productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2017

Orde Conf. Nóminas

2017

Orde Nominas 2017

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Xefe de servizo na pública e na privada!! Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Febreiro 2017 13:05

Mans-Sergas


Diante da noticia de que o xefe do servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo foi nomeado novo xefe de Pediatría de HM Hospitais en Galicia e coordinará este servizo nos catro centros do grupo: HM Modelo e HM Belén, na Coruña, e HM Rosaleda e HM A Esperanza en Santiago, CIG-Saúde quere manifestar o seguinte:


A maioría das persoas que len a noticia de que un profesional con competencias de xefe de servizo na sanidade pública vai a exercer esas mesmas funcións na sanidade privada quedan sorprendidas por que iso poida ocorrer, pero a sorpresa múdase en escándalo cando escoitan que o SERGAS declara que ese nomeamento responde ao “ámbito privado” do profesional, que seguirá sendo xefe de servizo na sanidade pública e que, en todo caso, atopase “amparado pola legalidade”.

Desde CIG-Saúde defendemos, desde hai anos, a dedicación exclusiva á sanidade pública, e especialmente das e dos profesionais que teñen responsabilidades organizativas, como xefes de servizo ou de sección.

Tamén defendemos a aplicación rigorosa dun sistema de incompatibilidades que non de “amparo legal” a este tipo de comportamentos.

Se para conseguir estas dúas cousas é preciso modificar a lei, ten que facerse de inmediato.

Mentres non se modifique temos que esixir o cumprimento estrito da actual normativa de dedicación exclusiva e de incompatibilidades. Tamén esiximos que, se un profesional accede a unha xefatura na que se lle puntúa a dedicación exclusiva, teña que manter esa dedicación exclusiva durante toda a duración da xefatura, no caso contrario debe ser cesado de inmediato.

 
O SERGAS négase a ampliar nun ano o período de residencia dos actuais MIR de Oncoloxía Médica Imprimir Correo-e
Venres, 31 Maio 2013 13:46

bolsa_de_suero      CIG-Saúde pídelle ao SERGAS que reconsidera a súa negativa a ampliar nun ano o período de residencia dos actuais MIR galegos de Oncoloxía Médica, requisito imprescindíbel para que o seu futuro título de especialistas poidan ser homologábel na Unión Europea.

      Por motivos exclusivos de aforro económico puro e duro, na xuntanza da Comisión de Sanidade do Parlamento Galego do 30/05/2013, o Partido Popular pronunciouse en contra de permitir que os actuais residentes de Oncoloxía Médica prolonguen nun ano o seu período de residencia, requisito imprescindíbel para que o seu futuro título de especialistas poida ser homologábel a nivel da Unión Europea. 

      CIG-Saúde pídelle aos responsábeis do SERGAS, e do goberno galego, que teñan amplitude de miras, que non se enroque nunha posición indefendíbel, e que reconsideren esa posición gravemente lesiva para os intereses dos profesionais afectados, que son todos os residentes galegos da especialidade de Oncoloxía Médica, agás os residentes de 1º ano (R-1) que comezaron a súa residencia en maio de 2013.

Ler máis...
 
Consecuencias "Colaterais" da Área Integrada. Imprimir Correo-e
Sábado, 19 Xaneiro 2013 19:56

AutonomiaAS ÁREAS INTEGRADAS E A MORTE LENTA DOS HOSPITAIS COMARCAIS.

    Moitas dos e das facultativas dos hospitais comarcais,  cando se nos presentou o modelo das áreas integradas, temémonos que para o peixe pequeno a "Integración" viña chea de problemas e ameazas. Agora empezamos a ver que isto é o que esta ocorrendo.

