O sistema de acceso ás xefaturas debe ser modificado Imprimir
Martes, 10 Xullo 2012 19:24

Lider5A propósito da Convocatoria da Xefatura de Servizo de Psiquiatría do CHOP: O SISTEMA DE ACESO ÁS XEFATURAS DEBE SER MODIFICADO.

O xoves, 12 de xullo, as 9:30 horas terá lugar, no Hospital Montecelo, o acto público de defensa dos Curriculum Vitae e Proxectos Técnicos dos dous candidatos á Xefatura do Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP).

Todo o proceso que levou até esta convocatoria, tal como o describe o principal afectado e se ten publicado nalgúns medios de comunicación, semella estar cheo de arbitrariedades e ter ante todo un caracter de “vendetta” política,  de tentar substituír a un xefe de servizo “non adicto” por outro “adepto”. As implicacións do caso sobordan amplamente o ámbito local pontevedrés, e deixan ver claramente que o actual sistema de aceso ás xefaturas no SERGAS está deseñado para permitir a arbitrariedade e o nepotismo. A Agrupación Médica da CIG (AgM-CIG) considera que ese sistema precisa ser modificado de maneira que existan garantías de que os principios de igualdade, mérito, e coñecemento, sexan os determinantes no aceso aos postos de xefatura do SERGAS.

NotaAgM_XefaturaPsiquiatriaCHOP.pdf.