Publicada baremación provisional de listas de contratación de PSX e categorías de oficios

info listas contrataciónPublícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade á baremación provisional de listas das categorías de calefactor/a, condutor/a, electricista, fontaneiro/a, mecánico/a e persoal de servizos xerais:

  • . RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario. Baremación provisional listas de contratación varias categoríasDescargar PDF

Ábrese un prazo de dez días hábiles contados a partir de mañá para presentar reclamación tanto ás listas de admitidas/os e excluídas/os coma á propia baremación provisional.

Podes ver as listas no teu Expedient-e e na páxina do SERGAS.