productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Persoal Médico e de Enfermaría dos PACs péchanse en protesta polo incumprimento dos acordos. Imprimir Correo-e
Mércores, 01 Febreiro 2012 08:46

PechePACVigoCentos de traballadores e traballadoras dos Puntos de Atención Continuada (PAC) participaron nas mobilizacións convocadas pola CIG para denunciar os incumprimentos dos acordos de Atención Primaria por parte do SERGAS.


No decurso da mañá deste martes 31 de xaneiro celebráronse concentracións ante as xerencias Integradas de Atención Primaria e xerencias de área de Pontevedra, Vigo, A Coruña e Compostela, entre outras, para reclamar o cumprimento dos acordos asinados polo Sergas coas organizacións sindicais. CIG-Saúde considera prioritaria a defensa do emprego público, que se respecten os dereitos do persoal e que se fagan as contratacións a través das listas.

A CIG-Saúde demanda a inmediata convocatoria da Comisión de Seguimento dos Acordos de Primaria. María Xosé Abuín, secretaria nacional da federación, reclama da administración “unha actitude negociadora para desbloquear esta situación e que non aconteza como na xuntanza anterior, á que chegaron coa negativa absoluta a abordar ningún dos problemas expostos”.

Abuín fai este chamamento ao SERGAS, logo de ter fracasado a anterior xuntanza coa administración, convocada a instancias da CIG e avalada coa sinatura de máis de 400 profesionais.


O martes, 7 de febreiro ás 11:00, está convocada unha concentración diante do SERGAS, en Compostela, para continuar coas mobilizacións.

Máis información frecha-r-2

 
AO PERSOAL MÉDICO E DE ENFERMARÍA DE PACs Imprimir Correo-e
Mércores, 18 Xaneiro 2012 08:49

pacs_55Se non concordas co SERGAS en que nos PACs  "todo vai ben" participa nas mobilizacións.


Despois da absolutamente decepcionante xuntanza da Comisión de Seguimento dos Acordos de Primaria, que por fin o Sergas convocara grazas á insistencia de CIG-Saúde, continuamos a defender os catro puntos apoiados por máis de catrocentas sinaturas de enfermeiras/os e médicas/os de PACs:

1.    Cómputo de xornada. Reclamamos unha interpretación correcta dos termos do acordo e a súa translación ao aplicativo informático, para rematar coa situación actual na que se penaliza aos traballadores cando teñan unha IT ou collen un permiso retribuído.
2.    Confección de calendarios. Reclamamos calendarios anuais elaborados coa participación das e dos traballadores e construídos con criterios de equidade. Neses calendarios, a xornada ordinaria e a complementaria deben estar claramente diferenciadas, e deben recoller necesariamente a xornada ordinaria do persoal de PAC e tódolos seus permisos.
3.    Cumprimento da Acta do 16 de xuño. Na súa aplicación en cada área reclamamos que, de quedar horas suficientes (1623 horas/anuais), se proceda á creación dun vinculo estable (obra e servizo) contratando persoal das listas de contratacións antes de ofertalas á voluntariedade.
4.    Contratación de persoal das listas. Reclamamos que se cumpran os apartados do acordo que establecen que diante dunha ausencia, o primeiro é contratar persoal das listas de contratacións.

E para iso CONVOCAMOS AS SEGUINTES MOBILIZACIÓNS:

1.   Concentracións nas xerencias de cada área (ou no lugar alternativo que se decida en cada comarca), que comezarán ás 11 horas do día 31 de xaneiro.


2.    Concentración diante do SERGAS, en Compostela, ás 11 horas do día 7 de febreiro.

 
Decepcionante reunión da Comisión de Seguimento do Acordo de PACs Imprimir Correo-e
Venres, 23 Decembro 2011 10:26

pacs_recorteO día 20 de decembro tivo lugar a xuntanza da Comisión de Seguimento dos Acordos de Primaria, que por fin o Sergas convocou grazas á insistencia de CIG-Saúde e á masiva entrega de sinaturas de profesionais de PACs reclamándoa.


