos.

 

Disposición final primeira. Elaboración da Guía Técnica para a avaliación e prevención de riscos.

índice^

            O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo elaborará e manterá actualizada unha Guía Técnica para avaliación e prevención dos riscos relativos á manipulación manual de cargas. Na dita Guía consideraranse os valores máximos de carga como referencia para unha manipulación manual en condicións axeitadas de seguridade e saúde, así como os factores correctores en función das características individuais, da carga e da forma e frecuencia da súa manipulación manual.

 

Disposición final segunda. Habilitación normativa.

índice^

            Autorízase ao Ministro de Traballo e Asuntos Sociais, logo de informe previo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, a dictar cantas disposicións sexan necesarias para a aplicación e desenvolvemento deste Real Decreto, así como para as adaptacións de carácter estrictamente técnico dos seus anexos en función do progreso técnico, da evolución das normativas ou especificacións internacionais ou dos coñecementos no ámbito da manipulación manual de cargas.

 

Madrid, 14 de abril de 1997

             XOÁN CARLOS R.

O Ministro de Traballo e Asuntos Sociais,

JAVIER ARENAS BOCANEGRA

 


ANEXO

 

Factores de risco a que se fai referencia nos artigos 3.2 e 4

índice^

            Na aplicación do establecido neste anexo teranse en conta, se é o caso, os métodos ou criterios a que se refire o apartado 3 do artigo 5 do Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulameno dos Servicios de Prevención.

 

            1. Características da carga.

            A manipulación manual dunha carga pode presentar un risco, en particular dorsolumbar, nos casos seguintes:

            Cando a cargo é demasiado pesada ou demasiado grande.

            Cando é voluminosa ou difícil de suxeitar.

            Cando está en equilibrio inestable ou o seu contido corre o risco de se desprazar.

            Cando está colocada de tal xeito que se debe soster a distancia do tronco ou con torsión ou inclinación do mesmo.

            Cando a carga, debido ao seu aspecto exterior ou á súa consistencia, pode ocasionar lesións ao traballador, en particular en caso de golpe.

 

            2. Esforzo físico necesario.

            Un esforzo físico pode entrañar un risco, en particular dorsolumbar, nos casos seguintes:

            Cando é demasiado importante.

            Cando non se pode realizar máis que por un movemento de torsión ou de flexión do tronco.

            Cando pode provocar un movemento brusco da carga.

            Cando se realiza mentres o corpo está en posición inestable.

            Cando se trate de alzar ou descender a carga con necesidade de modificar o agarre.

 

            3. Características do medio de traballo.

            As características do medio de traballo poden aumentar o risco, en particular dorsolumbar, nos casos seguintes:

            Cando o espacio libre, especialmente vertical, resulta insuficiente para o exercicio da actividade de que se trate.

            Cando o chan é irregular e, polo tanto, pode dar lugar a tropezos, ou ben é esvaradío para o calzado que leve o traballador.

            Cando a situación ou o medio de traballo non lle permite ao traballador a manipulación manual de cargas a unha altura segura e nunha postura correcta.

            Cando o chan ou o plano de traballo presentan desniveis que implican a manipulación da carga en niveis diferentes.

            Cando o chan ou o punto de apoio son inestables.

            Cando a temperatura, humidade ou circulación do aire son inadecuadas.

            Cando a iluminación non sexa axeitada.

            Cando exista exposición a vibracións.

 

            4. Esixencias da actividade.

            A actividade pode entrañar risco, en particular dorsolumbar, cando implique unha ou varias das esixencias seguintes:

            Esforzos físicos demasiado frecuentes ou prolongados nos que interveña en particular a columna vertebral.

            Período insuficiente de repouso fisiolóxico ou de recuperación.

            Distancias demasiado grandes de elevación, descenso ou transporte.

            Ritmo imposto por un proceso que o traballador non poida modular.

 

            5. Factores individuais de risco.

            Constitúen factores individuais de risco:

            A falta de aptitude física para realizar as tarefas en cuestión.

            A inadecuación das roupas, o calzado e outros efectos persoais que leve o traballador.

            A insuficiencia ou inadaptación dos coñecementos ou da formación.

            A existencia previa de patoloxía dorsolumbar.

 

[BOE do 23 de abril de 1997]

índice^

Comarcas CIG

Agrupacións con web

 

Reservados tódolos dereitos a Cig-saúde

Avda/ gregorio espino Nº 47 (Vigo)