productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Información da reunión da Mesa Sectorial sobre a “Lei de Medidas” e os cambios na Xornada Laboral. Imprimir Correo-e
Luns, 12 Marzo 2012 10:15

calendario-XORNADA-1O venres 9 de marzo celebrouse a Mesa Sectorial para tratar da aplicación da “Lei de Medidas” no SERGAS.

A Lei de Medidas é de aplicación desde o día 3 de marzo de 2012, incluíndo as disposicións adicionais, transitorias e derrogatorias. A Administración vai explicando punto por punto a Lei e a súa aplicación no SERGAS:


  • ARTIGO 2.- Incapacidade Temporal: I.T. Esta medida é de aplicación desde o día 3 de marzo. A Dirección Xeral de Función Pública está a elaborar unhas instrucións de desenvolvemento deste artigo: modalidades de hospitalización,  1ª, 2ª e posteriores baixas... Con posterioridade a que función pública elabore as instrucións, estas pasarán pola Mesa Sectorial para, se cabe, modificar algo.


Desde CIG-SAÚDE rexeitamos a Lei e a posterior instrución. Solicitamos a retirada da norma e a recuperación deste dereito establecido desde o ano 72. Esta medida non pretende mellorar o sistema sanitario, nin a prestación de servizos,  senón aplicar políticas  dirixidas a cebarse cos máis débiles en beneficio dos poderosos. O que está a facer a Admón. e aplicar un imposto sobre a enfermidade, imposto que tamén pretende aplicar ao persoal que este goberno entende que non ten dereito á prestación sanitaria, cando a sanidade debe ser gratuíta e universal.


  • ARTIGO 3.- Acción Social.  A Admón. non vai recoñecer novos complementos de pensións. O persoal que o está a percibir en aplicación do artigo 151 do Estatuto do Persoal Sanitario Non Facultativo seguirá percibindo o devandito complemento, pero non haberá novos recoñecementos.


O persoal laboral e funcionario deixará de percibir os complementos de acción social.

Desde CIG-SAÚDE lamentamos que o SERGAS retire a acción social destinada ao pago de garderías ou escolas infantís,  pois como diría o Sr. Gallardón, isto vai a contribuír a fomentar a “violencia de xénero estrutural” que presiona ás mulleres para que aborten. Se retiran as poucas axudas que hai para a conciliación, cómo pretenden que as mulleres teñan fillos/as?

Xubilación Forzosa. Isto xa está recollido no plan de ordenación de RRHH , na próxima semana enviarán as instrucións do SERGAS que desenvolven este tema.

As contías que se percibían por Acción Social deixarán de percibirse desde o mes de abril.


  • XORNADA LABORAL. A Admón. recoñece que no SERGAS xa se está a facer unha xornada de 37,5 hs semanais. Vanse respectar as xornadas especiais establecidas, redución de xornada en función do nº de noites realizadas. O que si se vai incrementar, a todo o persoal, son as 21 hs correspondentes á redución de 3 días de LD.


A xornada complementaria de medicas/os de urxencias e do persoal de PACs empezará a retribuírse a partires das 132 hs, pola aplicación do incremento das 21 horas de xornada: Xornada complementaria: pasa de 130 a132 hs. Resto da xornada non se modifica. Mantense que a xornada complementaria operará a partires das 190 hs. Para o persoal con Xornada fixa noctuna a xornada pasará a ser de 1451hs. Para o persoal de quenda rotatoria que inclúe noites, vaise publicar unha nova táboa de xornada ponderando o aumento das 21 hs.

CONCLUSIÓN: Respéctanse os acordos vixentes, mais co incremento das 21 hs. Publicarán unha nova táboa de xornada ponderando este aumento de horas.

