productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2017

Orde Conf. Nóminas

2017

Orde Nominas 2017

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Sanidade convocará 6.526 prazas MIR, as comisións das especialidades pedían 6.687 Imprimir Correo-e
Luns, 31 Xullo 2017 08:23

Mir-1O Ministerio de Sanidade ofertará 6.526 prazas MIR para a convocatoria 2017-2018, un 3,9 por cento máis que o ano pasado.

As Comisións das especialidades solicitaban 6.687 polo que se perden 152 prazas MIR acreditadas.  O número de prazas a cubrir podería ser menor de se producir a desacreditación dalgunha unidade docente; na pasada convocatoria, as 6.328 prazas aprobadas polo ministerio e autonomías, quedáronse nas 6.281 finalmente ofertadas, trala desacreditación de 47 postos de formación.


Segundo fontes ministeriais, a oferta global de prazas de formación sanitaria especializada que, ademais das prazas médicas, inclúe as de Enfermería, Farmacia, Psicoloxía, Bioloxía, Radio física e Química, tamén crece con respecto á pasada convocatoria, pasando de 7.772 ás 8.057 acordadas este ano na reunión do Pleno da Comisión de Recursos Humanos que tivo lugar o pasado 26 de xullo para pechar a oferta definitiva de postos. Neste caso ás Comisións de especialidades solicitaban 8.576, pérdense 519 prazas de formación sanitaria especializada.

O total de prazas ofertadas quedaría:

·         6.526 prazas para médicos,

·         245 para farmacéuticos,

·         135 para psicólogos,

·         33 para radio físicos,

·         65 para químicos, biólogos e bioquímicos,

·         1.053 para Enfermería (un 5,9 por cento máis que na pasada convocatoria).

 
Selección temporal de FEAS: aasignatura pendente do SERGAS Imprimir Correo-e
Xoves, 22 Xuño 2017 11:57

Medico-aSELECCIÓN TEMPORAL DE PERSOAL FACULTATIVO DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA

A ASIGNATURA PENDENTE DO SERGAS ico_pdf


Neste ano cúmprense  25 anos do primeiro pacto de selección temporal do persoal estatutario do SERGAS. En cada pacto fóronse incluíndo novos colectivos profesionais, vencendo a resistencia   do SERGAS , de deixar fora do mesmo as/os licenciadas/os sanitarios.


O actual pacto recolle a selección temporal de licenciadas/os sanitarios das categorías de: Médicas/os de Familia, Pediatras  e Odontólogas/os de atención primaria e Psicólogas/os Clínicos. E agora, por fin, parecía que a Administración sanitaria ía rematar coa arbitrariedade na contratación de FEAS (Facultativos Especialistas de Área), e o pacto de selección temporal de persoal Facultativo de Atención Hospitalaria ía ser unha realidade.


O Plano de estabilidade publicado o día 4 de maio de 2017, volve a recoller un procedemento de selección de licenciadas/os sanitarios para atención especializada.  O día 5 de maio de 2017, convocase a primeira, e única reunión da comisión técnica. Nesta reunión a Administración fíxonos entrega do borrador de selección temporal de FEAS, e desde aquela nunca mais.


  • O plano de estabilidade do SERGAS recolle que a data 30 de xuño de 2017 estaría rematado o procedemento de estabilidade no emprego deste colectivo.

 

  • Que esta a pasar para que o SERGAS non convoque unha nova reunión da comisión técnica?

 

  • Que interese hai en seguir tendo na máis absoluta precariedade as/os licenciados sanitarios de atencións especializada?

 

  • Por qué o SERGAS non esta a cumprir o seu propio plano de estabilidade?

 

  • Coma unha Administración pode ter a un colectivo profesional asinando contratos, día si, día non, en vez de ofertarlle  vínculos de estabilidade, xa autorizados?

 
CIG-SAÚDE esixe do SERGAS a convocatoria inmediata  da comisión técnica de selección temporal de licenciados sanitarios de atención especializada.

Esiximos a inmediata negociación e aprobación do pacto de selección temporal, e que os vínculos de curta e longa duración se oferten polas listaxes resultantes deste procedemento.

Non ten ningún sentido manter a precariedade laboral.

 
Publicación de persoas admitidas e tribunais da OPE Imprimir Correo-e
Luns, 12 Xuño 2017 10:17

O SERGAS informa que está previsto que o 13 de xuño se publique no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva de admitidos/excluídos e os membros dos tribunais dos procesos selectivos de persoal licenciado sanitario e de xestión e servizos convocados por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 22 de decembro de 2016.