      Neste mes de xaneiro todo o persoal do Hospital de Barbanza recibimos no correo electrónico unha mensaxe da dirección de procesos asistenciais da área integrada informándonos da desaparición, nun primeiro paso, das comisión clínicas do noso centro de farmacia, infección e transfusións, e de que posteriormente irán desaparecendo o resto das comisións. Uns días despois enviaron outro correo invitándonos a participar nas correspondentes comisións clínicas da área integrada, pero sen reservar ningunha praza para o noso hospital, co cal nos tememos que a desaparición do noso colectivo das mesmas empeza a ser unha morte anunciada. Semella que, para o futuro, os responsábeis da Área Integrada, só nos queren para sacar adiante traballo asistencial, sen importarlles a evidencia de que a desaparición das Comisións Clínicas só pode redundar nun descenso da calidade da asistencia que prestamos.

      Outro exemplo: as persoas que están acreditadas no noso centro para enviar documentación ao sistema acreditador de formación continuada das profesións sanitarias recibiron un correo informándolles que xa non van continuar realizando ese traballo. Esta decisión vai supoñer na práctica que van medrar as dificultades para que os profesionais do noso hospital que queiran organizar actividades formativas poidan facelo.

      Un exemplo máis: tamén recibimos un correo da xerencia executiva do noso hospital informándonos que a partires de agora diante de calquera problema informático, xa non podemos chamar aos informáticos que traballan no noso centro, e que ata agora viñan respondendo as nosas incidencias con moita rapidez. Agora temos que chamar aos informáticos de Santiago, que se non son capaces de resolver o problema a distancia, serán eles os que chamen aos informáticos de Barbanza, para que se acerquen a nosa consulta a resolver o problema, e mentres tanto a consulta paralizada …

      Como moitos nos temíamos, a Área Integrada, leva camiño de empobrecer e dificultar a nosa práctica profesional e afondar no carácter “periférico” do noso hospital. Na miña opinión o camiño no que se debería avanzar é precisamente o contrario: fortalecer os Hospitais Comarcais e convertelos en Hospitais Xerais, capaces de estruturar un Área Sanitaria de seu.

      Non deberíamos permitir que o noso hospital se deteriore.
 
Mª Aurea Rodriguez Blanco.
Pediatra do Hospital do Barbanza.
Agrupación Médica de CIG-Saúde (AgM-CIG).

 
Inxusto e escandaloso nomeamento do novo Xefe de Servizo de Psiquiatría de Pontevedra. Imprimir Correo-e
Luns, 23 Xullo 2012 12:03

A prepotencia e sectarismo da Dirección do SERGAS non ten límites: 
Inxusto e escandaloso nomeamento do novo Xefe de Servizo de Psiquiatría da Área Sanitaria de Pontevedra.

INXustiza


   Xa é publico o ”veredicto” do tribunal que debía elixir ao novo responsábel do Servizo de Psiquiatría da Área de Xestión Integrada de Pontevedra e o Salnés. O elixido, como viñemos denunciando que sucedería, foi o precario candidato buscado pola Dirección do SERGAS para a completar unha operación de “venndetta” política.

    O outro candidato e principal prexudicado, o Dr. Pedreira, anterior xefe de servizo, que foi inxusta e probabelmente ilegalmente cesado, xa anunciou que non vai aceptar pasivamente o atropelo. 

   Instrumentos necesarios para consumar a desfeita foi un tribunal cunha composición claramente sectaria, constituído ao abeiro dunha unha normativa legal que non ofrece as mínimas garantías de que a elección das xefaturas do SERGAS se fagan en base a criterios de igualdade, méritos e coñecemento. É preciso cambiar esa normativa.


Ver documento completo ico_pdf

 
Crónica dunha Elección Amañada Imprimir Correo-e
Domingo, 15 Xullo 2012 22:33

O sectarismo e parcialidade do tribunal para elixir ao Xefe de Servizo de Psiquiatría do CHOP, resultou escandalosa.

