productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Continúa o conflito en dermatoloxía do CHUAC Imprimir Correo-e
Venres, 18 Marzo 2011 08:29

Skin-1Finalizados os tres días de folga os dermatólogos manteñen as súas reivindicacións e a súa vontade de continuar coas mobilizacións.

 

A dirección do hospital non manifestou ningunha intención de negociar. Silencio absoluto. O día 16, foi o terceiro día de folga desta xeira. Ningún comunicado oficial pero a dirección si ten falado nos medios de comunicación que xa se están tendo reunións organizativas no servizo, referíndose a unha sesión clínica do día 22 de febreiro e a outra que tivo lugar o 15 de marzo.

 

Os dermatólogos en conflito estiveron presentes na sesión clínica e reiteraron a súa oferta de diálogo para falar das súas reivindicacións e solucionar os problemas deste servizo, pero tamén deixaron claro que ese non é o marco para solucionalos. Unha sesión clínica non é o lugar para resolver os graves problemas organizativos, asistenciais e de relación deste servizo. A actitude da xefatura de servizo, de confrontación irracional cos dermatólogos, fai moi difícil a convivencia no mesmo.


O terceiro día de folga os dermatólogos entregaron na Xerencia do Hospital un escrito onde fan unha avaliación do servizo, da folga e da súa vontade de accións futuras. O Dr Jesús del Pozo, dermatólogo en folga, responsable da unidade de láser, unha unidade de referencia para todo o Sergas, expón no seguinte vídeo a súa traxectoria profesional, a súa actividade e os motivos da folga:


 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info