 
Convocatoria de concurso de traslados de FEAs Imprimir Correo-e
Martes, 06 Xuño 2017 10:56

maletas-2O luns 5 de xuño publicouse no DOG a Resolución do 23 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario deste organismo.

Prazo de presentación de solicitudes: Dende o 6 de xuño e ata o 5 de xullo de 2017.

Cada concursante deberá cubrir unha única solicitude de participación por categoría/especialidade, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (FIDES/expedient-e/Sección de Procesos).

Descarga a publicación  aquí.

 
Puntuacións definitivas Listas de Contratacións Imprimir Correo-e
Xoves, 18 Maio 2017 07:20

List-Of-Bitter-HerbsNo DOG do xoves 18 de Maio publícase a RESOLUCIÓN da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de, entre outras, as seguintes categorías:

médico/a de familia,

médico/a de urxencias hospitalarias,

pediatra de atención primaria.

 
SELECCIÓN TEMPORAL de FEAS. O SERGAS propón unha entrevista persoal que puntúa máis que a suma do tempo traballado e a investigación Imprimir Correo-e
Xoves, 20 Abril 2017 12:01

Seleccion-TEMPORAL-FEAS-abril17CIG-SAÚDE non pode apoiar un baremo de selección temporal de persoal facultativo  no que o maior peso do baremo sexa a entrevista persoal.

O primeiro acordo de negociar un procedemento de selección temporal regrado e con criterios obxectivos para o persoal facultativo de atención especializada data do 13 de febreiro de 2007.

No pacto de contratacións do ano 2011, o SERGAS volveu a comprometerse a negociar o pacto de selección temporal de FEAS, sen que nunca tivera lugar durante a vixencia do mesmo.

Agora, no ano 2017, o SERGAS abriu a mesa de negociación.


Para CIG-Saúde, co baremo de selección temporal para o persoal facultativo que propón o SERGAS, é discutible que o procedemento de selección se realice con criterios obxectivos.

O Plano de Estabilidade aprobado na mesa sectorial do SERGAS o día 17 de marzo, co voto en contra da CIG-SAÚDE, por non ter un censo de profesionais que nos permitise coñecer a realidade da precariedade laboral e por non converter en prazas vacantes todas as prazas xeradas desde o 2010 que levan cubertas con contratos precarios de forma continuada, non pretende rematar en serio coa precariedade laboral.

O Plano de Estabilidade fala da creación de 400 prazas, pero non sabemos a que colectivos corresponde, a que áreas sanitarias, nin cales van ser as especialidades médicas obxecto deste plano.

O que si sabemos é que o baremo de selección de FEAS vai conter:

-          12 puntos de formación.

-          2 puntos por coñecemento de lingua galega.

-          22 puntos de experiencia profesional.

-          4 puntos por investigación e innovación sanitaria.

Non se sabe cantos puntos pretende outorgar o SERGAS á fase de oposición.

Pero o que si di o Plano de Estabilidade é que as convocatorias axustaranse ao previsto no artigo 67 do decreto 206/2005, de selección e provisión:

E isto que quere dicir? que neste baremo incluirase a realización dunha entrevista persoal, á que se lle poderá conceder un máximo de 30 puntos que sería superior á suma da experiencia profesional e toda a produción científica que teña o persoal facultativo.

Desde CIG-SAÚDE non podemos aceptar ese baremo e propoñemos un baremo obxectivo, coma o utilizado para o resto de persoal facultativo: médicas/os de familia, pediatras de atención primaria, odontólogas/os... persoal seleccionado mediante un baremo de méritos, sen entrevista persoal.

 
Publicadas listas de admitidas/os da OPE 2015-16 Imprimir Correo-e
Luns, 17 Abril 2017 09:47

oposicionsPublícanse o luns 10 de abril no DOG as resolucións que dan publicidade ás listas de admitidas/os e excluídas/os da OPE 2015-16 e ás persoas exentas de realizar o exercicio de lingua galega:

 
  RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso na categoría de  convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016. Admitidas/os OPE 2015-16técnico/a superior en prevención de riscos laborais  Descargar PDF

 
  RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016. Admitidas/os OPE 2015-16.  odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria  Descargar PDF

 
  RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de , convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016. Admitidas/os OPE 2015-16. médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061 e médico/a de urxencias hospitalarias  Descargar PDF

 
  RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de  convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016. Admitidas/os OPE 2015-16. facultativo/a especialista de área  Descargar PDF

 
  RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluidos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso na categoría de  convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016. Admitidas/os OPE 2015-16. médico/a de admisión e documentación clínica  Descargar PDF

 
  RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de  convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016. Admitidas/os OPE 2015-16. técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social  Descargar PDF

 
Ábrese un prazo de dez días hábiles contados a partir do 11 de abril para realizar reclamacións ao respecto destas publicacións.

