Nepotismo e Xefaturas Imprimir
Xoves, 13 Setembro 2012 18:21

UN NOVO CHANZO NO SAINETE DO TRIBUNAL DA XEFATURA DE SERVIZO DE PSIQUIATRÍA DO CHOP

eroticapoder    O que está pasando co nomeamento de Xefe de Servizo do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP), é un cúmulo de despropósitos, así como un claro exemplo de nepotismo e, polo que se ve, tamén de incompetencia. Cando semellaba que o tema estaba “resolto” coa “selección” do candidato imposto polo SERGAS, agora resulta que esa “elección” non foi válida, que houbo que constituír unha nova Comisión de Avaliación (tribunal), e que o luns 17 de setembro terá lugar, de novo, o proceso de defensa dos respectivos currículos e proxectos técnicos por parte dos dous candidatos á praza.

   Na opinión da Agrupación Médica da CIG (AgM-CIG), a principal lección que cómpre tirar de todo este espectáculo, é que o actual marco legal de acceso ás xefaturas permite que os responsábeis do SERGAS poidan “designar” aos Xefes de Servizo en función de criterios alleos aos profesionais. Ese marco legal ten que ser modificado, de xeito que os méritos e capacidades profesionais dos candidatos sexan os principais determinantes no acceso ás xefaturas do SERGAS.

 

   Despois de que o SERGAS, nunha operación de  “vendeta” política, cesara de maneira inxusta e probabelmente ilegal ao anterior Xefe de Servizo de Psiquiatría do CHOP, o Dr Pedreira, a Dirección do CHOP convocou para o 12 de xuño o acto de defensa dos currículos e proxectos técnicos dos candidatos que optaban á praza. Presentáronse dous candidatos: por unha banda, o propio Dr. Pedreira, cun alto prestixio profesional e unha dilatada experiencia, pois estivo ao fronte do servizo durante os últimos 30 anos; e, por outra banda, un candidato advenedizo e precariamente buscado para a ocasión pola Dirección do CHOP e do SERGAS, unha persoa que obtivo o título de especialista en Psiquiatría no ano 2003 sen facer o MIR, que non empezou a traballar como psiquiatra até o ano 2006, cando consegue un contrato eventual como psiquiatra no SERGAS nunha Unidade de Saúde Mental extrahospitalaria, polo que carece totalmente de experiencia como psiquiatra hospitalario. O resultado é coñecido, dun xeito escandaloso, o candidato da Dirección do SERGAS conseguíu a praza.

    Na web da Agrupación viñeron aparecendo diversos posts que permiten situarse sobre a situación:

O 10/07/2012 publicamos un primeiro post no que se explicaban os antecedentes que permitían entender o que estaba sucedendo: A propósito da Convocatoria da Xefatura de Servizo de Pisquiatría do CHOP: o sistema de acceso ás xefaturas debe ser modificado.

- Nun novo post publicado o 15/07/2012 relatábamos o espectáculo de sectarismo visto durante a exposición pública dos Proxectos Técnicos dos dous candidatos a ocupar a praza: Crónica dunha Elección Amañada: o sectarismo e a parcialidade do tribunal para elixir ao Xefe de Psiquiatría do CHOP resultou escandalosa .

- Finalmente o 23/07/2012 publicamos o que críamos que era o epílogo do sainete: Inxusto e escandaloso nomeamento do novo Xefe de Servizo de Psiquiatría de Pontevedra: a prepotencia e sectarismo da Dirección do SERGAS non ten límites.

    Despois do lamentábel espectáculo de arbitrariedade e sectarismo que o 12 de xullo tivo lugar no Salón de Actos do Hospital Montecelo, cando un tribunal nomeado a dedo pola Dirección do SERGAS demostrou unha actitude claramente hostil ao Dr. Pedreira, semellaba que o asunto estaba resolto co elección do candidato da Dirección do SERGAS.

    Sen embargo, hai uns días salta a sorpresa e enterámonos de que a Comisión Avaliadora nomeada non se axustaba ao que se establecía nas bases da convocatoria, pois unha das súas compoñentes non era estatutaria e, diante do recurso presentado polo Dr. Pedreira, á Dirección do SERGAS non lle quedou outro remedio que proceder a modificar de novo a súa composición, mediante unha resolución do 27 de agosto que anulaba todos os pasos dados pola anterior Comisión e procedía a nomear unha nova. Debe resaltarse que é a segunda vez que isto sucede, pois xa tivera que facer outra modificación previa pois nunha primeira Comisión non se respectara a lei de paridade.

