productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Consecuencias "Colaterais" da Área Integrada. Imprimir Correo-e
Sábado, 19 Xaneiro 2013 19:56

AutonomiaAS ÁREAS INTEGRADAS E A MORTE LENTA DOS HOSPITAIS COMARCAIS.

    Moitas dos e das facultativas dos hospitais comarcais,  cando se nos presentou o modelo das áreas integradas, temémonos que para o peixe pequeno a "Integración" viña chea de problemas e ameazas. Agora empezamos a ver que isto é o que esta ocorrendo.

      Neste mes de xaneiro todo o persoal do Hospital de Barbanza recibimos no correo electrónico unha mensaxe da dirección de procesos asistenciais da área integrada informándonos da desaparición, nun primeiro paso, das comisión clínicas do noso centro de farmacia, infección e transfusións, e de que posteriormente irán desaparecendo o resto das comisións. Uns días despois enviaron outro correo invitándonos a participar nas correspondentes comisións clínicas da área integrada, pero sen reservar ningunha praza para o noso hospital, co cal nos tememos que a desaparición do noso colectivo das mesmas empeza a ser unha morte anunciada. Semella que, para o futuro, os responsábeis da Área Integrada, só nos queren para sacar adiante traballo asistencial, sen importarlles a evidencia de que a desaparición das Comisións Clínicas só pode redundar nun descenso da calidade da asistencia que prestamos.

      Outro exemplo: as persoas que están acreditadas no noso centro para enviar documentación ao sistema acreditador de formación continuada das profesións sanitarias recibiron un correo informándolles que xa non van continuar realizando ese traballo. Esta decisión vai supoñer na práctica que van medrar as dificultades para que os profesionais do noso hospital que queiran organizar actividades formativas poidan facelo.

      Un exemplo máis: tamén recibimos un correo da xerencia executiva do noso hospital informándonos que a partires de agora diante de calquera problema informático, xa non podemos chamar aos informáticos que traballan no noso centro, e que ata agora viñan respondendo as nosas incidencias con moita rapidez. Agora temos que chamar aos informáticos de Santiago, que se non son capaces de resolver o problema a distancia, serán eles os que chamen aos informáticos de Barbanza, para que se acerquen a nosa consulta a resolver o problema, e mentres tanto a consulta paralizada …

      Como moitos nos temíamos, a Área Integrada, leva camiño de empobrecer e dificultar a nosa práctica profesional e afondar no carácter “periférico” do noso hospital. Na miña opinión o camiño no que se debería avanzar é precisamente o contrario: fortalecer os Hospitais Comarcais e convertelos en Hospitais Xerais, capaces de estruturar un Área Sanitaria de seu.

      Non deberíamos permitir que o noso hospital se deteriore.
 
Mª Aurea Rodriguez Blanco.
Pediatra do Hospital do Barbanza.
Agrupación Médica de CIG-Saúde (AgM-CIG).

 
Precareidade Laboral de Persoal facultativo no Hospital de Monforte Imprimir Correo-e
Sábado, 12 Marzo 2011 20:48

logo_monforteDada a insostible situación que se está a dar no Hospital Comarcal de Monforte, cos contratos precarios que se realizan ao persoal facultativo e ca sobrecarga de gardas, de presenza física ou localizadas, os representantes da Agrupación Médica de CIG-Sáude reunímonos cos profesionais do Hospital para preparar unha resposta a esta situación.

Ver a noticia na Voz de Galicia ico_pdf

 
Precariedade laboral no SERGAS Imprimir Correo-e
Mércores, 02 Marzo 2011 11:45

235

Esténdense os contratos mes a mes e de gardas.

Dende a Agrupación Médica de CIG-Saúde queremos denunciar a insostible situación que se está a dar no Hospital de Monforte cos contratos que se realizan ao persoal facultativo. A contratación precaria, tanto con contratos mes a mes como de gardas, non facilitan a estabilidade das e dos profesionais que son tan necesarios nese Hospital.

Nestes días ven de marcharse para outra comunidade autónoma un patólogo ao que se pretendía renovar contrato cada 15 días.

Agora mesmo a Xerencia do Hospital de Monforte mantén situacións como ás seguintes: unha anestesista á que se lle está facendo contrato mes a mes, unha radióloga que está tamén mes a mes, unha xinecóloga na mesma situación, outra xinecóloga nun contrato a media xornada, unha farmacéutica que está só para gardas, un traumatólogo só para gardas, un otorrino está contratado mes a mes e está substituíndo a unha comisión de servizo e unha oftalmóloga tamén só para gardas(en ollos hai case un ano de lista de espera e ata hai pouco esta oftalmóloga estaba pasando consulta pero agora só ten contrato de gardas).

Dende a Agrupación Médica de CIG-Saúde consideramos que esta situación, que se está a repetir noutros hospitais, é inaceptable e remitimos un escrito á Directora de Recursos Humanos reclamando unha resposta inmediata .

 
O ANEL RADIOLÓXICO E O FUTURO DA RADIOLOXÍA Imprimir Correo-e
Xoves, 19 Agosto 2010 22:00

Radioloxia-anel-gardas-verde

O pasado 2 de xuño do 2010 celebrouse en Santiago unha xuntanza da Mesa Sectorial do SERGAS que tiña, como primeiro punto da Orde do Día a “Reordenación dos procesos de radiodiagnóstico”.

 A inclusión deste tema na orde do día fora requirido por CIG-Saúde debido a que, as semanas previas, difundírase a información de que as actuais gardas localizadas de radioloxía dos hospitais comarcais ían ser eliminadas e, empregando as posibilidades abertas pola telerradioloxía, íase crear un “anel radiolóxico” similar ao de Madrid.

Ler máis...
 



Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info