 
Listados provisionais listas de contratacións Imprimir Correo-e
Venres, 31 Marzo 2017 07:59

Listas de Contratacións: Relación provisional de admitidos e excluídos e baremación.

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos , pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal das seguintes categorías de persoal estatutario:

 

·         enfermeiro/a,

·         enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061,

·         enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo,

·         enfermeiro/a especialista de saúde mental,

·         enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía,

·         médico/a de familia,

·         médico/a de urxencias hospitalarias,

·         pediatra de atención primaria.


 

Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.


Listados na web do SERGAS

 
Rexeitamos o Plano de Estabilidade Imprimir Correo-e
Luns, 20 Marzo 2017 13:42

Plano de Estabilidade, tanto agardar para isto! ico_pdf

Recortes-PPA CIG-SAÚDE rexeita un plano de estabilidade con 438 prazas, cando as prazas vacantes no SERGAS desde o ano 2010 son máis de 2.500.

Na reunión de Mesa Sectorial celebrada hoxe, día 17 de marzo de 2017, abordamos o intento de negociar o Plano de Estabilidade do Emprego no SERGAS, plano que viñamos demandando desde o mes de outubro, e que o SERGAS presenta hoxe con 438 prazas!

Para que a CIG-SAÚDE poida aprobar o Plano de Estabilidade do Emprego queremos un censo real do persoal temporal, para poder comprobar se o que pretende o SERGAS é recuperar as 2.652 prazas vacantes desde o ano 2010, ou un Plano de Emprego que consolide a destrución de postos de traballo na Sanidade Pública.

Desde a CIG-SAÚDE esiximos un censo de profesionais con:

Relación de persoal interino por cada unha das áreas sanitarias. No que se recollan as prazas das áreas sanitarias de O Barco, Monforte, O Salnés e Burela. Por categorías profesionais, e na categoría de FEAs disgregado por especialidades.

Relación de persoal con vínculo de servizo determinado de cada unha das 11 áreas sanitarias, por categorías, e por especialidades médicas.

Relación de prazas estruturais cubertas con vínculos temporais, tamén de cada unha das 11 áreas sanitarias, categorías e especialidades.

Se as prazas a estabilizar que propón o SERGAS son 438 prazas, e as vacantes producidas desde o ano  2010  (Plano  de  Ordenación de RRHH) son 2.652, entón o SERGAS só pretende estabilizar o 16.51% das prazas vacantes.

E para isto quere Feijóo que a oposición aprobe os Orzamentos do Estado? Para seren cómplices na destrución de emprego na Sanidade Pública? Que doado sería entón privatizala!

Sr. Feijóo, tanto que lle gusta falar do goberno bipartito, ímoslle lembrar o que fixo ese goberno:

▶ OPE 2006 convocada polo goberno bipartito: 2.722 prazas convocadas.

▶ OPE 2008 convocada polo goberno bipartito: 3.913 prazas convocadas.

Se queren, con vontade política, poden acabar coa precariedade no SERGAS.

OUTRO PLANO DE ESTABILIDADE É POSIBLE !

 
Sobre o Concurso de Traslados Imprimir Correo-e
Martes, 21 Marzo 2017 11:28

Temas de Traslados FEAs tratados na Mesa Sectorial do venres 17 de marzo de 2017: 

bolo-1 Sobre medidas de conciliación: Desde a CIG-Saúde propoñiamos que, coa finalidade de conciliar a vida familiar e laboral, as parellas (matrimonio ou parella de feito) que solicitaran destino na mesma localidade, e un dos membros non o acadara, puideran renunciar ao destino acadado.

Isto é unha medida de conciliación, pero o SERGAS no seu texto recolleu, para este suposto, unha medida de penalización, xa que estableceu unha participación condicionada a que se unha das persoas non acada destino na mesma localidade, o destino da outra queda sen efecto.