Desde CIG-SAÚDE rexeitamos o incremento de xornada, isto só vai servir para incrementar a bolsa de parados,  reducindo a contratación. Ademais, o persoal que fai quenda rotatoria complexa con cambios de quenda, xa leva anos facendo máis xornada que a estipulada, polo que xa ten esas 21 hs máis de xornada contabilizadas no tempo que dedica aos relevos nos cambios de quenda.

Desde CIG SAÚDE solicitamos que se recolla en acta un acordo de Mesa Sectorial, coa conseguinte publicación, de que o recorte do 1/3 da xornada non é de aplicación ao persoal do SERGAS. Consecuentemente con isto, a Admón. publicaría unha Orde na que se recollera a desaparición definitiva de: contratos a media xornada, contratos de luns a venres e resto de modalidade de contratacións respectando sempre o principio de causalidade que motiva a contratación. Este tema foi rexeitado pola Admón., argumentando que os contratos a tempo parcial fanse en aras a unha “xestión eficaz”. Unha vez máis van facer o contrario do que anuncian.

 
A “Lei de Medidas” e os cambios na Xornada Laboral do persoal Facultativo Imprimir Correo-e
Mércores, 07 Marzo 2012 23:00

Recortes-PPA “Lei de Medidas” e os cambios na Xornada Laboral do persoal Facultativo:

a posición da Agrupación Médica de CIG-Saúde.
 

A “Lei de medidas temporais en determinadas materias do emprego público” contén un artigo que pode afectar á xornada laboral das e dos facultativos, nas diferentes categorías e modelos retributivos que temos: FEAs, Médicos de Atención Primaria en atención ordinaria, Médicos de Atención Primaria en PACs, Médicos de Urxencias Hospitalarias, etc.

Artigo 5. Xornada laboral

1. A partir da entrada en vigor desta lei, e para o conxunto de todo o persoal comprendido no seu artigo 1, a xornada ordinaria de traballo terá unha media semanal non inferior ás trinta e sete horas e trinta minutos.

Esta media semanal entenderase sen prexuízo das xornadas especiais existentes, que se adaptarán á xornada ordinaria coas correspondentes modificacións.” 

A CC.AA. de Madrid, na súa propia “lei de medidas” tamén establece a xornada semanal en 37,5 horas, e  para cada facultativo/a a administración creou unha bolsa de horas, coa diferenza entre as 35 horas de xornada laboral que tiñan e as 37,5 horas establecida na súa lei de medidas (aproximadamente 14 días/ano). A administración poderá usar esa bolsa de horas para obrigar aos facultativos/as a facer esas horas de xornada a maiores da que teñen actualmente (tardes, cubrir baixas, ...).      

O día 09/03/2012, o SERGAS presentará en Mesa Sectorial a súa proposta de aplicación no ámbito sanitario da “Lei de Medidas” para o conxunto da área pública.  

Diante da incerteza creada pola aplicación práctica desta Lei á nosa xornada, desde a Agrupación Médica de CIG-Saúde queremos por de manifesto as posicións que defenderemos diante do SERGAS:

1.- Rexeitamos a creación de calquera tipo de bolsa de horas á disposición do SERGAS, porque entre outros motivos, os facultativos/as do SERGAS xa temos unha xornada de 37,5 horas semanais.

2.- Se existen profesionais que na actualidade non fan na práctica as 37,5 horas de xornada semanal, e o SERGAS pretende obrigarlles a facelo, CIG-Saúde defenderá que só se poderá facer dentro da xornada ordinaria. Rexeitamos calquera modificación do ámbito da prestación da atención ordinaria (AP-Ordinaria, AP-PAC,...)

3.- As xornadas especiais (PACs, Urxencias Hospitalarias, ...) teñen que ser respectadas.

4.- Os descansos ininterrompidos de 12 horas entre xornadas de traballo son intocábeis.  

 
Contra os recortes na Administración Pública Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Febreiro 2012 23:00

Contra-recortesCIG-Saúde rexeita as medidas de recortes para os/as empregados/as públicos/as que foron presentadas pola Conselleira de Facenda e o Director Xeral de Función Pública, non só por recortar dereitos laborais senón porque o que se pretende con estas medidas é rematar coa prestación da asistencia sanitaria.

