productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2017

Orde Conf. Nóminas

2017

Orde Nominas 2017

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Persoal Facultativo e Acción Sindical no SERGAS
O sistema de acceso ás xefaturas debe ser modificado Imprimir Correo-e
Martes, 10 Xullo 2012 19:24

Lider5A propósito da Convocatoria da Xefatura de Servizo de Psiquiatría do CHOP: O SISTEMA DE ACESO ÁS XEFATURAS DEBE SER MODIFICADO.

O xoves, 12 de xullo, as 9:30 horas terá lugar, no Hospital Montecelo, o acto público de defensa dos Curriculum Vitae e Proxectos Técnicos dos dous candidatos á Xefatura do Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP).

Todo o proceso que levou até esta convocatoria, tal como o describe o principal afectado e se ten publicado nalgúns medios de comunicación, semella estar cheo de arbitrariedades e ter ante todo un caracter de “vendetta” política,  de tentar substituír a un xefe de servizo “non adicto” por outro “adepto”. As implicacións do caso sobordan amplamente o ámbito local pontevedrés, e deixan ver claramente que o actual sistema de aceso ás xefaturas no SERGAS está deseñado para permitir a arbitrariedade e o nepotismo. A Agrupación Médica da CIG (AgM-CIG) considera que ese sistema precisa ser modificado de maneira que existan garantías de que os principios de igualdade, mérito, e coñecemento, sexan os determinantes no aceso aos postos de xefatura do SERGAS.

NotaAgM_XefaturaPsiquiatriaCHOP.pdf.

 
Persoal Facultativo e Acción Sindical no SERGAS 9 Imprimir Correo-e
Martes, 03 Maio 2011 19:22

Plan_de_MelloraNo nº 9 da serie “Persoal Facultativo e Acción Sindical no SERGAS”,  a Agrupación Médica de CIG-Saúde (AgM-CIG) expón a súa posición sobre o Plan de Mellora da Atención Primaria e o efecto dos recortes da administración do Partido popular sobre o mesmo, converténdoo nunha nova oportunidade perdida para a Atención Primaria.


Número 9: O Plan de Mellora, a oportunidade perdida para a Atención Primaria”.

 
Persoal Facultativo e Acción Sindical no SERGAS 8 Imprimir Correo-e
Martes, 03 Maio 2011 19:14

doctor-1No nº 8 da serie “Persoal Facultativo e Acción Sindical no SERGAS”,  a Agrupación Médica de CIG-Saúde (AgM-CIG) analiza a aplicación do CPV-2010 nalgúns hospitais, que  está resultando intolerábel. As repercusións que sobre o CPV-2011 vai ter do Acordo de Xestión para 2011 (ADX-S 2011) co novo criterio do SERGAS sobre as Novidades Terapéuticas , son totalmente inaceptábeis.


Número 8: “CPV-2010 e CPV-2011 NOS HOSPITAIS: Abusos que non debemos tolerar.

 
Persoal Facultativo e Acción Sindical no SERGAS 7 Imprimir Correo-e
Martes, 03 Maio 2011 13:38

defensa-sanidade-publica-2No nº 7 da serie “Persoal Facultativo e Acción Sindical no SERGAS”,  a Agrupación Médica de CIG-Saúde (AgM-CIG) manifesta a súa posición sobre a privatizacións da Sanidade Pública e as iniciativas de financiamento privado coas que se pretende construir as novas infraestruturas sanitarias.


Número 7: “A Privatización, as PFI e as posicións sindicais”.

 
Persoal Facultativo e Acción Sindical no SERGAS 6 Imprimir Correo-e
Domingo, 01 Maio 2011 20:21
pacs_3

No número 6 da serie “Persoal Facultativo e Acción Sindical no SERGAS”,  analizamos a situación dos PACs de Atención Primaria cando están a punto de tomar posesión das súas prazas os primeiros médicos do novo modelo de PAC con praza fixa, e aínda hai moitos problemas pendentes de resolver.


Número 6: “PACs e Persoal Facultativo: as posicións sindicais.

 
Persoal Facultativo e Acción Sindical no SERGAS 5 Imprimir Correo-e
Sábado, 30 Abril 2011 18:28

contratos-4No número 5 da serie “Persoal Facultativo e Acción Sindical no SERGAS”, a Agrupación Médica de CIG-Saúde (AgM-CIG) manifesta a súa posición fronte ao que está a acontecer co pago do CPV en Atención primaria.


Número 5: "O CPV en Atención Primaria e a AgM-CIG".


 
Persoal Facultativo e Acción Sindical no SERGAS 4 Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Abril 2011 23:00

Participacion1No número 4 da serie “Persoal Facultativo e Acción Sindical no SERGAS”,  analizamos a falta de democracia, participación, e respecto polo persoal facultativo, que existe en moitos servizos (sobre todo hospitalarios) que é un obstáculo para o bo funcionamento e a eficiencia do servizo, e é unha fonte evitábel de amargura e desmotivación persoal.


 
Persoal Facultativo e Acción Sindical no SERGAS 3 Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Abril 2011 21:21

colexiacionlibre-ImaxeNo número 3 da serie “Persoal Facultativo e Acción Sindical no SERGAS”, a Agrupación Médica de CIG-Saúde pon de manifesto a súa posición de  defensa da liberdade de colexiación dos facultativos e, consecuentemente, apoia activamente a “Iniciativa pola Liberdade de Colexiación nas Profesións Sanitarias”, plataforma plural creada recentemente para defender a colexiación libre dos profesionais sanitarios galegos.


Número 3: “As posicións sindicais sobre a liberdade de colexiación”.

 
Persoal Facultativo e Acción Sindical no SERGAS 2 Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Abril 2011 06:04
Mir-1Continuando coa serie “Persoal Facultativo e Acción Sindical no SERGAS”, a Agrupación Médica de CIG-Saúde (AgM-CIG) quere presentar algunhas das súas propostas para os facultativos sobre a maior anulación de dereitos da nosa vida que estamos a sufrir, a contagotas, con incorporación progresiva, como se chegasen pola porta de atrás, pero están aquí,  e temos que darlles resposta, temos que reaccionar.

 
Persoal Facultativo e Acción Sindical no SERGAS 1 Imprimir Correo-e
Martes, 26 Abril 2011 17:20

AgM-1-eleccionsO próximo día 5 de maio son as eleccións sindicais no SERGAS.


Os problemas dos facultativos son moitos. Para tentar resolvelos, cales son as propostas dos distintos sindicatos?.


Na serie “Persoal Facultativo e Acción Sindical no SERGAS”, a Agrupación Médica de CIG-Saúde (AgM-CIG) irá presentando algunhas das súas propostas para os facultativos, e as diferenciará das que propoñen outras alternativas sindicais.


Número 1: “Parar a precariedade na contratación de FEAs. Unha tarefa prioritaria”

 



Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info