Reclamamos recoñecemento profesional e condicións de traballo dignas para o persoal facultativo Imprimir
Martes, 05 Xuño 2018 07:03

No ámbito do Foro Marco para o Diálogo Social, definida no Estatuto Marco como a mesa de diálogo e información de carácter laboral dos RRHH do Sistema Nacional de Saúde, vaise modificar a normativa actual, para intentar mellorar as condicións laborais dos postos de traballo de persoal facultativo de difícil cobertura.

Mir-1A competencia para negociar as devanditas condicións de traballo é dos servizos de saúde das CCAA, polo que algún servizo de saúde xa negociou estas condicións. Aquí esa competencia é da Mesa Sectorial do SERGAS.

Desde CIG-SAÚDE levamos tempo denunciando esta situación, instando ao SERGAS a debater este tema na Mesa Sectorial.

Agora, agardemos que o SERGAS negocie na Mesa Sectorial as medidas para as prazas de difícil cobertura, e en xeral medidas para todo persoal facultativo.

Propostas de CIG-SAÚDE para Atención Primaria e Hospitalaria:

taboa-medidas-facultativos

A  permanencia do persoal facultativo no SERGAS non vai a ser efectiva se só se aplican políticas que conteñan obrigas, sen dereitos para o persoal facultativo, e para o resto de persoal, non solucionaremos nada.


O mellor incentivo é o recoñecemento profesional e unhas condicións de traballo dignas.

Isto é posible sempre que haxa vontade política.