O SERGAS convoca á Comisión de Seguimento. Desconvocada a concentración de PACs do 15. Imprimir
Martes, 13 Decembro 2011 00:23

pacs_3O Sergas ven de convocar a Mesa de Seguimento dos Acordos de Primaria para o día 20 de decembro.  Semella que a entrega masiva de sinaturas e a convocatoria de concentración xa ten dado os seus primeiros froitos.

En consecuencia, CIG-Saúde decidiu desconvocar a concentración prevista para o día 15. No caso de que nesa xuntanza do día 20 o Sergas non dea unha resposta satisfactoria ás reivindicacións dos profesionais de PAC, convocaríamos novas mobilizacións.