Se se trata de xestionar eficientemente, non entendemos porqué se recorta sempre a traballadores/as e non se introducen outro tipo de medidas para combater a crise, sempre se prexudica aos máis débiles, a clase traballadora. As medidas anunciadas van ser especialmente lesivas coas persoas aspirantes das listas de contratación e con aquelas que actualmente están contratadas con vínculos temporais, o que agravará o paro entre os/as traballadores/as de todas as categorías da Sanidade.


Estas medidas concrétanse en:

 

  • Aumento de 21 horas sobre a xornada ordinaria actual.
  • Redución obrigatoria dun terzo de xornada para o persoal actualmente contratado con vínculos temporais e interinos, coa correspondente redución retributiva. Como medida benefactora, o persoal fixo tamén poderá optar voluntariamente por solicitar unha redución de xornada dun terzo, coa correspondente redución retributiva.
  • Consolidación de contratos inferiores á xornada legalmente establecida.
  • Xubilación forzosa aos 65 anos, aplicando a taxa de reposición, podéndose dar excepcións individuais.
  • Perda do complemento retributivo da Incapacidade Temporal para enfermidade común e accidente non laboral ata o día 21 da IT (remítese á lexislación xeral da Seguridade Social: os 3 primeiros días non haberá retribución, do 4º ao 20º percibirase o 60%, e a partir do día 21 percibirase o 100%)
  • Regularase en Mesa Sectorial do SERGAS a xornada non inferior a 37,5 horas semanais.
  • Eliminación da Acción Social (para persoal estatutario desaparece a axuda por gardería, mellora por fillo/a..., para persoal funcionario desaparece toda a Acción Social). 


Estas medidas son inasumibles na súa totalidade, precarizan aínda máis as condicións laborais e salariais dos/as empregados/as da Sanidade, polo que precarizan a prestación da asistencia sanitaria. A quén prexudican estas medidas? Ao persoal fixo e temporal do SERGAS, ás persoas aspirantes das listas de contratación, pero, sobre todo,  a toda a cidadanía usuaria do servizo da Sanidade Pública, posto que ao precarizar e empeorar as condicións laborais, reducindo persoal e aumentando cargas de traballo, diminúe a calidade da asistencia sanitaria.

Descarga e difunde frecha-r-2

 
Mobilizacións contra os recortes na administración Pública Imprimir Correo-e
Mércores, 08 Febreiro 2012 23:00

Calendario de MOBILIZACIÓNS conxuntas, convocadas polos sindicatos presentes na Mesa da Función Pública: CIG, CCOO, UGT e CSIF, contra o Anteproxecto de Lei de Medidas para o Emprego Público.


XOVES 9 DE FEBREIRO, 11:30 hs:
Concentración conxunta de Área Pública en San Caetano.



XOVES 16 DE FEBREIRO, 11:30 hs:
Concentracións nos Centros de Traballo que se determinen en cada comarca.



XOVES 23 DE FEBREIRO, 19 hs:
Concentracións conxunta nas 7 cidades.


Escrito das Organizacións Sindicais  CIG, CCOO, UGT e CSIF, solicitando a retirada do Anteproxecto de Lei de Medidas para o Emprego Público. ico_pdf

 
A “MESA DE NEGOCIACIÓN BILATERAL” Imprimir Correo-e
Martes, 13 Decembro 2011 10:24

Negociacion-Bilateral-1A “MESA DE NEGOCIACIÓN BILATERAL”: unha proposta sectaria e ilegal dos sindicatos médicos corporativos.

Os sindicatos médicos corporativos (CESM-OMEGA) pretenden que os problemas laborais dos facultativos se negocien nunha mesa de negociación bilateral entre eles e o SERGAS, e ao marxe da Mesa Sectorial.