É dicir, na solicitude vai aparecer un recadro para que cubras voluntariamente a participación condicionada a que a túa parella tamén acade destino nesa localidade. Se cobres o recadro, e a túa parella non acada destino, a túa solicitude queda anulada, independentemente do destino que acadaras. Isto non é conciliación familiar e laboral.

bolo-1 Rexeitamos que se reserven prazas no CHUAC, e polo tanto non se convoquen neste concurso de traslados, co argumento da alta especialización, sen máis información. A actividade destes servizos é semellante a do resto de complexos hospitalarios.

Esiximos o tratamento das prazas de alta especialización na mesa sectorial, segundo recolle o Decreto de selección e provisión 206/2005.

bolo-1 Solicitamos a incorporación no anexo das seguintes prazas:

dereita1 praza de cirurxía torácica en Vigo, na que a persoa eventual que a está a ocupar leva asinados 78 vínculos nos últimos anos; se isto non é unha praza estrutural, que alguén nos explique que é.

dereitaPrazas nos hospitais de Monforte, O Barco e Hospital de Cee.

bolo-1 Non foron aceptadas ningunha das nosas alegacións.

A previsión é que a convocatoria dos Traslados de FEAs sexa en abril ou maio.

 
Xefe de servizo na pública e na privada!! Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Febreiro 2017 13:05

Mans-Sergas


Diante da noticia de que o xefe do servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo foi nomeado novo xefe de Pediatría de HM Hospitais en Galicia e coordinará este servizo nos catro centros do grupo: HM Modelo e HM Belén, na Coruña, e HM Rosaleda e HM A Esperanza en Santiago, CIG-Saúde quere manifestar o seguinte:


A maioría das persoas que len a noticia de que un profesional con competencias de xefe de servizo na sanidade pública vai a exercer esas mesmas funcións na sanidade privada quedan sorprendidas por que iso poida ocorrer, pero a sorpresa múdase en escándalo cando escoitan que o SERGAS declara que ese nomeamento responde ao “ámbito privado” do profesional, que seguirá sendo xefe de servizo na sanidade pública e que, en todo caso, atopase “amparado pola legalidade”.

Desde CIG-Saúde defendemos, desde hai anos, a dedicación exclusiva á sanidade pública, e especialmente das e dos profesionais que teñen responsabilidades organizativas, como xefes de servizo ou de sección.

Tamén defendemos a aplicación rigorosa dun sistema de incompatibilidades que non de “amparo legal” a este tipo de comportamentos.

Se para conseguir estas dúas cousas é preciso modificar a lei, ten que facerse de inmediato.

Mentres non se modifique temos que esixir o cumprimento estrito da actual normativa de dedicación exclusiva e de incompatibilidades. Tamén esiximos que, se un profesional accede a unha xefatura na que se lle puntúa a dedicación exclusiva, teña que manter esa dedicación exclusiva durante toda a duración da xefatura, no caso contrario debe ser cesado de inmediato.

 
Convocado concurso-oposición para varias categorías Imprimir Correo-e
Mércores, 11 Xaneiro 2017 08:55

convocatoria-oposicionsPublicado no DOG do 11 de xaneiro de 2017 CONCURSO-OPOSICIÓN de diferentes categorías de Licenciadas/os sanitarias/os.

 

  • Convocatoria OPE Médico/a Admisión. RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica. Descargar PDF

 

  • Convocatoria OPE FEAs. RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área. Descargar PDF

 

  • Convocatoria OPE Médico/a 061 e MUH. RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061 e médico/a de urxencias hospitalarias. Descargar PDF

 

  • Convocatoria OPE Odontólogo/a e Pediatra de Atención Primaria. RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria. Descargar PDF


As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE).  Xunto coa solicitude de participación, a persoa aspirante deberá achegar a documentación exixida, a xustificación documental de todos os méritos previamente rexistrados no expediente electrónico, e, se é o caso, a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo para a presentación das solicitudes de participación será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, é dicir, remata o 13 de febreiro.

