productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

OS CIDADÁNS REXEITAN A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA Imprimir Correo-e
Domingo, 02 Decembro 2012 17:42

- So o 9% da poboación está a favor da privatización dos hospitais públicos.

- Máis de 2/3 da poboación cre que a xestión privada dos hospitais empeora a sanidade.

“El Pais”, 2 de decembro de 2012 (Edicción Dixital e en papel).


87NonPrivatizacion69Emperorara_1

 
FOLGA XERAL 14 de NOVEMBRO Imprimir Correo-e
Mércores, 31 Outubro 2012 12:54

O Consello Confederal da CIG ratifica a decisión de convocar folga xeral para o 14 de novembro. ico_pdf


Coincide coa convocatoria a nivel de estado con CCOO e UGT e noutros países periféricos da UE como Portugal.


O obxectivo da folga xeral é mostrar o rexeitamento da clase traballadora galega ás reformas en materia de lexislación laboral, políticas sociais e políticas económicas e orzamentarias.


Fonendos-14N-2a) Oposición á reforma da lexislación laboral, que provocou un retroceso sen precedentes nos dereitos dos traballadores e traballadoras, tanto no plano individual como no colectivo.


b) Oposición ás políticas antisociais, chamadas de austeridade, que poñen en perigo os fundamentos do Estado Social: educación, sanidade e servizos públicos.


c) Oposición ás medidas económicas e fiscais que están a agravar a crise, incrementando o desemprego, a pobreza e a exclusión social.

 
MOBILIZATE CONTRA O SAQUEO AO QUE NOS SOMETE O GOBERNO DO PP Imprimir Correo-e
Mércores, 10 Outubro 2012 11:06

urna2VOTA O 21 DE OUTUBRO, DILLE A FEIJOO QUE NON!!


Non consintas que os mercados e as políticas neoliberais nos convertan en escravas/os dos seus intereses. A súa avaricia non ten límites, e para isto contan co apoio e a complicidade de FEIJÓO E DE TODO O PARTIDO POPULAR.

Non podemos permitir que mentres hai cada día máis ricos/as, e aumenta a súa riqueza, o resto do pobo nos quedemos sen traballo, sanidade pública, educación, servizos sociais...

Qué compensación están a recibir o Sr FEIJÓO e o seu goberno por condenar ao pobo Galego a límites de pobreza extrema  destruíndo os servizos públicos e o estado de benestar?

Desde CIG-SAÚDE queremos enumerar algunhas das medidas que o goberno do PP implementou na Galiza para conseguir o seu obxectivo: “desmantelamento da sanidade pública para vendela ao mellor postor”.

Ler máis...
 
Nepotismo e Xefaturas Imprimir Correo-e
Xoves, 13 Setembro 2012 18:21

UN NOVO CHANZO NO SAINETE DO TRIBUNAL DA XEFATURA DE SERVIZO DE PSIQUIATRÍA DO CHOP

eroticapoder    O que está pasando co nomeamento de Xefe de Servizo do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP), é un cúmulo de despropósitos, así como un claro exemplo de nepotismo e, polo que se ve, tamén de incompetencia. Cando semellaba que o tema estaba “resolto” coa “selección” do candidato imposto polo SERGAS, agora resulta que esa “elección” non foi válida, que houbo que constituír unha nova Comisión de Avaliación (tribunal), e que o luns 17 de setembro terá lugar, de novo, o proceso de defensa dos respectivos currículos e proxectos técnicos por parte dos dous candidatos á praza.

   Na opinión da Agrupación Médica da CIG (AgM-CIG), a principal lección que cómpre tirar de todo este espectáculo, é que o actual marco legal de acceso ás xefaturas permite que os responsábeis do SERGAS poidan “designar” aos Xefes de Servizo en función de criterios alleos aos profesionais. Ese marco legal ten que ser modificado, de xeito que os méritos e capacidades profesionais dos candidatos sexan os principais determinantes no acceso ás xefaturas do SERGAS.

Ler máis...
 
AVANZAR CARA O PASADO: A SANIDADE COMO MERCADORÍA Imprimir Correo-e
Domingo, 09 Setembro 2012 16:47


Un interesante artigo para entender o que realmente está pasando na sanidade pública, é dicir, os motivos polos que algúns procuran o seu progresivo deterioro.

Roto_crisis_el_roto_1_thumb3  “... A obtención do dereito á saúde foi un dos beneficios sociais máis importantes da segunda metade do século XX, comparábel ao dereito ao voto, á educación, ou a ter unha pensión.

... o sector sanitario situouse no punto de mira de gobernos conservadores, institucións internacionais e grandes empresas (farmacéuticas, de tecnoloxía, de seguros e hospitalarias), e foi medrando progresivamente a presión para mercantilizar a sanidade. A razón é doada de entender: nunha fase de estancamento capitalista e de redución de beneficios, a atención sanitaria é un lugar ideal para facer negocios.” 