Trátase dunha proposta que parte de premisas falsas, e que é claramente ilegal. Tamén é unha proposta profundamente sectaria, pois parte da autoproclamación dos seus promotores como únicos representantes dos facultativos, e pretende deixar ao noso sindicato fóra da negociación das condicións laborais e profesionais dos facultativos. Ademais, trátase dunha proposta que debilita a unidade de acción de todos os que afirmamos que nos opoñemos aos recortes e aos intentos de desmantelar a sanidade pública.

CIG-Saúde, e os facultativos que formamos parte da súa Agrupación Médica (AgM-CIG), non estamos dispostos a ficar calados nin quedos diante dun intento premeditado de negar o noso dereito á negociación colectiva e de marxinarnos. Temos razóns sobradas, e somos quen de razoalas e explicalas. Facémolo aquí.

A recente convocatoria de folga de facultativos do 16/11/2011, e súa posterior e escura desconvocatoria, volveu situar no centro do debate entre os profesionais sanitarios, unha vella pretensión do sindicalismo médico corporativo: a de que se abra “una Mesa de negociación y dialogo directo entre la Administración y CESM-OMEGA en la que se negociarán todas las cuestiones con repercusiones sobre el facultativo y la asistencia sanitaria”. Este, e non a loita contra os recortes, era o 1º obxectivo que se perseguía coa folga do 16/11/2011, como ficaba claramente establecido na acta de convocatoria de folga. Polos motivos que axiña explicamos, esa “Mesa bilateral”, é unha proposta totalmente inaceptábel para a CIG e para os facultativos que formamos a súa Agrupación Médica (AgM-CIG). Neste documento explicamos as nosas posicións.

 
Despois do “éxito”(??) da convocatoria de folga de CESM-OMEGA Imprimir Correo-e
Martes, 15 Novembro 2011 18:28

MILLONARIO-2Despois do “éxito”(??)  da convocatoria de folga de CESM-OMEGA, desde a Agrupación Médica da CIG (AgM-CIG) consideramos oportuno facer chegar a todos os facultativos do SERGAS, a nosa análise previa á folga. Esa análise é a que se adxunta despois desta introdución. Até agora, so a tiñamos difundido entre os nosos afiliados e simpatizantes, para evitar que alguén puidera argumentar que nos opoñiamos a unha folga contra os recortes.  

A desconvocatoria da folga e os motivos aducidos por CESM-OMEGA para facela, confirman plenamente a nosa análise. O sindicalismo médico corporativo non apostaba seriamente pola mobilización, non tiñan intención real de facer a folga, e a convocatoria non era máis que un amago por obxectivos diferentes que loitar contra os recortes.

Os “logros” acadados na “ardua negociación”, e que según CESM-OMEGA xustifican a desconvocatoria da folga, non teñen nada que ver cos motivos recollidos no texto de convocatoira da folga , e tampouco teñen nada que ver coa loita contra os recortes, coa que se pretendeu xustificar a folga. O sindicalismo médico corporativo heiche ben pouco serio.

Na acta de desconvocatoria da folga, so aparecen recollidos compromisos relacionados co CPV: a avaliación dos obxectivos independentemente de que se tiveran asinado ou non, e a desaparición de obxectivos excluíntes para o CPV-2012. Alegrámonos que o SERGAS poña por fin por escrito o que os seus responsábeis viñan recoñecendo desde hai tempo: a non avaliación de obxectivos aos que non asinen os obxectivos é manifestamente ilegal e contradictorio con múltiples sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, e os obxectivos excluíntes afectaban a unha ínfima minoría de facultativos e xa tiñan decidido non incluílos para o CPV-2012.  En calquera caso eses “logros” non teñen nada que ver cos motivos recollidos no texto de convocatoria da folga, nin coa loita contra os recortes, nin coa aplicación da taxa de reposición que pode supoñer a perda de 900 postos de traballo de Facultativos nos próximos anos,  motivos principais que publicamente dicían que xustificaban a folga.