 
O 1 de decembro cambia a Xestión da IT Imprimir Correo-e
Luns, 09 Novembro 2015 15:26

CAMBIOS NA XESTIÓN DA INCAPACIDADE TEMPORAL A PARTIR DO 1 DE DECEMBRO ico_pdf

O Real Decreto 625/2014, de 18 de xullo, polo que se regulaban determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros 365 días da súa duración, introduciu modificacións na xestión da Incapacidade Temporal. O maior cambio que traía ese Real Decreto versaba sobre a expedición dos partes médicos de baixa, de confirmación e de alta. Para desenvolvelo ditouse a Orde ESS/1187/2015, de 15 de xuño, que regula con máis detalle os procesos de tramitación, expedición e funcionamento destes partes médicos, así como o control das situacións de incapacidade temporal. Esta Orde entrará en vigor o 1 de decembro de 2015.

O primeiro a destacar desta Orde é a introdución de novos modelos de partes médicos de baixa/alta e de confirmación da incapacidade temporal, os cales se poden ver nos seus anexos. Doutra banda, tanto o Real Decreto como a Orde clasifican os procesos de IT segundo a súa duración e en base a esta duración estimada (a estimación farase con referencia a unhas táboas elaboradas en función das estatísticas dos últimos anos) establécese cando deben expedirse os partes de confirmación da baixa médica:

PARTE DE BAIXA.

O persoal facultativo terá que escribir a duración estimada do proceso e as baixas clasificaranse en función desa duración:

• moi curta: inferior a 5 días naturais

• curta: de 5 a 30 días naturais

• media: de 31 a 61 días naturais

• longa: mais de 61 días naturais

PARTE DE CONFIRMACIÓN.

Dependendo da duración:

·         Baixas de moi curta duración. O/A traballador/a non terá que ir recoller a alta. O persoal facultativo emite a baixa e a alta no mesmo parte médico. O/A traballador/a poderá solicitar recoñecemento médico para o día da alta, se considera que non está inda recuperado/a.

·         Baixas de máis de 5 días. No parte de baixa sempre figurará a data da próxima revisión.

         •        Curta - 1º parte máximo 7 días, 2º e sucesivos 14 días

         •        Media - 1º parte máximo 7 días, 2º e sucesivos 28 días

         •        Larga - 1º parte máximo 14 días, 2º e sucesivos 35 días

Modificación ou actualización do diagnóstico. Emitirase un parte de confirmación co diagnostico actualizado, a duración estimada e a data de revisión.

Cambio de Servizo Público de Saúde que presta servizos. Emitirase un parte de confirmación no que se recolla o novo servizo e a data da próxima revisión.

PARTE DE ALTA.

Pode ser por curación, melloría, recuperación da capacidade laboral, proposta de incapacidade permanente, inicio da situación de maternidade, ou comparecencia a revisión médica.

TRAMITACIÓN DOS PARTES ALTA/BAIXA E CONFIRMACIÓN.

Presentación na empresa pola persoa traballadora:

·         Parte de baixa e confirmación, en 3 días a partir da data de emisión.

·         Parte de alta, dentro das 24 horas seguintes á emisión.

·         IT de moi curta curación, parte de baixa/alta dentro das 24 horas da data de alta. Se a/o facultativa/o emite o 1º parte de confirmación (se se solicita revisión e a/o facultativa/o estima que non pode haber alta), dentro das 24 horas da emisión.

Desde a CIG-Saúde denunciamos que na tramitación do marco legal da regulación da xestión das Baixas Laborais non se escoitou as e os profesionais e non se teñen en conta os dereitos das e dos pacientes.

Diante da entrada en vigor da reforma están aínda moitos aspectos sen aclarar, como quen e en que momento ten a competencia para emitir a baixa, e en que condicións se fai o seguimento. Tampouco están dispoñibles as táboas de tempos medios de duración das baixas en función dos diagnósticos e das condicións dos postos de traballo, táboas que, ademais, non poden condicionar a capacidade do profesional para establecer a duración da baixa.

Coa posta en marcha desta reforma increméntase a burocratización do traballo das e dos médicos de Atención Primaria coa elaboración de informes repetidos que non garanten un mellor seguimento clínico das e dos pacientes e que só ten xustificación na presunción, non xustificada, de fraude xeneralizado por parte das traballadoras e traballadores.
 
Que xestión clínica queres? a que privatiza e recorta, ou a que che dá voz? Imprimir Correo-e
Domingo, 03 Maio 2015 09:49

QUE XESTIÓN CLINICA QUERES? A QUE PRIVATIZA E RECORTA, OU A QUE CHE DÁ VOZ?

caras_de_sorpresa-2Na literatura científica enténdese a Xestión Clínica coma a ferramenta que permite xestionar a sanidade coma unha empresa do coñecemento, coa participación activa das e dos profesionais, para acadar os mellores resultados baseándose na evidencia científica.

