Publicadas listas definitivas de celador/a, cociñeiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, lavandeiro/a, pasador/a de ferro e pinche

info listas contrataciónPublícanse hoxe no DOG as listas de contratación definitivas das categorías de celador/a, cociñeiro/a, grupo auxiliar da función administrativa, lavandeiro/a, pasador/a de ferro e pinche.

  • RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario. Descargar PDF

As listas entran en vigor mañá día 16 de febreiro, é dicir, a partir de mañá xa se realizan os chamamentos por estas listas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.