A posición do Sergas de forma resumida é:
1. non pensan que exista conflitividade algunha actualmente no ámbito de PAC,
2. o aplicativo informático que utilizan para o cómputo de xornada funciona ben, os cálculos que realiza son correctos, e non limita en absoluto o dereito aos permisos retribuídos do profesional de PAC,
3. os calendarios anuais na súa grande maioría xa están feitos e foron pactados polas xerencias cos profesionais, polo que hai acordo con eles,
4. respecto á contratación de persoal das listas: a creación de novos vínculos está limitada pola normativa estatal e da Xunta, a decisión da cobertura dunha ausencia depende exclusivamente da xerencia e pode utilizar a fórmula que considere xa que é unha ferramenta de xestión.


Por parte de CIG-Saúde:
1. insistimos  en que o aplicativo de xornada, ao considerar un día de permiso retribuído como "día non dispoñible", limita o dereito a ditos permisos,
2. reclamamos a elaboración de calendarios anuais con separación de xornada ordinaria e complementaria,
3. solicitamos información sobre as ofertas de voluntariedade e as bolsas de horas resultantes dos cambios da OPE e o concurso de traslados,
4. denunciamos a non contratación de persoal das listas, o peche de axendas, os contratos de 4 horas en lugar da xornada completa...


Pero o Sergas non deu resposta a ningunha das nosas demandas, dixo incluso que a conflitividade a inventabamos nós. Nun comentario, un membro da administración dixo que temos sorte de cobrar o 80% dos complementos de penosidade, xa que coa suspensión de acordos outros colectivos foron máis prexudicados.


Despois desta xuntanza, que definitivamente CIG-Saúde cualifica de ABSOLUTAMENTE DECEPCIONANTE, pensamos convocar o noso Grupo de Traballo de Primaria inmediatamente despois do Nadal e mobilizacións de persoal médico e de enfermería de PACs para mediados de xaneiro.


Se non concordas co Sergas en que "todo vai ben" amósallo participando nas mobilizacións que se convoquen, das que informaremos a través do correo e das nosas páxinas web.

 
O SERGAS convoca á Comisión de Seguimento. Desconvocada a concentración de PACs do 15. Imprimir Correo-e
Martes, 13 Decembro 2011 00:23

pacs_3O Sergas ven de convocar a Mesa de Seguimento dos Acordos de Primaria para o día 20 de decembro.  Semella que a entrega masiva de sinaturas e a convocatoria de concentración xa ten dado os seus primeiros froitos.

En consecuencia, CIG-Saúde decidiu desconvocar a concentración prevista para o día 15. No caso de que nesa xuntanza do día 20 o Sergas non dea unha resposta satisfactoria ás reivindicacións dos profesionais de PAC, convocaríamos novas mobilizacións.

 
Concentración o 15 de decembro en apoio do cumprimento do Acordo de PACs Imprimir Correo-e
Martes, 29 Novembro 2011 07:42

Sinaturas-PAC-1CIG-Saúde reclama o correcto cumprimento dos Acordos de PACs e unha reunión urxente da Comisión de Seguimento, e convoca Concentración do persoal afectado, o xoves 15 de decembro, ás 11:00 horas, diante do SERGAS en Santiago.

Entrega no rexistro da consellaría de Sanidade 400 sinaturas de médicos/as e enfermeiros/as apoiando estas demandas.

CIG-Saúde demandamos, en rolda de prensa, o correcto cumprimento dos acordos de Puntos de Atención Continuada (PACs) e solicitamos a reunión, con carácter urxente, da Comisión de Seguimento dos Acordos para tratar aspectos como cómputo de xornada; confección de calendarios; cumprimento da acta do 16 de xuño e contratación de persoal das listas. Antes da rolda de prensa presentamos, no rexistro da consellaría de Sanidade, 400 sinaturas de médicas/os e enfermeiras/os sumándose a estas reclamacións.

Desde CIG-Saúde temos presentado por rexistro un escrito, con data 26 de outubro de 2011, no que SOLICITAMOS que, con carácter urxente, se reúna a Comisión de Seguimento dos acordos do 14 de marzo e do 4 de abril de 2008.