Na Consellaría de Sanidade do PP enténdese a Xestión clínica coma a oportunidade perfecta para diminuír prestacións sanitarias, transferindo ao persoal a responsabilidade da política de recortes, a cambio de melloras nas súas retribucións.

Esas retribucións deberían ser acordes coa responsabilidade que se asume, coa entrega e dedicación, coa posta a disposición do sistema dos coñecementos técnicos científicos, que en verdade é o que engade valor á Sanidade Pública.

Desde a CIG-SAÚDE apoiamos a Xestión Clínica coma esa ferramenta, indispensable no Sistema Sanitario Público, onde as/os traballadoras/es teñan unha participación real na toma de decisións, e non unha decisión baseada na chantaxe e nos intereses do goberno que xa sabemos que son:

Dar participación ao capital privado para xestionar a sanidade pública, creando empresas mixtas, nas que as xefaturas serán nomeadas a dedo.

Modificar a lexislación laboral para que o persoal perda a condición de estatutario. Creando vínculos de persoal laboral que poden ser despedidos, segundo a reforma laboral do PP. regulada no Real Decreto 1483/2012, do 29 de outubro, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de despedimento colectivo e de suspensión de contratos e redución de xornada:

            CAPÍTULO I Normativa aplicable

Artigo 34. Normativa aplicable aos procedementos de despedimento colectivo por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción no sector público.

A CIG-SAÚDE seguirá apostando nunha xestión clínica participativa, sen privatizacións nin recortes. Tal e como veu defendendo todo este tempo.

vota_tira_Vigo

 
Día da Atención Primaria e medidas electoralistas de Feijoo Imprimir Correo-e
Venres, 17 Abril 2015 17:16

No día da Atención Primaria Feijoo decide a posta en marcha do seguimento en atención primaria das altas hospitalarias. Unha medida electoralista de Feijoo que se inicia sen contar cos profesionais da atención primaria e que en moitos casos será moi difícil de aplicar polos recortes que está aplicando o PP.

A Agrupación Médica de CIG-Saúde paticipou na concentración celebrada diante do Centro Concepción Arenal en Santiago o luns 13 de abril, nunha xornada de reivindicación en toda España da figurado médico de familia e da atención primaria.
Xuntanza-primaria-medicos Ademais doutras compañeiras e compañeiros están presentes: Begoña Peiteado, Manuel González Moreira, Marisé López e Moncho Veras en representación da Agrupación Médica de CIG-Saúde

Apoiamos o decálogo reivindicativo proposto polo foro da atención priamria e queremos denunciar desde a Agrupación Médica de CIG-Saúde a falta de consenso na post en marcha por parte do PP do seguimento en atención primaria das altas hospitalarias e anunciar que, dados os recortes aplicados por Feijoo, será practicamente inviable a súa realización en moitos centros de saúde.

O seguimento en atención primaria das altas hospitalarias é unha medida lóxica que xa debera executarse hai moito tempo. É unha das medidas contempladas no Plan de Mellora da Atención Primaria, que foi eliminado ao chegar Feijoo ao goberno, pero precisa recursos e coordinación para poder facerse, ámbolos dous inexistentes neste momento.

O PP considera que con que no hospital se emita un informe á alta do paciente con ‘instrucións’ de seguimento xa está solucionado todo, a enfermeira chamará por teléfono ao domicilio do paciente e resolverá, xunto co médico, todos os problemas do paciente pero a realidade de moitos centros de atención primaria impedirá a súa implementación normal e con garantía de calidade.

A falta de persoal, de substitucións do persoal, a precariedade laboral co abuso das medias xornadas e o aumento de funcións realizado nos últimos anos fai difícil a posta en marcha dun programa deste tipo, que se inicia coa posta en marcha dun informe hospitalario e despois xa atención primaria resolverá como poida.

Un día coma hoxe, de reivindicación da atención primaria, a Agrupación Médica de CIG-Saúde denuncia o electoralismo de Feijoo, por enriba do funcionamento dos centros sanitarios, e considera imprescindible reclamar consenso profesional nas medidas de xestión, dotar os centros de suficientes medios humanos e materiais e de capacidade de decisión para poder realizar unha boa asistencia sanitaria.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>


Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info