ORZAMENTOS 2011: continuará a precariedade laboral e a conxelación salarial Imprimir
Xoves, 23 Setembro 2010 06:36

De cara aos orzamentos do vindeiro ano, vanse confirmando os peores presaxios:

A Conselleira de Facenda di: “A Xunta de Galicia está a elaborar os orzamentos para 2011 coa previsión de que o gasto non financeiro terá que reducirse en case 950 millóns de euros, un 8,6%.”

Ver noticia en Redacción Médica

CIG-Saúde xa denunciaba os orzamentos do 2010 por mor de que a Xunta de Galicia e o SERGAS estrangulaban á sanidade Pública.

Coa publicación dos Orzamentos 2010 a Xunta de Galicia, en particular A CONSELLERÍA DE SANIDADE  puñan enriba da mesa dun xeito moi claro QUE NON APOSTABAN POLA SANIDADE PÚBLICA, os datos non deixaban lugar á dúbidas: os orzamentos decrecían nun 3,3% ao respecto dos de 2009.

Con esa anemia orzamentaria que outra cousa poderíamos esperar, máis que o que xa está acontecendo:

Ø  En Atención Primaria paralización do Plan Mellora coa conseguinte amortización de vacantes, perpetuación da precariedade laboral, reducción das contratacións e recuperación dos contratos precarios día a día, incremento da dificultade para captar e reter aos profesionais.

Ø  En Atención Especializada as mesmas dificultades de precariedade nos contratos que en Atención Primaria, pero a maiores  e o máis grave con diferencia é a introducción dos modelos PFI ( Iniciaciva de Financiación privada ), que veñen a acabar co que coñecemos como ESTADO DO BIENESTAR, debido a un cambio cualitativo brutal como é a introducción do ÁNIMO DE LUCRO NA SANIDADE.

Qué propomos de cara aos orzamentos do 2011, para paliar a situación?

MEDIDAS NECESARIAS

MEDIDAS COMPLEMENTARIA

  • Mantemento das COTIZACIÓNS DA SEGURIDADE SOCIAL, na cantidade anterior ás disposicións normativas que rebaixaron o soldo do persoal estatutario e funcionario.

  • Recuperación das pagas extraordinarias completas.

  • Previsión de medidas que contemplen a recuperación do poder adquisitivos do persoal estatutario e funcionario. (Acordo retributivo 2008/2012, Carreira Profesional )

  • Non restrición do emprego público.

  • Iniciativas necesarias para a xubilación parcial e anticipada.

  • Recuperación do Plan Mellora de Atención Primaria.

 

  • Actuacións sobre o fraude fiscal.

  • Mellorar o control sobre a xestión do gasto e as subvencións públicas.

  • Revisión do modelo de tributación.

  • Recuperación dunha banca pública, e imposición dunha tasa ás transferencias internacionais.

  • Redución orzamentos militares.

  • Salvagarda dos dereitos básicos: Alimentación, sanidade, educación, vivenda.