Ler máis...
 
Publicada a Orde de Reavaliación das Xefaturas Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Xullo 2011 09:31

birretePublicase no DOG do 28 de xullo a Orde do 6 de xullo de 2011 pola que se establecen as bases do procedemento para a reavaliación de determinadas xefaturas de persoal licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde.

Na Orde establécese que serán avaliadas tamén as xefaturas provistas polo sistema establecido na Orde do 5 de febreiro de 1985.

 
Sectarismo e irresponsabilidade do SERGAS no retorno ao servizo activo Imprimir Correo-e
Mércores, 29 Xuño 2011 17:50

ana_pastormaria-mendezSe Ana Pastor, médico de familia, ou Francisco Villar, cirurxián, se reintegraran á actividade profesional despois dos anos que levan sen exercer, faríanlles o mesmo que a María Méndez, e so lles darían 1 mes para reciclaxe?


SECTARISMO E IRRESPONSABILIDADE DO SERGAS NO REINGRESO DUNHA FACULTATIVA AO SERVIZO ACTIVO TRAS OCUPAR UN CARGO PÚBLICO.


Tras ocupar cargos de representación pública, xa sexa no mundo sindical ou político, aos profesionais sanitarios se lles recoñecía un período equivalente a un mes de reciclaxe por ano de exercicio do cargo electo, afastado do exercicio profesional activo, cun máximo de cinco meses.


Este tempo non é un privilexio destes profesionais, é un  dereito dos pacientes a ser atendidos por profesionais coa formación actualizada, e é, tamén, un dereito da sociedade a que profesionais cualificados do ámbito sanitario dediquen un tempo da súa vida ao servizo á cidadanía en funcións de representación política ou sindical.


Esta situación non está especificamente regulada no SERGAS, polo que até este momento se lle aplicaba a que está recollida no artigo 62 do Decreto 206/2005, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, para cargos directivos do SERGAS.


Durante anos producíronse incorporacións de facultativos tras ocupar cargos políticos ou sindicais, que deixaron a actividade asistencial sabendo que, no seu retorno, terían un tempo para realizar a reciclaxe necesaria.


No último mes, e trala solicitude de reingreso da ex-concelleira María Méndez Piñeiro, médica especialista en Medicina Interna afiliada á CIG, ao servizo de Medicina Interna do CHUVI, ao que pertence, esta situación mudou.


A dirección do Complexo Hospitalario decide que o que se aplicaba a outros e outras na mesma situación xa non vale, que como non está regulado non ten a obriga de recoñecer ese permiso para reciclaxe.


A Dirección do SERGAS ratifica esta posición e dí que emitirá unha instrución para regular esta situación, na que non se recoñecerá o permiso para reciclaxe para un tempo concreto, senón que quedará ao criterio da Dirección correspondente. Para xustificar o sectarismo sacarán unha regulación “a posteriori”.


Con estas medidas están privando aos profesionais asistenciais do ámbito da sanidade do seu dereito á participación política e sindical, e están privando á sociedade das súas aportacións, xa que por responsabilidade ningún facultativo deixará a súa actividade se non ten garantido un tempo mínimo de reciclaxe ao seu regreso.


A Agrupación Médica de CIG-Saúde solicita do SERGAS que, pensando nos pacientes, na coherencia do sistema e nos dereitos das e dos profesionais, non adopte medidas sectarias e irresponsables.

 
Iniciativa pola Liberdade de Colexiación Imprimir Correo-e
Sábado, 26 Marzo 2011 13:43

colexiacionlibre-Imaxe

Iniciativa pola Liberdade de Colexiación nas profesións sanitarias

Nos próximos meses o Parlamento Español decidirá finalmente sobre a liberdade ou obrigatoriedade da pertenza aos colexios profesionais, incluídos os das licenciaturas e diplomaturas sanitarias. A Lei 1/2010, promovida pola Xunta de Galicia establecía a colexiación obrigatoria, sen embargo, esa lei foi recentemente suspendida cautelarmente polo Tribunal Constitucional. A decisión final sobre si a colexiación será colexiación libre ou obrigatoria, fica pendente dunha decisión lexislativa que non tardará en producirse.