Law1      No momento de redactar esta nota aínda non se coñece o “veredicto” do tribunal. Máis o acontecido, na presentación pública dos Proxectos Técnicos e os Currículos dos dous profesionais que optaban á praza de Xefe do Servizo de Psiquiatría do CHOP, deixa pouco espazo a dúbida. Por motivos claramente extraprofesionais, e malia a abismal diferenza nos méritos, un tribunal claramente hostil a un dos candidatos, vai nomear xefe de servizo ao candidato buscado pola dirección do SERGAS.


      O pasado xoves, 12 de xuño, no salón de Actos do Hospital Montecelo, asistín á defensa dos proxectos técnicos e os currículos dos dous candidatos así como ás preguntas ás que foron sometidos por parte dos membros do tribunal elixido para a elección do xefe de servizo de psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP). Aínda non o dou dixerido. Pasáronse tanto que me resultou insoportábel.

Ler máis...
 
Represalias no CHUVI por reclamar un Servizo digno e de calidade Imprimir Correo-e
Mércores, 19 Outubro 2011 14:40

RepresaliasA Agrupación Médica de CIG-Saúde de Vigo denuncia que a Xerencia do CHUVI toma represalias contra o Servizo de Hematoloxía cesando a unha Hematóloga que reclamaba un servizo digno, nas condicións laborais, e de calidade, na atención prestada á cidadanía.

O Servizo de Hematoloxía do CHUVI é un servizo punteiro do complexo hospitalario, que ten demostrada a súa alta cualificación ao ser o responsable de máis da metade dos transplantes de medula que se fan na comunidade autónoma. 

En ocasións anteriores xa temos denunciado as dificultades que a Dirección do CHUVI está a poñer no mantemento do alto nivel de calidade que o servizo presta á cidadanía. Hai uns meses puxeron problemas para contratar persoal que permitira continuar co programa de transplantes, so despois de denuncialo se solucionou o problema. 

O día 17 de outubro a Dirección do CHUVI comunica a unha hematóloga, contratada en comisión de servizos, precisamente pola súa experiencia en transplantes, que a cesa no seu contrato e que ten que incorporarase a súa praza de orixe ao día seguinte. 

Os profesionais mais comprometidos co traballo asistencial do servizo veñen denunciando diante da Dirección problemas organizativos, e propoñendo medidas organizativas e de xestión para solucionalos. 

Entre estes profesionais está a Hematóloga agora cesada. 

Desde a Agrupación Médica de CIG-Saúde queremos denunciar que este cese supón unha clara falta de respecto co traballo desenvolvido por esta profesional, e unha represalia do seu Xefe de Servizo e da Dirección do CHUVI polo seu compromiso coa Sanidade Pública e coa calidade asistencial que se presta aos pacientes.

 
Continúa o conflito en dermatoloxía do CHUAC Imprimir Correo-e
Venres, 18 Marzo 2011 08:29

Skin-1Finalizados os tres días de folga os dermatólogos manteñen as súas reivindicacións e a súa vontade de continuar coas mobilizacións.

 

A dirección do hospital non manifestou ningunha intención de negociar. Silencio absoluto. O día 16, foi o terceiro día de folga desta xeira. Ningún comunicado oficial pero a dirección si ten falado nos medios de comunicación que xa se están tendo reunións organizativas no servizo, referíndose a unha sesión clínica do día 22 de febreiro e a outra que tivo lugar o 15 de marzo.

Ler máis...
 
Precareidade Laboral de Persoal facultativo no Hospital de Monforte Imprimir Correo-e
Sábado, 12 Marzo 2011 20:48

logo_monforteDada a insostible situación que se está a dar no Hospital Comarcal de Monforte, cos contratos precarios que se realizan ao persoal facultativo e ca sobrecarga de gardas, de presenza física ou localizadas, os representantes da Agrupación Médica de CIG-Sáude reunímonos cos profesionais do Hospital para preparar unha resposta a esta situación.

Ver a noticia na Voz de Galicia ico_pdf

 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>


Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info