    A situación actual resúmea o propio Dr. Pedreira nun escrito que enviou a un bo nº de facultativos do hospital:


CAPÍTULO SEGUNDO: EL CULEBRÓN DE LA JEFATURA DE SERVICIO CONTINÚA (2)

Cuando se hizo pública la puntuación provisional que el Tribunal atribuyó a cada uno de los candidatos a la plaza y dado el escandaloso resultado, presenté recurso en el plazo establecido. En él señalaba la actitud de animadversión manifiesta hacia mi persona mantenida por varios miembros del tribunal y exigía que se me remitiesen ciertos documentos. Entre ellos, la acreditación de que una miembro del Tribunal reunía los requisitos que se exigían en las Bases de la Convocatoria, ya que yo tenía información de que no era así

En la respuesta a mi recurso (que no se hizo pública) se reconoce que, ciertamente, no los reunía y debido a ello, dictaron la resolución, que anula todas las intervenciones de aquel Tribunal y retrotrae el proceso al 9 de junio (fecha en que había sido nombrado) y se acuerda nombrar uno nuevo.

Hay que destacar que el "nuevo" tribunal es el mismo que el "antiguo" excepto en lo referido a la citada doctora que es sustituida por otra de Alicante.

Al día siguiente de entregarme esta Resolución me entregaron otra en la que se me cita para la defensa pública del Proyecto el 17 de este mes de septiembre (15 días antes de terminar el plazo para hacer el Recurso).

COMENTARIOS:

1.- Han tenido que reconocer la ilegalidad de los dos Tribunales que nombraron anteriormente: el primero por incumplir la ley de Igualdad (paridad) y el segundo por no reunir una miembro los requisitos legales.

2.- Han demostrado con ello su ineptitud y su perversidad: han estado más pendientes de nombrar a un tribunal "amigo" que a un tribunal "legal".

3.- En este 2º caso se han derivado consecuencias y perjuicios para los candidatos (tenemos que repetir el "show") y para el erario público: gastos derivados de desplazamientos, dietas, pérdidas de jornadas de trabajo, etc. del tribunal.

4.- Han vuelto a nombrar (básicamente) al mismo Tribunal que ha mostrado animadversión manifiesta hacia mi persona y una actitud decidida a favor de la otra parte. Tengo una relación nominal de 27 personas representativas de distintos sectores sociales y profesionales que están dispuestos a testificarlo.

5.- De nuevo han excluido del Tribunal a cualquier Jefe de Servicio de Galicia. Al parecer, no confían en los psiquiatras jefes de servicio de Galicia y han tenido que buscarlos en Bilbao, Oviedo y Alicante.

6.- Este "acelerón" en el proceso demuestra que tienen interés en resolverlo antes de las Elecciones Gallegas. ¿Por qué será?.

Por último, estoy intentando paralizar este proceso. Distintas entidades se han dirigido a la Conselleira solicitando la paralización del proceso.

De no paralizarse, estaría bien que el 17 de septiembre se llene el Salón de Actos de testigos de un nuevo capítulo de esta ignominia. Desearía contar con la presencia de todos aquellos de vosotros que podáis y queráis asistir para ser testigos de lo que allí suceda.

A todos aquellos que me habéis manifestado vuestro apoyo, presencial o no, quiero reiteraros mi agradecimiento.

Recordad que la cita es el lunes, 17 de septiembre a las 8,30 en el Salón de Actos de Montecelo.

Un abrazo

Víctor Pedreira

   A Agrupación Médica da CIG (AgM-CIG) vólvelle a reiterar a súa solidariedade ao Dr. Pedreira, e quere facer conscientes a todos os profesionais que, o que está pasando co proceso de nomeamento de Xefe de Servizo de Psiquiatría do CHOP, demostra que no actual marco legal os profesionais carecemos de garantías de que o acceso ás xefaturas se realice en base a criterios de experiencia, mérito e capacidade.


  Ese marco legal debe ser modificado de xeito que os profesionais teñamos garantías de que os méritos profesionais dos candidatos sexan o principal determinante no acceso ás xefaturas do SERGAS.