Nesta situación, e en apoio da colexiación libre, ven de constituírse en Santiago a “Iniciativa pola Liberdade de Colexiación nas Profesións Sanitarias”, co apoio de profesionais sanitarios galegos da Medicina, Enfermería, Farmacia, Fisioterapia, Odontoloxía, Psicoloxía, ...


CIG-Saúde apoia a “Inciativa”, e chama a todos e todas as profesionais que defenden a Liberdade de Colexiación e ven na obrigatoriedade de estar colexiado unha imposición impropia dun país democrático, a que expresen o seu apoio á “Iniciativa” adheríndose a ela.


En http://colexiacionlibre.blogspot.com pode atoparse a “Declaración de Constitución” da “Iniciativa”.


Podedesvos adherir á “Iniciativa” enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , cos seguintes datos:

- Nome e  Apelidos,

- Grupo Profesional (enfermeir@, medic@ de AP, de AE, fisioterapeuta de AE, ...)

- Localidade


A lista de adhesións irá facéndose pública en http://colexiacionlibre.blogspot.com

Somos moitos, fagámonos escoitar.           Liberdade de Colexiación !!!

 
Acto Plataforma NON GRAZAS Imprimir Correo-e
Mércores, 02 Marzo 2011 11:19

Non-grazasActo organizado pola Plataforma Non Grazas Galicia e a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

Gasto farmacéutico en Galicia, repercusión sobre o sistema sanitario, medidas para racionalizalo e posicións sobre o Catalogo de Medicamentos

Poñentes:

Xosé Luís López Álvarez. Vicesecretarío   Colexio de Médicos de Ourense.

Miguel Angel  Santalices Vieira. Presidente Comisión  Sanidade Parlamento de Galicia. Deputado do PP.

María del Carmen Acuña do Campo. Secretaria  Comisión  Sanidade Parlamento de Galicia. Deputada do PSdeG.

Ana Luísa Bouza Santiago. Vogal Comisión  Sanidade Parlamento de Galicia, Deputada do BNG.

Día 3 de Marzo ás 20 horas

Salón de Actos do Colexio de Médicos de Santiago (Rua San Pedro de Mezonzo, 39)

 
Apertura de Listas Automáticas de contratación Imprimir Correo-e
Martes, 01 Marzo 2011 08:43

Bic_negroÁbrese o prazo para a presentación de solicitudes nas Listas Automáticas de contratación do SERGAS para as categorías de ATS/DUE, Cociñeiros/as, matronas, médicos de familia, médicos de urxencias hospitalarias e pediatras.

Lembrar  que estas Listas Automáticas so se abren para estas categorías, tres veces ao ano, marzo, xullo e outubro.  O motivo é pola escaseza de persoal para estas categorías.

O prazo de presentación de solicitudes empeza o martes 1 de marzo e remata o martes 15 de marzo.

Descarga a solicitude

 
POLA LIBERDADE DE COLEXIACIÓN Imprimir Correo-e
Domingo, 20 Febreiro 2011 23:27

POLA LIBERDADE DE COLEXIACIÓN NAS PROFESIÓNS SANITARIAS

omc-candado-2

O Tribunal Constitucional declarou a suspensión cautelar da Lei 1/2010 de Colexiación Obrigatoria da Xunta de Galicia. Agora é preciso que o goberno central note que somos moitísimos os profesionais sanitarios que reclamamos que no desenvolvemento da Lei Ómnibus, que proximamente realizará o Parlamento Español, se inclúa a Colexiación Voluntaria.  ico_pdf

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>


Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info