“... Os argumentos ideolóxicos, repetidos desde entón até a saciedade, son ben coñecidos: o sector público é “insostíbel” e “burocrático”, o sistema privado é “más eficiente” que o público, “a saúde pertence ao ámbito persoal”, os usuarios son responsábeis de “abusar da sanidade”. Nin a investigación científica nin a propia OMS confirman eses supostos.

... A sanidade pública é máis equitativa (sobre todo cando ten financiamento suficiente), eficiente (sobre todo cando se pula da atención primaria) e ten máis calidade que a privada.”

A Sanidade como mercadoría. ico_pdf

Interesante artigo de Joan Benach* publicado en “El País” o 16/08/2012.

*Profesor de Saúde Pública, membro do Grupo de Investigación en Desigualdades en Saúde da Universidade Pompeu Fabra.

 
A INFANCIA EN ESPAÑA 2012-2013: O impacto da crise nos nenos Imprimir Correo-e
Martes, 31 Xullo 2012 22:39

A INFANCIA EN ESPAÑA 2012-2013: O impacto da crise nos nenos

informe-espana-2012-2013_0


Informe de UNICEF España.


      O comité español de UNICEF fixo público os seu 2º informe anual sobre a infancia do noso país: “A Infancia en España 2012-2013. O impacto da Crise nos nenos), que provocou certo debate nos medios de comunicación polos seus resultados, pouco alentadores para tratarse dun país desenvolvido.

      A idea clave, que se transmite a lo longo de todo el informe é, que a carencia de recursos adecuados para a idade infantil non so repercute desfavorabelmente nesta poboación senón que ten nefastas consecuencias para o futuro de todo o país a medio e longo prazo.

Resume comentado de Enrique Rodríguez-Salinas Pérez, do grupo de Cooperación internacional de AEPap

Informe completo 

 
A MODIFICACIÓN DO IRPF TRALA SUSPENSIÓN DA PAGA EXTRA. Imprimir Correo-e
Venres, 27 Xullo 2012 08:26

Desde CIG-Saúde puxémonos en contacto co SERGAS para preguntarlles como van a aplicar a modificación do IRPF pola perda das retribucións trala suspensión da paga extra.


agencia_tributariaO SERGAS nos informa que, unha vez publicado o Real Decreto, o previsible é que a axencia tributaria publique un novo algoritmo de calculo, e que cada Xerencia o incorpore ao seu programa de nóminas. Se neste mes  a axencia tributaria non o fixera, o SERGAS faríao de oficio.

Xa tiveron unha reunión cos informáticos para que traballen no tema, e estea resolto no mes de agosto, de non ser posible sería na nómina de setembro. Farán unha estimación de calculo  de aquí a final de ano.

 
Os Medicamentos Xenéricos e o Real Decreto 16/2012 Imprimir Correo-e
Xoves, 19 Xullo 2012 13:11

pilulas1 CIG-Saúde ven de dirixir un escrito á Conselleira de Sanidade amosando a preocupación pola situación creada pola aplicación do R.D 16/2012, no referente á prescrición de Medicamentos Xenéricos e os problemas denunciados polo Colexio de Farmacéuticos de Ourense, pedíndolle a Rocío Mosquera que asuma as súas responsabilidades e esixa ao Ministerio de Sanidade que á súa vez cumpra e faga cumprir coas súas.   ico_pdf

Ler máis...
 
CONTRA AS AGRESIÓNS E OS RECORTES Imprimir Correo-e
Venres, 13 Xullo 2012 08:27

OO-SS-Sanidade
CONTRA AS AGRESIÓNS E OS RECORTES

SUPRESION DA PAGA EXTRA DE NADAL

SUPRESIÓN DE MAIS DÍAS DE LIBRE DISPOSICIÓN

INCREMENTO  DA XORNADA LABORAL

RECORTES CONTRA A DEPENDENCIA

RECORTES NAS SUBVENCIÓNS DO DESEMPREGO


CONCENTRACIÓN

VENRES 13 DE XULLO

NAS ENTRADAS DOS HOSPITAIS E CENTROS DE SAÚDE

 
Prolongación da vida laboral despois da idade de xubilación Imprimir Correo-e
Venres, 06 Xullo 2012 09:21

No DOG do 6 de xullo publícase a ORDE pola se regula o procedemento de autorización da prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo do persoal estatutario.

xubilacionDesde CIG-SAÚDE presentamos as seguintes alegacións a esta ORDE, que non foron tidas en consideración:

Desde CIG-SAÚDE solicitamos que só se conceda a prolongación da vida laboral e a permanencia no servizo activo, procedemento que se pretende regular na presente orde, cando a Admón. teña detectado a imposibilidade de incorporar novos profesionais por ser superior a demanda ao nº de titulados dispoñibles.

