productivity13

Modulo1

espazo

SOS-3D-peq

Contratacións

Contratacions


Calendario Laboral

CALENDARIO-2018

Orde Conf. Nóminas

2019

Exclusiva-3

CIG-Saúde e a Exclusividade

Información

SERGAS Xunta
D.O.G. BOE en Galego
Acceso a: Biblioteca  Cochrane Plus Fisterra, AP na rede
Diario Médico Acceso a: U.S. National Library of  Medicine
El Médico Interactivo FADSP

Lingua

en galego

 

Por un Dominio Galego na Internet

 

Tradutor

Web vella

logo

Afiliate xa!


O_Sindicalismo

Segundo día de Folga en Dermatoloxía Imprimir Correo-e
Venres, 11 Marzo 2011 09:09

Folga-Dermatoloxia

Os dermatólogos/as do Complexo Hospitalario da Coruña en folga os días 9, 11 e 16 de marzo.

O día 11 de marzo, case todos os dermatólogos e dermatólogas do Complexo Hospitalario da Coruña, sete de oito dos que teñen praza, sen contar ao xefe de servizo nin a dúas dermatólogas con contrato eventual, fixeron a folga convocada por CIG-saúde. Os dermatólogos e dermatólogas estiveron onte repartindo follas explicativas do conflito aos pacientes, que mostran comprensión co conflito, e hoxe vanse achegar de novo ao hospital para continuar informando dos porques desta folga. A Agrupación Médica de CIG-Saúde esíxelle máis seriedade á Dirección do Hospital.

A Coruña, 11 de marzo de 2011.- Sete dos oito dermatólogos adxuntos con praza no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), sen contar o xefe de servizo e dúas dermatólogas con contrato eventual, fixeron folga hoxe, o segundo día dos tres convocados pola Agrupación Médica de CIG-saúde. Vai ser preciso cancelar perto de 200 consultas, situación que lamentan os profesionais en conflito.

A Agrupación médica de CIG-saúde esíxelle á dirección do hospital máis seriedade. Hai un conflito que esta Xerencia coñece desde hai 1 ano e a súa falta de acción, xunto á obstrución por parte do xefe de servizo, son os responsables desta convocatoria de folga. É posible que a dirección teña tempo para incluír entre os posibles folguistas aos Médicos Internos Residentes de dermatoloxía ou aos médicos rotatorios, ben saben que eles non foron convidados á folga, ben saben que case todos os dermatólogos que libremente poden exercer o dereito de folga neste Hospital están en folga, e que está en xogo o futuro deste servizo.

Na seguinte dirección de youtube poden encontrar un vídeo de catro minutos no que un dos dermatólogos en folga, Jaime Goday, relata a súa traxectoria profesional, a súa actividade e os motivos da súa participación na folga:

Os dermatólogos vanse achegar de novo ao Hospital para entregar unha folla explicativa do conflito aos pacientes e falar con eles. Ver abaixo o texto da folla.

Mantense a convocatoria de folga para o día 16 de marzo e os facultativos están dispostos a manter o conflito no futuro se isto non se soluciona.

 

Confederacion Intersindical Galega - Federacion de Saude
Miguel F. Caaveiro 10 - 981 58 32 00 - 981 58 39 34
executiva@cig-saude.info- compostela@cig-saude.info