productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Novas de Contratacións
Publicadas listas provisorias de vinculacións temporais de varias categorías de facultativ@s Imprimir Correo-e
Martes, 05 Febreiro 2013 11:11

List-Of-Bitter-HerbsNo DOG do 4 de febreiro aparece a resolución de publicación das listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as para vinculacións temporais das categorías de Persoal médico de familia, Persoal médico de urxencias hospitalarias, Pediatra de Atención Primaria, Médica/o coordinador/a do 061, Médica/o asistencial do 061, Médica/o especialista en medicina do traballo.

  • RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2013, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publican as listas provisionais de admitidas/os e excluídas/os para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF 

    Ábrese un prazo de dez días naturais contados a partires do 5 de febreiro para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión.
 
Apertura de NOVAS Listas de Contratacións Imprimir Correo-e
Martes, 12 Xuño 2012 10:16

O día 14 de Xuño, publicarase a Cuarta convocatoria de listas para as categorías seguintes:



List-Of-Bitter-Herbs
 · Médica/o de Familia

 · Médica/o de Urxencias Hospitalarias

 · Pediatra de Atención Primaria

 · Médica/o Coordinador/a do 061

 · Médica/o Asistencial do 061

 · Médica/o Especialista en medicina do traballo


O prazo de solicitude abrirase o día 15 de Xuño a través do formulario do apartado de procesos no expedient-e.

Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes dende o día 15 de xuño ata o 14 de xullo de 2012. Os méritos computables serán os causados até o 30 de xuño de 2012 e acreditados dentro das datas anteriormente citadas.

 
Selección Temporal de FEAs Imprimir Correo-e
Martes, 31 Xaneiro 2012 09:08

contrato-de-traballoO SERGAS convoca Mesa Sectorial para tratar da Selección Temporal de FEAs.


Durante a negociación do Pacto de Contratacións asinado en marzo do 2011, CIG-Saúde intentou abrir a negociación dun sistema regrado de contratacións temporais para FEAs, presentando o seguinte texto para a súa inclusión na Acta final do acordo:

“A administración comprometese, por acordo de Mesa Sectorial, a establecer un sistema regrado para a contratación temporal de persoal Facultativo Especialista de Área, con criterios explícitos e consensuados, que respecten os criterios de igualdade, mérito e capacidade, e con tipos de contrato vinculados á causa que xere a necesidade.
Este sistema regrado debe permitir que a administración teña a posibilidade de cubrir ás necesidades asistenciais e as e os profesionais a garantía de acceso en condicións de equidade e transparencia a eses contratos”.

Trala negociación na Mesa Sectorial asinouse unha acta que recolle parcialmente a nosa solicitude.

Na Mesa Sectorial do día 2 de febreiro está previsto tratar o tema ao estar incluído o seguinte punto na orde do día:

“Proxecto de sistema de selección temporal de persoal Facultativo Especialista de Área”.

A Agrupación Médica de CIG-Saúde continúa a defender todos os aspectos contemplados no texto proposto e no documento: "Parar a precariedade na contratación de FEAs, unha tarefa prioritaria" publicado en abril do 2011.

 
Praza de Interinidade de FEA de Farmacia Hospitalaria Imprimir Correo-e
Venres, 10 Xuño 2011 07:58

Interinidade de Farmacia Hospitalaria en Burela.

Publicado no DOG do 10 de xuño de 2011 o ANUNCIO do 28 de abril de 2011, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca para vinculación temporal, mediante nomeamento de interinidade, a cobertura dunha praza da categoría de facultativo especialista da Área de Farmacia Hospitalaria

 
Prazas de Facultativo e Xefatura de Servizo Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Xuño 2011 07:40
man1Publicacións no DOG do 9 de xuño de 2011:

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Servizo Galego de Saúde

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>


Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info