Diante da ausencia de resposta, realizamos asembleas co persoal afectado de tódalas áreas, onde se decidiu iniciar unha campaña de recollida de sinaturas, que agora presentamos. As máis de 400 sinaturas presentadas supoñen un apoio importante do colectivo ás nosas reivindicacións, polo que agardamos que o SERGAS convoque a comisión de seguimento e atenda as nosas demandas.

De non ser así, CIG-Saúde ten convocada unha Concentración do persoal afectado, médicas/os e enfermeiras/os de PAC, o xoves 15 de decembro, ás 11:00 horas, diante do SERGAS en Santiago.

 
CIG-SAÚDE RECLAMA O CUMPRIMENTO DOS ACORDOS DE AP-PACs Imprimir Correo-e
Martes, 04 Outubro 2011 07:59

pacs_3CIG-Saúde non denunciou os Acordos de Atención Primaria (de PAC e de Ordinaria) por que de facelo habería que negociar un novo acordo, e entendemos que non se dan as condicións para mellorar os aspectos básicos do acordo existente: xornada, retribucións e cadro de persoal. O SERGAS xa considera demasiado baixa a xornada acadada no acordo (1.430 hs) polo que custaría traballo non so mellorala, senón mantela nun novo acordo. As retribucións están conxeladas, cando non recortadas, polo que as posibilidades de incrementalas son nulas. Os cadros de persoal consolidadas polos acordos, que se ofertaron na pasada OPE e Traslados, incrementaríanse de modificarse as regras de voluntariedade, pero tendo en conta a actual taxa de reposición do 10% non sería posible.


Non denunciar os Acordos non quere dicir que aceptemos o xeito co que está a aplicalos a administración. CIG-Saúde reclama do SERGAS o cumprimento dos Acordos de Atención Primaria, de PAC e de Ordinaria, especialmente nos seguintes aspectos:

1.- Cómputo de xornada. O SERGAS está a aplicar criterios restritivos que penalizan, no computo de xornada, aos traballadores que teñan unha IT ou un permiso retribuído.

2.- Confección de calendarios. Reclamamos calendarios anuais coa participación das e dos traballadores, que separe a xornada ordinaria da complementaria e que respecte a xornada ordinaria do persoal de PAC e tódolos seus permisos.

3.- Cumprimento do Acta do 16 de xuño. Na aplicación en cada área reclamaremos que de quedar horas suficientes (1623 hs/anuais) se proceda á creación dun vinculo estable (obra é servizo) contratando persoal das listas de contratacións antes de ofertalas á voluntariedade.

4.- Contratación de persoal das listas. Reclamamos que se cumpra o apartado do acordo que establece que diante dunha ausencia, o primeiro é contratar persoal das listas de contratacións.

CIG-Saúde convocará asembleas en tódalas áreas para valorar as medidas a tomar diante destes incumprimentos.

 
Ollo coa regularización de xornada nos PACs Imprimir Correo-e
Xoves, 23 Decembro 2010 19:53

pacs_4

Na nómina do mes de xaneiro, as xerencias regularizarán a xornada complementaria do ano 2010. Como ben vimos informando, esta regularización presentará erros de cómputo do aplicativo informático de PACs para o pago da chamada “xornada complementaria”.

CIG-Saúde continúa a denunciar o cómputo incorrecto que fai o aplicativo informático para o pago da xornada complementaria, sobre todo no caso do cómputo que fai dos permisos oficiais e ITs. Nestes casos, por cada día ausente, o programa non computa as horas de garda recollidas en calendario –como para o resto do persoal do SERGAS-, senón 4.6 horas con independencia do horario de garda (7 horas se a garda é de 15 a 22 horas, 10 horas se a garda é de 22 a 8 horas, 12 horas se a garda é de 8 a 22 horas). Polo tanto, isto fai que todo aquel que disfrutou das súas 63 horas de días de libre disposición no ano 2010, lle acabe debendo xornada á empresa, e moita máis débeda presentarán os que tiveron baixas repetidas e curtas durante este ano.
Ler máis...
 



Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info