productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Publicada a Lei sobre racionalización do Gasto Farmacéutico Imprimir Correo-e
Luns, 27 Decembro 2010 22:00

Gasto-farmaceutico-1Publicada a Lei sobre racionalización do Gasto Farmacéutico

No DOG do martes 28 de decembro de 2010 publicase a Lei 12/2010, de racionalización do gasto na prestación farmacéutica da Comunidade Autónoma de Galicia. ico_pdf

 
Desconto Paga Extra Imprimir Correo-e
Domingo, 12 Decembro 2010 23:09

Táboa co desconto que se fará na paga extraordinaria do mes de decembro ao Gupo A1:

Extra-decembro

Información completa ico_pdf

 
ORZAMENTOS 2011: continuará a precariedade laboral e a conxelación salarial Imprimir Correo-e
Xoves, 23 Setembro 2010 06:36

De cara aos orzamentos do vindeiro ano, vanse confirmando os peores presaxios:

A Conselleira de Facenda di: “A Xunta de Galicia está a elaborar os orzamentos para 2011 coa previsión de que o gasto non financeiro terá que reducirse en case 950 millóns de euros, un 8,6%.”

Ver noticia en Redacción Médica

Ler máis...
 
A FADSP apoia a Folga Xeral do 29-S Imprimir Correo-e
Luns, 20 Setembro 2010 12:29
FADSP-1A Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Publica (FADSP), diante a convocatoria de folga xeral do día 29 de setembro, fai publico un comunicado no que apoia a convocatoria e fai un chamamento á poboación e aos profesionais da saúde para que a secunden masivamente.
Ler máis...
 
Terremoto no Clínico de Santiago coa elección do novo Xefe do Servizo de Cirurxía. Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Setembro 2010 20:28
O eligido é adxunto e está casado coa xerente do Sergas
Tamén optaban ao posto o catedrático Miguel Caínzos e o xefe de Transplantes, Evaristo Varo, quen denunciará a designación
(...)
 
Como defender os nosos dereitos? Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Setembro 2010 16:44

Temos que ser conscientes de que ou se dá unha resposta contundente o día 29 ou será imposíbel frear a perda de dereitosSuso Seixo

Entrevista ao Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, con motivo da convocatoria de folga xeral.
A idea que pretende trasladar o goberno de que as medidas son conxunturais supoñen un tremendo engano. Non hai máis que botarlle un ollo aos comunicados que saca o FMI,  as políticas que impón son as de recortes e precarización. E mesmo fala abertamente de aproveitar a conxuntura para acometer todas as reformas laborais precisas; é dicir, que se fan co ánimo de que perduren.
Aquí estase cuestionando todo un modelo de relacións laborais, de protección social, de dereitos, que é o que se pretende tirar abaixo. O que a clase traballadora ten que ter moi claro, é que se o conseguen, recuperar os dereitos perdidos vai custar moito esforzo e moitos anos. É unha loita de poder entre o capital e a clase traballadora pór impor un modelo económico e produtivo favorábel a uns intereses ou a outros (...).
 
O sindicalismo na diana Imprimir Correo-e
Mércores, 15 Setembro 2010 18:35
AlvoSindical_1 Os medios de comunicación que apoian as políticas neoliberais están desenvolvendo unha feroz ofensiva contra os sindicatos e os representantes sindicais.
Detrás da actual enxurrada mediática contra os "liberados", encabezada pola "lideresa" Esperanza Aguirre, están as forzas políticas e os intereses económicos dos responsabeis da crise e da progresiva precarización das condicións de laborais e sociais dos traballadores. Pretenden desprestixiar aos representantes sindicais, co obxectivo de reducir a capacidade dos traballadores de resistir a ofensiva neoliberal contra o mundo do traballo, que se concreta na  precarización das condicións e traballo, en redución de salariais, en despidos ... na redución dos dereitos laborais e os dereitos sociais dos traballadores.
Porqué esta ofensiva contra os representantes sindicais?: Porque son plenamente conscientes de que, na actualidade, o sindicalismo de clase é o principal instrumento con que contan os traballadores para evitar a destrución do estado de benestar, que e un obxectivo estratéxico dos neoliberais.

Joaquín Pérez Rey, profesor de Dereito do Traballo da Universidade de Castilla - La Mancha, publicou  recentemente unha interesante reflexión sobre este tema, "O sindicato na diana" é o seu expresivo título.

 
As médicas e médicos temos razóns dabondo para ir á folga do 29 de setembro. Imprimir Correo-e
Domingo, 05 Setembro 2010 08:12
Interesante artigo do Profesor Vicenç Navarro, no que demostra:
- que a enxurrada contra o mundo do traballo (recortes salariais e de dereitos laborais e sociais) é presentada erroneamente como unha meida necesaria para saír da crise,
- que as políticas neoliberais impulsadas polos 'establisments' e os gobernos da UE, están perxudicando ás clases populares, e que é preciso reaccionar e saír da pasividade.
Público, 02/09/2010
As médicas e médicos galegos, como os demais traballadores, estamos sufrindo as políticas neoliberais: recorte salarial, non aplicacións dos acordos pactados, retorno da precariedade na contratación, non aplicación da carreira profesional, plan de recursos humanos do SERGAS claramente oposto aos nosos intereses, ...).
Temos que parar a ofensiva neoliberal contra os nosos dereitos e intereses !!
A pasividade, promovida polos gobernos e o corporativismo, non vai solucionar nada !!
As médicas e médicos temos razóns sobradas para ir á folga do próximo día 29 de setembro !!!
 
Novas de Política Sanitaria Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Setembro 2010 16:39
   Artigo de Vicenç Navarro (catedrático de Políticas Públicas da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona) no que sinala que, contra o que están dicindo voces excesivamente compracentes, no Estado Español gástase en sanidade pública moito menos do que corresponde polo nivel de desenvolvemento que ten.
   O artigo sinala outras posíbeis fontes de financiamento para cubrir o déficit de gastos sanitario público, sinalando que a énfase mediática no copago, ignorando outras alternativas que xerarían máis fondos e serían máis equitativas.
Público, 29/07/2010.
  
Outras novas interesante relacionadas coa sanidade galega que apareceron na prensa no último mes.
 
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>


Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info