Prolongación da vida laboral despois da idade de xubilación Imprimir
Venres, 06 Xullo 2012 09:21

No DOG do 6 de xullo publícase a ORDE pola se regula o procedemento de autorización da prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo do persoal estatutario.

xubilacionDesde CIG-SAÚDE presentamos as seguintes alegacións a esta ORDE, que non foron tidas en consideración:

Desde CIG-SAÚDE solicitamos que só se conceda a prolongación da vida laboral e a permanencia no servizo activo, procedemento que se pretende regular na presente orde, cando a Admón. teña detectado a imposibilidade de incorporar novos profesionais por ser superior a demanda ao nº de titulados dispoñibles.

Entendemos que na situación actual, na que xa existen bolsas de profesionais en situación de desemprego, ou en contrato precario, non xustifica en modo algún prolongar a vida laboral das persoas que teñen a cotización necesaria para acadar a súa correspondente prestación por xubilación.

Así mesmo non é entendible que a Admón. desperdicie as/os novos profesionais despois da inversión realizada na súa formación, e a frustración que xera nas persoas que inverteron tempo, ilusión e traballo na súa formación para por a disposición da empresa o seus coñecementos a imposibilidade de acceder ao emprego.

Maior dúbida nos presenta o persoal que tendo cumprido os 65 anos, non acadase a cotización mínima, segundo a lexislación vixente, para ter dereito á prestación correspondente. Este persoal podería quedar exento da avaliación até cumprir o período mínimo de cotización.

A reposición do persoal xubilado será do 100%, non se pode utilizar a xubilación dos profesionais para diminuír o cadro de persoal estatutario, facendo inviable a prestación do servizo e facilitando a privatización do mesmo.

Para prolongar a vida laboral do persoal que teña unha traxectoria especialmente distinguida na asistencia, docencia e investigación..., a Admón. xa ten regulado mediante decreto a figura do persoal emérito.

Así mesmo as novas incorporacións das/os profesionais serán a xornada completa.