Entendemos que na situación actual, na que xa existen bolsas de profesionais en situación de desemprego, ou en contrato precario, non xustifica en modo algún prolongar a vida laboral das persoas que teñen a cotización necesaria para acadar a súa correspondente prestación por xubilación.

Así mesmo non é entendible que a Admón. desperdicie as/os novos profesionais despois da inversión realizada na súa formación, e a frustración que xera nas persoas que inverteron tempo, ilusión e traballo na súa formación para por a disposición da empresa o seus coñecementos a imposibilidade de acceder ao emprego.

Maior dúbida nos presenta o persoal que tendo cumprido os 65 anos, non acadase a cotización mínima, segundo a lexislación vixente, para ter dereito á prestación correspondente. Este persoal podería quedar exento da avaliación até cumprir o período mínimo de cotización.

A reposición do persoal xubilado será do 100%, non se pode utilizar a xubilación dos profesionais para diminuír o cadro de persoal estatutario, facendo inviable a prestación do servizo e facilitando a privatización do mesmo.

Para prolongar a vida laboral do persoal que teña unha traxectoria especialmente distinguida na asistencia, docencia e investigación..., a Admón. xa ten regulado mediante decreto a figura do persoal emérito.

Así mesmo as novas incorporacións das/os profesionais serán a xornada completa. 

 
O 17 de maio Queremos Galego! ás 12 na alameda de Santiago de Compostela Imprimir Correo-e
Venres, 11 Maio 2012 11:27

qg-17Maio-gifPresentouse en Vigo o manifesto co que Queremos Galego chama a unha "participación masiva" na manifestación do vindeiro 17 de maio.

O texto foi elaborado polo escritor Agustín Fernández Paz, un dos autores máis destacados e premiados da literatura galega actual.

Presentouse en Vigo o manifesto co que a plataforma cidadá unitaria Queremos Galego chamará durante as próximas semanas a unha “participación masiva” de toda a sociedade na manifestación que convoca para o próximo 17 de maio en Santiago de Compostela.

A presentación tivo lugar no transcurso dunha conferencia de imprensa na que participaron o debuxante e deseñador Pepe Carreiro e a escritora Marta Dacosta, portavoces de Queremos Galego na comarca de Vigo; Carlos Callón, presidente da Mesa e portavoz nacional da plataforma cidadá; e o escritor Agustín Fernández Paz, de cuxa autoría é o manifesto. Tampouco nesta ocasión a TVG cubriu o acto. “E son xa 121 días seguidos”, contabiliza a plataforma.

Reprodúcese, a seguir, o texto íntegro do manifesto presentado:

Ler máis...
 
O copago (repago) e a Sanidade Pública Imprimir Correo-e
Mércores, 02 Maio 2012 11:18

Máis de 400 delegados/as da CIG de Vigo participaron nunha asemblea celebrada o día 25 de abril na que se analizaron as últimas medidas económicas e sociais impostas polo Partido Popular.

Na asemblea participou Manuel G. Moreira, membro da Agrupación Médica de CIG-Saúde e da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (SOS Sanidade Pública), que explicou as últimas medidas aplicadas polo Goberno central mediante un Real Decreto e as súas consecuencias sobre o sistema sanitario.

Asemblea-CIG-Vigo-COPAGO-1Na súa opinión, a entrada en vigor do texto “dá por finiquitada a sanidade pública tal e como a entendiamos até o de agora xa que rompe algúns dos seus principios fundamentais como a universalidade, a equidade ou a gratuidade no momento da prestación. Fronte a isto, reivindicou a defensa dunha sanidade planificada en función dos intereses da cidadanía e non das empresas, participativa (da cidadanía, non só de políticos e técnicos) e con carácter redistributivo da riqueza.

Neste punto, alertou da introdución dos “valores do mercado” na sanidade pública e asegurou que a ofensiva que está a padecer responde a que “non queren mellorar a súa xestión senón liquidala”. Nesta liña, asegurou que a crise económica só é unha escusa para afondar nun plan dos anos 90 “apoiado en institucións como a OMC, o FMI, o Banco Mundial e as grandes multinacionais”.

Segundo indicou, unha das medidas que xa se propuñan daquela era o chamado copago -que cualificou como un imposto á enfermidade- e do que dixo que “non é outra cousa que volver a pagar por algo que xa pagamos cos nosos impostos, polo tanto sería mellor falar de repago”.

Denunciou que agora o que propoñen é baixar o custe da asistencia sanitaria (mediante a redución do gasto farmacéutico e das prazas e os soldos do persoal) e a controlar o acceso á mesma. “Non van supoñer aforro económico e pola contra traducirase nun empeoramento da saúde”, ao tempo que insistiu en que afectarán sobre todo a enfermos/as crónicos/as, persoas con discapacidade, pensionistas e maiores.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>


Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info