A negociación da Carreira Profesional 2018 Imprimir
Luns, 09 Xullo 2018 08:55

Despois de meses de mobilizacións e negociacións CIG-Saúde asina a Carreira Profesional para o persoal de SERGAS, rompendo e estreito marco negociador que se establecera nunha acta asinada polas Organizacións Sindicais da Mesa Sectorial agás CIG-Saúde.

Romper o marco significa máis graos de carreira para máis profesionais e ter un modelo de carreira que pode ser unha boa ferramenta para a xestión da Sanidade Pública do futuro.

Sen a continuidade do conflito por parte de CIG-Saúde, e o apoio das traballadoras/es ás mobilizacións convocadas estes 8 meses sería imposible mellorar a CARREIRA PROFESIONAL que nacía nunha negociación fortemente condicionada pola Acta asinada polo resto de sindicatos en outubro de 2017 na que, ademais de desconvocar unha folga unitaria, so garantía un encadre en un único grao e por unha soa vez, só incluía ao persoal fixo (o persoal interino quedaba excluído de xeito explícito ao aceptar o marco legal actual: Lei de saúde), e non garantía o valor económico do complemento de carreira ordinaria.

A presión de CIG-Saúde continuou cando CESM, en solitario, asinou un documento que deixaba sen carreira retribuída ao persoal interino. Esa presión permitiu reabrir a negociación e mellorar o documento, que xa lle valía a CESM, incorporando ao persoal interino á Carreira Profesional e mellorando as condicións do segundo encadre.


Esquema das diferentes actas asinadas durante a negociación da Carreira Profesional: ico_pdf


CIG-Esquema-negociacion-carreira-2018-Final