Selección Temporal de FEAs Imprimir
Martes, 31 Xaneiro 2012 09:08

contrato-de-traballoO SERGAS convoca Mesa Sectorial para tratar da Selección Temporal de FEAs.


Durante a negociación do Pacto de Contratacións asinado en marzo do 2011, CIG-Saúde intentou abrir a negociación dun sistema regrado de contratacións temporais para FEAs, presentando o seguinte texto para a súa inclusión na Acta final do acordo:

“A administración comprometese, por acordo de Mesa Sectorial, a establecer un sistema regrado para a contratación temporal de persoal Facultativo Especialista de Área, con criterios explícitos e consensuados, que respecten os criterios de igualdade, mérito e capacidade, e con tipos de contrato vinculados á causa que xere a necesidade.
Este sistema regrado debe permitir que a administración teña a posibilidade de cubrir ás necesidades asistenciais e as e os profesionais a garantía de acceso en condicións de equidade e transparencia a eses contratos”.

Trala negociación na Mesa Sectorial asinouse unha acta que recolle parcialmente a nosa solicitude.

Na Mesa Sectorial do día 2 de febreiro está previsto tratar o tema ao estar incluído o seguinte punto na orde do día:

“Proxecto de sistema de selección temporal de persoal Facultativo Especialista de Área”.

A Agrupación Médica de CIG-Saúde continúa a defender todos os aspectos contemplados no texto proposto e no documento: "Parar a precariedade na contratación de FEAs, unha tarefa prioritaria" publicado en abril do 2011.