productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2017

Orde Conf. Nóminas

2017

Orde Nominas 2017

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Convocadas as prazas de formación sanitaria especializada Imprimir Correo-e
Venres, 05 Outubro 2012 11:10

Mir-1O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade ven de publicar a Orde SSI/1998/2012, de 18 de setembro , pola que se aproba a convocatoria de probas selectivas 2012 para o acceso no ano 2013, a prazas de formación sanitaria especializada para Médicos, Farmacéuticos e outros graduados/licenciados universitarios do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física.

 
Convocan os actos de asignación de prazas de formación sanitaria especializada. Imprimir Correo-e
Venres, 30 Marzo 2012 08:32

MIR-verdeNo BOE do martes 27 de marzo de 2012 publícase a resolución correspondente á asignación de prazas de formación nas distintas especialidades sanitarias:

Resolución de 15 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Ordenación Profesional, pola que se convocan os actos de asignación de prazas correspondentes ás probas selectivas 2011 para o acceso no ano 2012, a prazas de formación sanitaria especializada para Médicos, Farmacéuticos e outros graduados/licenciados universitarios do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física. PDF (BOE-A-2012-4206 - 9 págs. - 193 KB)

 
Publícanse no BOE as Comisións Cualificadoras das probas de acceso ás Especialidades Sanitarias Imprimir Correo-e
Xoves, 26 Xaneiro 2012 08:51

Xustiza23 de xaneiro: • Resolución de 30 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Ordenación Profesional, Cohesión do Sistema Nacional de Saúde e Alta Inspeción, pola que se nomean as Comisións Calificadoras dos exercicios para Médicos/as, Farmacéuticos/as e outros/as graduados/as-licenciados/as universitarios/as do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física, correspondentes ás probas selectivas 2011.


Actualización 25 de xaneiro:Resolución de 23 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Ordenación Profesional, pola que se corrixe a de 30 de decembro de 2011, pola que se nomean as Comisións calificadoras dos exercicios para Médicos/as, Farmacéuticos/as e outros/as graduados/as – licenciados/as universitarios do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física, correspondentes ás probas selectivas 2011.

 
Relación definitiva de admitid@s para as probas de especialistas sanitari@s Imprimir Correo-e
Xoves, 12 Xaneiro 2012 08:08

MIR-verdeNo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (Paseo del Prado, 18-20 - 28071-MADRID), e nas Delegacións e Subdelegacións do Goberno exhíbense as relacións definitivas de admitid@s e non admitid@s ás probas selectivas 2011.

Contra estas relacións definitivas pódese presentar recurso de Alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa exhibición.

As persoas Admitidas provisionalmente ao exame deben consultar o apartado da web do Ministerio "prazos para achegar documentación", incluido dentro da información xeral destas probas selectivas.

A data do exercicio é o sábado 28 de xaneiro de 2012, segundo a Resolución que publicará en breve o Boletín Oficial do Estado, na que se contén o nomeamento das Comisións Calificadoras.

As persoas aspirantes deben comparecer ante a Mesa de Exame que se lles sinalara provistos do documento acreditativo da súa identidade co que participaran nas Probas Selectivas (D.I, Pasaporte ou Número de identificación de extranxeiros), ás quince trinta horas do sábado 28 de xaneiro. Para contestar a folla de respostas, só se poderá utilizar bolígrafo, non estando permitido o uso de lápis, rotuladores, prumas, etc.

Non está permitida a utilización de calculadora, excepto no caso de aspirantes a prazas de Radiofísica Hospitalaria.

Non está permitido o uso de teléfonos móbiles, nin de calquera outro dispositivo con capacidade de almacenamento de información ou posibilidade de comunicación mediante voz ou datos, dentro do recinto de exame, unha vez iniciado o exercicio e ata a fin do mesmo.

Duración do exercicio:

Cinco horas máximo, para Médic@s, Farmacéutic@s e outros graduad@s/licenciad@s universitari@s do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física.

Dúas horas máximo para graduad@s/diplomad@s en Enfermaría.

As respostas deben escribirse na folla que se destina para iso; non se admite resposta no cuestionario.

O exercicio debe ser realizado ante a Mesa que se sinalara a cada aspirante. As Mesas non admitirán a ningún/ha aspirante que non figure na relación de convocad@s ante elas.

Máis información aqui. Tamén podedes consultar a vosa situación particular premendo aqui.

 
Suspendidos os cursos programados para os Residentes Imprimir Correo-e
Venres, 30 Setembro 2011 10:09

doctor-1Suspéndense os cursos programados na formación especializada de profesionais do ámbito sanitario (MIR –Médicas/os Internos Residentes–, EIR –Enfermeiras/os Internos Residentes–, etc)

A Agrupación Médica de CIG-Saúde quere manifestar a súa preocupación polas noticias que nos chegan da suspensión dos cursos programados dentro da actividade formativa dos Residentes, tanto licenciados/as (Médicos/as, Farmacéuticos/as, Psicólogos/as, Químicos/as, Biologos/as e Físicos/as) como graduados/as - diplomados/as en Enfermaría.

A suspensión xa é efectiva nos cursos que comezaban estes días en diferentes áreas.

Esta situación pon en grave risco o prestixioso sistema de formación de especialistas, que é o que garante a calidade do servizo que estes prestan á cidadanía.

Desde a Agrupación Médica de CIG-Saúde instamos ao SERGAS a que aclare o motivo desta suspensión, e facemos un chamamento a que se teña en conta a importancia deste sistema formativo e que se garanta o seu funcionamento, xa que de non producirse, a situación de dispoñibilidade e formación das e dos futuros especialistas veríase gravemente comprometida.

 
Convocado o Exame e as Prazas MIR Imprimir Correo-e
Martes, 27 Setembro 2011 19:47

Publícanse no BOE do 27 de setembro as ofertas de prazas de formación de diversas especialidades, así MIR-verdecomo a convocatoria de proba selectiva para acceder a esas prazas:

Orde SPI/2549/2011, de 19 de setembro, pola que se aproba a convocatoria de probas selectivas 2011 para o acceso no ano 2012, a prazas de formación sanitaria especializada para Médicos/as, Farmacéuticos/as e outros/as graduados/as - licenciados/as universitarios do ámbito da Psicoloxía, Química, Bioloxía e Física.

As probas realizaranse o sábado, día 28 de xaneiro de 2012.

 
Publicación BOE oferta formacion especialidades 2011 Imprimir Correo-e
Xoves, 23 Setembro 2010 22:00
No BOE do mércores 22 de setembro de 2010, publícase a Orde SAS/2448/2010, de 15 de setembro, pola que se aproba a convocatoria de probas selectivas 2010 para o acceso no ano 2011, a prazas de formación sanitaria especializada para Médicos, Farmacéuticos e outros graduados/licenciados universitarios do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física. ico_pdf
No BOE do venres 24 de setembro publicase unha corrección de erros da Orde publicada o día 22. ico_pdf
 



Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info